Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30h - Martes, 18 de abril de 2017 18.04.2017

A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui

Ás 17h ofíciase na Catedral o funeral por don Ricardo García 18.04.2017

O bispo da diocese, Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, presidirá na Catedral o funeral por Don Ricardo García, coengo emérito e exparroco de Tui. Unha figura clave en moitos ámbitos da vida social, cultural, relixiosa tudense ao longo de máis de medio século. Son moitas as persoas que xa dende ás doce deste mediodía se teñen achegado ata a Catedral para darlle o último adeus, a quen fora un dos grande...

Depositan material altamente contaminante nunha pista de Guillarei 17.04.2017

O presidente da Asociación de Veciños de Guillarei, Manuel Méndez, lamenta a vertedura de material de refugallo, caixas de cartón, plástico e elementos de obra no entorno do polígono de Guillarei. Os feitos foron xa denunciados ao Seprona.

Noticias 13:30h - Luns, 17 de abril de 2017 17.04.2017

- O alcalde de Tui puntualiza aos feirantes das atraccións e aclara que o goberno municipal os informou cun mes e medio de antelación - Esta pasada noite faleceu Don Ricardo García, párroco da cidade e coéngo emérito da Catedral de Tui - Miles de persoas asisten á presentación oficial das festas de San Telmo en Tui - O grupo de teatro Santiago de Malvas inaugura esta noite a IX Semana de Teatro Af...

O luns comeza a IX Semana de Teatro Afeccionado 12.04.2017

Seis grupos, máis de 60 actores e actrices, e catro estreas na IX Semana de Teatro Afeccionado de San Telmo que foi presentada esta mañá e que comeza o próximo luns. Celebrarase no Teatro Municipal ata o sábado 22.

Noticias 13.30h - Mércores, 12 de abril de 2017 12.04.2017

A actualidade do día e as citas para a Semana Santa en Noticias 13.30h

Turismo en Tui en Semana Santa 11.04.2017

Turistas e peregrinos que se achegan estes días a Tui disfrutan do patrimonio, natureza, gastronomía, e das distintas ofertas e propostas que hai na cidade. Un paseo en barco polo Miño, ir en tren turístico ata Valença, subir ao Parque Natural do Monte Aloia son parte das actividades que poden realizar.

Noticias 13.30h - Martes, 11 de abril de 2017 11.04.2017

A actualidade deste martes, 11 de abril, en Noticias 13.30h

O Parque Natural do Monte Aloia contará cun novo plan reitor de usos uso e xestión 11.04.2017

O Parque Natural do Monte Aloia contará cun novo plan reitor de usos uso e xestión. A Xunta de Galicia publicou o pasado venres no DOG a licitación do contrato para redacción deste documento que recollerá as necesidades do parque, e terá coma punto de partida o anterior Plan que tivo unha vixencia de 6 anos. Gonzalo Puerto, director de Conservación do P.N. do Monte Aloia falounos deste plan reitor...

Reunión informativa ante a posta en marcha dos composteiros comunitarios na rúa Compostela 10.04.2017

Ás nove desta noite haberá unha reunión informativa na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica ante a posta en funcionamento mañá de seis composteiros comunitarios na rúa Compostela. O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, explicou que o obxectivo do concello é incrementar a porcentaxe do lixo que reciclamos ata chegar aos 50% ou 60%.

Noticias 13.30h - Luns, 10 de abril de 2017 10.04.2017

A actualidade deste luns e o resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h.

Noticias 13.30h - Venres, 7 de abril de 2017 07.04.2017

A presentación das festas de San Telmo, as citas da fin de semana e o deporte marca a actualidade deste venres, 7 de abril.

O CRA Mestra Clara Torres estrea nova biblioteca co obxectivo de ofrecer diferentes actividades 06.04.2017

A nova biblioteca está aberta os martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas para todos os que se queiran achegar a ler ou consultar a prensa. Ademais, conta agora cunha nova mascota creada polos propios nenos e nenas, “chamase Finky” e dará conta de todas as actividades que se celebren. Dende o Colexio Rural Agrupado esperan ademais poder dinamizar as instalacións con diferentes charlas.

Noticias 13:30h - Xoves, 6 de abril de 2017 06.04.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño no #Noticias1330 da Radio Municipal de Tui. Estes son os titulares de hoxe: - O Baixo Miño terá unha ocupación hostaleira do 50% no Baixo Miño namentres que no turismo rural subirá até o 85% - Ampliado até o 17 de abrilo prazo para presentar solicitudes de participación na XXI Feira de Artesanía - Case 8.000 persoas pasaron polo Play-Doc en Tui - Mañá preséntan...

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui contan dende hai unhas semanas con novas instalacións 05.04.2017

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui contan dende hai unhas semanas cunhas novas instalacións más amplas e axeitadas para este servizo. As novas dependencias están emprazadas na planta baixa da casa do concello na zona que antigamente ocupaba o Servizo de Extensión Agraria. Pódese solicitar cita previa no 986 60 36 25 ext 54

Adif modernizará a liña ferroviaria entre Vigo e Tui en 3 anos 05.04.2017

Os orzamentos xerais do Estado contemplan un investimento de dez millóns de euros para a partida "electrificación Vigo-Tui" até o 2020. Porén, a saída sur da alta velocidade segue parada e soamente se destinan 300.000€ para o paso a nivel do Porriño, polo que se intúe que non se contempla a súa supresión.

O Parque Natural do Monte Aloia volve a contar cun servizo de atención aos visitantes e de rutas guiadas 05.04.2017

A Consellería de Medio Ambiente vén de por en marcha novamente o servizo de atención aos visitantes nos parques naturais de Galicia, entre eles o do Monte Aloia. Tratase dunha empresa privada a que prestará o servizo en horario de mañá e tarde. Como novidade ademais este servizo prestarase durante todo o ano con maior reforzo nos períodos de vacacións segundo confirmou á Radio Municipal de Tui o d...

Noticias 13.30h - Mércores, 5 de abril de 2017 05.04.2017

A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui

Ent. Juan Carlos Blanco, pte ACITUI e José Diéz - Sorte ACITUI e Concurso Pintura 05.04.2017

Pablo Estévez foi o gañador da cea para dúas persoas no Parador de Tui entre as 200 persoas que completaron a ruta de Saborea Tui promovida por ACITUI. Mentres entre os 22 establecementos participantes houbo empate entre cinco deles no mellor pincho, polo que se sorteo o premio un fin de semana no Talaso Atlántico que recaeu en Poni Express. O sorteo fíxose esta mañá na nosa sintonía por parte de...

O paro baixa en todos os concellos do Baixo Miño a excepción do Rosal 04.04.2017

O paro baixou no pasado mes de marzo en 130 persoas no Baixo Miño, un descenso liderado por Tomiño e Tui.

Noticias 13:30h - Martes, 4 de abril de 2017 04.04.2017

Estes son parte dos titulares desta xornada: O paro baixou en 130 persoas no Baixo Miño, un descenso liderado por Tomiño e Tui Os feirantes amosan o seu malestar polo cambio de ubicación dos postos nas festas de #SanTelmo2017 e o goberno reafirma a súa aposta pola Finca de Patazumba alexándoos 200 metros do centro de saúde e o PAC. Medio Ambietne pon en marcha o servizo de atención aos visitantes...

Noticias 13.30h - Luns, 3 de abril de 2017 03.04.2017

A actualidade do día e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h

O Concello de Tui retira os mastros da Corredoira por "seguridade e imaxe" 03.04.2017

O Concello de Tui vén de retirar os 21 mastros para bandeiras instalados no Paseo de Corredoira debido ao seu mal estado e falta de uso, segundo apunta o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato. Co visto e prace de Patrimonio, o Concello tomou a decisión despois de comprobar que supoñían un perigo para os peóns e co obxectivo de dar unha imaxe mais aberta e limpa do paseo.

Aprobados seis proxectos con cargo ao remanente de tesourería no pleno ordinario de marzo en Tui 31.03.2017

Apoio amplo da corporación municipal de Tui onte á noite en pleno para destinar 697.175,72€ do remanente de tesourería a seis proxectos a executar, que foran acordados xa en comisión informativa. Votaron a favor o PSOE, AtT, BNG, Son de Tui, PP, C21 e Ciudadanos Tudenses, e abstívose José Manuel Sousa de APTUI. Quedou sobre a mesa a licitación do servizo de limpeza viaria. Por unanimidade a corpor...

As citas da fin de semana de 1 e 2 de abril en Tui 31.03.2017

As citas para a fin de semana en Tui inclúen a apertura dos actos da Semana Santa co pregón a cargo de D. Ignacio Domínguez o domingo na Catedral. Amais a Asociación Un Máis celebra este domingo o Día Mundial do Autismo”. Non faltará a música con concertos de Javier Navas Quartet e Pequeña Gran Compañía, entre outras citas.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.