Radio Burela
Grandes Vozes do Nosso Mundo
Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integra...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ep. 413: Bailar 21.09.2025 1:00:12
Luís Fercán é cantautor que iniciou a carreira a solo no ano 2016. A súa voz abre este programa 413 e faino a través dunha colaboración con Guadi, no tema intitulado "Bailar". Inmediatamente despois, temos a mellor música da nosa comunidade lingüística seleccionada e comentada polo xornalista Marco Pereira Oliveira.
EP. 412: Tempestades de sal 31.08.2025 58:46
Nova entrega do Grandes Vozes, o programa dirixido polo xornalista Marco Pereira Oliveira.
Ep.398: Música galego-portuguesa (R) 24.08.2025 1:00:13
Reposición do programa nº 411. É, como sempre, unha síntese da música galego-portuguesa.
Ep.411: Música galego-portuguesa 03.08.2025 1:03:55
Selección musical dos países de raíz galega. Temas cantados nos diferentes sotaques do noso idioma.
EP. 410: CASTIÑEIRO MILENARIO 20.07.2025 1:00:42
O protagonismo do Deixe Falar desta semana é para CASTIÑEIRO MILENARIO. Así se chama esta Asociación Cultural de Begonte, na Terra Chá que dinamiza a cultura galega através da música, do cinema e das actividades de carácter ambientalista. Falamos con Carlos Fernández, biólogo que traballa na Facultade de Veterinaria de Lugo e que leva na asociación Castiñeiro Milenario case desde a súa fundación n...
Ep. 409: ANA LUA CAIANO 13.07.2025 57:42
O Festival Folk Celta regressa a Ponte da Barca para celebrar a sua 18.ª edição. A proposta une música folk contemporânea, identidade atlântica e expressão cultural de raiz popular. É de entrada gratuita e decorre entre os dias 25 e 27 de julho de 2025. Promete transformar Ponte da Barca num verdadeiro palco de celebração ao ar livre, junto ao rio Lima e em vários espaços do centro histórico. Com...
Ep. 408: QUERÍA SER POETA 06.07.2025 1:00:05
Nova entrega do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Desta vez unha selección das mellores músicas da familia de países de raíz galega.
Ep. 407: RUMBOIA VIVA (ABADÍN) 29.06.2025 1:00:19
A Rumboia. Así se chama a asociación xuvenil das terras de Abadín, porta de comunicación entre A Mariña e a Terra Chá. Constituída en 2021, A Rumboia organiza diferentes actividades repartidas por todo o ano. Dúas delas son de carácter musical: unha Foliada e o Festival Rumboia Viva. A través da voz do presidente da entidade, coñecemos quen foron os fundadores, cando e onde iniciaron a actividade...
EP. 406: REGUEIFA TOUR (Séchu Sende) 22.06.2025 1:00:49
Había unha vez un docente soñador que estreou paternidade e deixou en segundo plano a guitarra eléctrica para modular a voz de maneira que agradase os ouvidos da súa crianza. Pouco tempo tardou en comezar a improvisar as letras das súas cancións, seguindo o modelo de Pinto de Herbón e Manu Chao. O docente soñador tivo sorte, porque uns anos máis tarde a crianza comezou tamén a improvisar... até qu...
EP. 405: AQUÍ TAMÉN SE FALA 15.06.2025 59:22
Mónica Reigia atendeu a nosa chamada para facermos crónica do "Festival Aquí tamén se fala", organizado polo Instituto Rafael Dieste e celebrado o día 13 de xuño na cidade da Coruña. No cartaz: Ulex, Pava, Alana, Ortiga e Jesús Suárez. O festival foi tamén unha actividade reivindicativa en favor da actualización do nome do Deportivo da Coruña.
Ep. 404: Recuperamos a memoria con MJ Pérez 08.06.2025 1:01:10
Cando en 2016 nacía o Grandes Vozes, MJ Pérez -que era artista emerxente- pasou polo noso programa. Desde aquel momento, as súas músicas foron habituais na nosa selección e sempre que nos fixo chegar novidades nós comunicámolas á nosa audiencia nacional e internacional. Agora, decorridos case dez anos de carreira artística, conversamos novamente con ela sobre a súa formación e experiencia laboral...
EP. 403: KÁTYA TEIXEIRA: GRANDE VOZDO NOSSO MUNDO 01.06.2025 17:00
Kátya Teixeira conversa com Bernardo Penabade no programa Grandes Vozes do Nosso Mundo, dirigido por Marco Pereira Oliveira.
Ep. 402: PERCURSO EUROPEU DA KÁTYA TEIXEIRA 31.05.2025 59:39
Neste ano 2025, o Percurso pela Europa da Kátya Teixeira começa pela Galiza, continua pelo Porto e o Alentejo e finaliza na França. Após o concerto de Pontedeume, por iniciativa do Colectivo Terra; a seguinte visita é à Sociedade Cultural Albor, de Ourense; à Arca da Noe, em Vilar de Santos; e à Sociedade Cultural Macaréu, do Porto. A cita em Paris está agendada para o dia 19 de junho na Casa da A...
EP. 401: XICO DE CARINHO 25.05.2025 1:00:37
Xico de Carinho viajou ao Brasil. Foi 55 depois de ter conhecido o Marcelo Melo e o Geraldo Vandré em Paris e de ter entrado com eles no estúdio de gravação.
EP. 400: AURA LÁZULI 18.05.2025 1:00:42
Aura Lázuli: compositora e intérprete. Carmen, da Escravitude, en Padrón. É a protagonista do programa 400. Formada musicalmente no conservatorio e na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi discípula de Miro Moreira, entrou por primeira vez nos estudios de gravación con Xavier Mugardos, despois co pianista Iago Mejuto e con Xoán Curiel. Con Alfredo Susavila, gravou o disco titulado Carme...
Ep. 399: Raça humana não tem cor 11.05.2025 59:39
Abrimos esta nova edición do programa coa música da Gaby Buarque. Inmediatamente a seguir, cruzamos o Atlántico para chegar a Portugal com a voz do Roberto Leal. A terceira das músicas é a do galego Berto, co seu "Quérote atopar". Así é o Grandes Vozes, o programa Modelo Burela das músicas de todos os países da Galegofonía.
Ep.398: DESLOCADO (NAPA) 05.05.2025 1:00:13
Nesta nova edición do Grandes Vozes reproducimos por vez primeira a canción que representa o noso idioma no festival de Eurovisión. Leva por título "Deslocado" e está interpretada por Napa.
Ep. 397: BRUNO VILLAMOR 26.04.2025 59:43
Bruno Villamor Gay (Lugo, 1978)está titulado Superior en Música na Especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neto d’O Gaiteiro de Santo Xusto’, ten contacto coa música tradicional desde moi neno recibindo ensino de mestres da talla de Enrique Candal, Daniel Bellón, Pepe Vaamonde, Iván Costa, Germán Diaz, etc. Membro fundador do grupo...
Ep. 396: SON ÁRBORE 13.04.2025 1:00:06
Sofía Espiñeira publica disco e o Grandes Vozes celébrao coa peza titulada "Son árbore".
Ep. 395: A PURA FESTA DOS CARECOS 06.04.2025 1:02:29
O verbo do título do disco está en segunda persoa: "Es pura festa". E é verdade, audiencia máis fiel ao grupo é pura festa. Os custos da edición por contribución popular xa se reuniron nunha semana. Éxito? Non, exitazo. Do grupo e de todas as persoas que rodean o grupo. Éxito da cultura en xeral e moi particularmente da cultura da comarca do cabo Ortegal. Na verdade, a banda de pandeireteiros e o...
EP. 394: Castelo de cartas 30.03.2025 59:14
No programa 394 temos o Castelo de Cartas, do Syro. Onde vais dormir hoje? Chega a casa antes das onze Pra eu me despedir Um beijo no rosto Deixa a lágrima cair E dá lugar ao nosso desgosto Eu tinha planos de ser rei E tu rainha do meu reino Num castelo onde as cartas não pudessem cair, oh Aos teus olhos eu errei E ao mesmo tempo, tu nos meus também Cai o castelo de cartas que não soubemos constru...
EP. 393: País das Maravilhas 23.03.2025 1:00:15
A música do Plutônio dá título ao episódio 393 do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Nesta hora de música, temos tamén grandes éxitos de Uxía Senlle, Carolina Deslandes, Berto e Mondra, Os Azeitonas, Tanxugueiras ou Fresno.
EP. 392: MANINHO 16.03.2025 59:46
Chegamos ao programa 392. Abrimos coa música de Ulex e fechamos con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Polo medio, o mellor da música da Galiza, Portugal e o conxunto de países de todo o mundo a onde chegou o nosso idioma.
EP.391: ULEX 09.03.2025 1:01:21
Novamente visitamos o Centro Social Xebra, en Burela nos momentos previos a unha noite de concerto. Nesta ocasión a banda convidada é Ulex. Con Ulex famos do nome artístico, do estilo musical e do pasado, presente e futuro.
Ep. 390: LISDEXIA: GAYEGO 28.02.2025 1:00:32
Entre Lisdexia e Dislexia... hai unha interpolación silábica. O que comezou como erro de pronuncia, pasou a servir como palabra humorística e despois como nome dun grupo musical. Son de Muros e están agora mesmo a puntiño de subir á parte superior da onda. Antes de que chegue ese momento, no Deixe Falar do Grandes Vozes falamos con Fran Lestón. A entrevista está na parte central do programa. Xusto...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.