Galiza Metálica

Galiza Metálica

Music GL ↓ 185 episodes

Galiza MetálicaMetal en galego e portugués, sen fronteiras. Programa de radio creado por Patty Castro en outubro de 2021, actualmente semanal e de 3 horas de pura potencia. Conducido por Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S. Metal Radio Show), unha parella dentro e fóra das ondas. O noso obxectivo: dar visibilidade ao metal galego, ibérico e latinoamericano, fusionando culturas e linguas. Destacamos tamén a sección “Mulleres Galegas Kañeras”, para poñer en primeira liña ás mulleres do metal galego e internacional. Metalizando á rapazada: con Aldara e Ariadna, achegamos o metal ás novas xeracións...

Author

Galiza Metálica

Category

Music

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

GALIZA METÁLICA · Episodio 132 Conexión Metálica / 20.01.2026

Neste episodio de Conexión Metálica, viaxamos desde Galicia ata Latinoamérica e Brasil, mostrando que o metal une culturas e enerxías, cunha selección potente de bandas novas e consolidadas. Tres horas de metal potente con Patty Castro e Filipe Marta do S.O.S Metal Radio Show. Contamos cunha entrevista con Declinare, a promesa coruñesa que se estreou no Flores Rock e lanzou o seu primeiro EP o 25...

Galiza Metálica 131 Novidades Internacionais 13.01.2026

️ GALIZA METÁLICA · Episodio 131 Internacional · Novidades · Entrevista exclusiva Tres horas de metal internacional: thrash, death, black, power e doom, con especial atención ás novidades que chegan dende diferentes recunchos do mundo. Con Patty Castro e Filipe Marta do S.O.S Metal Radio Show. Neste episodio especial entrevistamos INFRAHUMANO, quen nos conta todo sobre o seu novo álbum DEPTHS OF S...

Galiza Metálica 130 Especial Bandas Ibéricas 06.01.2026

️ GALIZA METÁLICA · Episodio 130 Ibérico · Novidades · Galegos que destacan Tres horas de metal coa alma da Península Ibérica: thrash, power, doom, metal sinfónico e dark metal, con especial atención a bandas galegas e ibéricas que están a mover a escena. Con Patty Castro e Filipe Marta do S.O. Metal Radio Show. Neste episodio especial revisamos unha selección de bandas clásicas e novas da Penínsu...

Galiza Metálica 129Especial fin de ano. 30.12.2025

️ GALIZA METÁLICA · EPISODIO 129 · ESPECIAL FIN DE ANO MOI BOAS! Son Patty Castro e, xunto con Filipe Marta do S.O.S. Metal Radio Show, temosvos preparado un Especial Fin de Ano cun contido moi especial: entrevista á banda santiaguesa THE GOAT, unha metal band que pisa forte e apunta alto neste 2026. 3 HORAS DE METAL GALEGO EN ESTADO PURO! Este episodio é unha viaxe pola fértil terra galega do met...

Galiza Metálica 128 23.12.2025

️ GALIZA METÁLICA · Episodio 128 Internacional · Novidades · Mulleres que mandan Tres horas de metal con alma: voces femeninas, metal sinfónico, power, doom e dark metal, explorando novas propostas internacionais e destacando a presenza galega. Con Patty Castro e Filipe Marta do S.O.S. Heavy-Metal Radio Show Nestes días especiais fixemos unha recopilación intensa de bandas clásicas e de rabiosa ac...

Galiza Metálica 127 Novidades Internacionais. 16.12.2025

️ GALIZA METÁLICA · Episodio 127 Tres horas de metal en estado puro: sombras sonoras do mundo enteiro, novidades recentes e o pulso inconfundible das bandas galegas. Episodio con entrevista especial a Vatican Spectrum, palabra crúa dende o underground: vivir antes de morrer, sen filtros nin concesións. Con Patty Castro e Filipe Marta do S.O.S. Metal Radio Show. Para quen sabe escoitar no escuro. A...

Galiza Metálica 126 Especial Ibérico + Entrevista con Marta (INDAR) 09.12.2025

Especial Ibérico + Entrevista con Marta (INDAR) Con Patty Castro e Filipe Marta — S.O.S. Metal Radio Show Esta semana abrimos un capítulo ardente: metal ibérico sen filtros, voces que trituran, riffs que cortan e unha entrevista poderosa con Marta, baixista de INDAR, banda barcelonesa de mulleres que soa forte, clara e absolutamente dona do seus temas. LISTA COMPLETA DO EPISODIO Angelus Apatrida —...

Galiza Metálica Track by Track No chillin´ siesta boys 06.12.2025

TRACK BY TRACK BRUTAL no Galiza Metálica– No Chillin’ Siesta Boys: Unus: Subulcus Carnem Devorat (2025) ️ Presentado por Patty Castro & Filipe Marta do S.O.S. Heavy-Metal Radio Show, agora en podcast! Falamos con Adrián Rego, vocalista e guitarrista ourensán, sobre o seu novo EP e primeira parte dunha narrativa conceptual en tres actos. Cada tema vai acompañado dunha experiencia gráfica: guión de...

Galiza Metálica Track byTrack de Akouphenom 05.12.2025

Track by track presentado por Patty Castro e Filipe Marta para Galiza Metálica Hoxe baixamos ao pozo da Coruña máis escura da man de Akouphenom. Falamos con Gon, o seu guitarrista, para entrar de cheo en Connections To The Erebus (2025), un EP nacido no mesmo lume que Death·Chaos·Void pero que vén con outro veleno: máis liberdade, máis sombra, máis verdade crúa. Aquí o seu Blackened Death Metal ar...

Galiza Metálica 125 Metal 101%Bandas Galegas 02.12.2025

GALIZA METÁLICA 125 – ESPECIAL 101% BANDAS GALEGAS Un programa feito en galego e portugués por Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S Metal Radio Show) ⚡ Presentamos o episodio 125: 101% bandas galegas, unha viaxe pola nosa escena, pola súa actualidade e polo pasado que nos fixo medrar. Un repaso ás bandas que constrúen —e seguirán a construír— o panorama metal da Galiza. ⚡ PLAYLIST 101% GALEGA: Rym...

Galiza Metálica 124 25.11.2025

Galiza Metálica – Conexión Latina 124 Patty Castro e Filipe Marta, dende o S.O.S Metal Radio Show, traen unha explosión de metal que cruza fronteiras, con corazón galego e garra latina. Emisión nas tres radios: • 106.0 FM – Antena Minho • 106.1 FM – Radio Piratona (Vigo) • 102.3 FM – Radio Filispim (Ferrol) Tamén dispoñible en: iVoox – YouTube – iTunes – Spotify – Podgalego Entrevista especial: Co...

Galiza Metálica 123 MGK Mulleres no Metal Penísula Ibérica 18.11.2025

⚔️ EPISODIO 123 · MULLERES GALEGAS KAÑERAS ⚔️ Patty Castro e Filipe Marta (SOS Metal Radio Show) acenden unha viaxe en galego e portugués que atravesa a penísulaIibérica cun único pulso: a forza indomable das Mulleres Galegas Kañeras e das Mulleres no Metal. Tres horas de metal extremo, honestidade e resistencia. O episodio trae tamén unha entrevista MGK a Laura Sanz, baterista galega de pegada co...

Galiza Metalica 122 Metal Ibérico 11.11.2025

GALIZA METÁLICA #122 ⚡ A conexión galego-portuguesa do metal ibérico ⚡ ️ Patty Castro & Filipe Marta Dende o Gran Templo da Perversão Sónica, o lume sagrado do metal galego-portugués ergue a súa voz sobre a Península Ibérica, congregando outra vez os seus fieis nun novo ritual de ruído e irmandade. FM: Antena Minho 106.0 FM – Braga Radio Piratona 107.8 FM – Vigo Radio Filispim 108.0 FM – Ferrol...

Galiza Metálica 121 especial internacional 04.11.2025

GALIZA METÁLICA #121 – CONEXIÓN INTERNACIONAL Un programa de Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S. Heavy Metal Radio Show – Antena Minho) Pertencentes ao gran templo da perversión sónica! Dúas voces, dúas linguas — galego e portugués — un mesmo destino: propagar o metal polo éter atlántico. ⚡ SINTONIZA EN FM ANTENA MINHO – 106.0 FM (Braga, Portugal) RADIO PIRATONA – 106.1 FM (Vigo, Galiza) RADIO FI...

Galiza Metálica especial samaín 01.11.2025

ESPECIAL SAMAÍN AS PANTASMAS DO METAL GALEGO Dende que o ser humano aprendeu a transmitir o son polo aire, as ondas converxeron co misterio. O telégrafo, o teléfono, a radio… todos quixeron dominar o invisible, mais quizais abriron portas que non se poden pechar. Os inventores chamaron ao éter, e o éter respondeu. As frecuencias viaxan sen descanso, perdéndose no infinito, onde quizais a voz dos m...

Galiza Metálica 119 28.10.2025

GALIZA METÁLICA 119 Un programa de Patty Castro & Filipe Marta de s.o.s metal radio show ⚡ A conexión galego-portuguesa do metal ibérico! ⚡ ️ Nesta edición temos entrevista exclusiva coa xoven banda coruñesa LEFTLOVERS, que presentan o seu novo tema “CURSE OF THE BLIND” E unha playlist demoledora co mellor do metal galego, portugués e español: ⚔️ We Ride – Voices Vinodium – Víboras ️ Tiempo Oscu...

Galiza Metalica118 especial conexión metálica 21.10.2025

GALIZA METÁLICA - EPISODIO 118 | XA DISPONIBLE! CONDUCIDO POR Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S. Heavy-Metal Radio Show) UNHA CONEXIÓN METÁLICA ENTRE GALIZA, PORTUGAL E LATINOAMÉRICA! Chega o episodio 118 de Galiza Metálica: unha conexión brutal entre o metal galego, ibérico e latino. Bandas que rompen fronteiras, soan con forza e manteñen viva a chama do underground! A PLAYLIST DO EPISODIO 118 I...

Galiza Metálica 117 14.10.2025

GALIZA METÁLICA - EPISODIO 117 | ESPECIAL IBÉRICO Conducido por Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S. Heavy-Metal Radio Show) ⚡ Metal en galego e portugués, emitido en FM en dous países! ⚡ A escena underground ibérica explota no episodio 117 de Galiza Metálica. Esta semana traemos unha entrevista exclusiva coa lenda ferrolana Window Pane, que celebra 30 anos de pura creatividade e moita kaña. Mito...

Galiza Metálica 116 07.10.2025

GALIZA METÁLICA - EPISODIO 116 | XA DISPONIBLE! CONDUCIDO POR Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S. Heavy-Metal Radio Show) ⚡ O programa de metal en galego e portugués que cruza fronteiras! ⚡ Xa podes escoitar un novo episodio de Galiza Metálica, dedicado ao metal galego, ibérico e latino, con cortes demoledores e bandas que non deixarán indiferente a ninguén. PLAYLIST DO EPISODIO 116 ⚔️ Criminal...

Galiza Metálica 115 30.09.2025

Galiza Metálica #115 @pattycastromarta & @Filipe Marta (@sosmetalradio) voltamos con 3 horas de metal sen concesións, cunha playlist brutal e toda a info que precisas para coñecer as bandas do teu arredor, a escena ibérica e latina. Sintoniza nas nosas emisoras: @antenaminho Minho 106.0 FM (Braga) PORTUGAL→ Luns 00:00 | Domingo 01:00 Radio Piratona 106.1 FM (Vigo) GALIZA→ Mércores 22:00 | Venres 1...

GALIZA METÁLICA 114, NOVA TEMPADA 24.09.2025

Galiza Metálica 114 – Nova Tempada, Novo Logo, Novos Ánimos! Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S. Metal Radio Show) volven con 3 horas de metal sen concesións, cunha playlist brutal e toda a información que necesitas: Concertos e novidades que se achegan. Actualidade convulsa dentro e fóra do metal. Sintoniza nas nosas emisoras: Antena Minho 106.0 FM (Braga) → Luns 00:00 | Domingo 01:00 Radio Pirat...

Galiza Metálica 113 Especial estival, bandas galegas. 13.08.2025

️ Capítulo 113 · Especial Estival Xa está no aire o novo e especial ritual metálico : 3 horas de metal 100% galego e coa entrevista en exclusiva con Isidro Otero da banda pontevedresa Brutal, para a presentación do seu novo tema "Mil Golpes". Forxado por Patty Castro e Filipe Marta, na irmandade sonora co S.O.S Metal Radio Show, desde o gran templo da perversión sónica. Nesta edición: Un metalset...

Galiza Metálica metalcast 112 22.07.2025

GALIZA METÁLICA #112 – METALCAST IBÉRICO Xa dispoñible o novo episodio do voso ritual metálico semanal de 3 horas 100% música, sen cortes, sen voz, sen censura. Feito por Patty Castro e Filipe Marta, dentro da irmandade sonora co S.O.S Metal Radio Show,no gran tempo da perversión sónica. Nesta edición: Un metalset cargado de bandas galegas e do resto da península, sons que trituran, berros que res...

Galiza Metálica 111 MetalSet Novidades internacionais. 16.07.2025

️ Xa está dispoñible o GALIZA METÁLICA #111, o voso ritual semanal de estrondo metálico feito por Patty Castro e Filipe Marta, dentro da irmandade sonora de S.O.S. Heavy-Metal Radio Show e a rede irmandiña do Setmetal Ibérico. Neste episodio traémosvos un METALSET DE NOVIDADES INTERNACIONAIS, escollidas co coitelo, directas á gorxa... e por suposto, con representación galega incluída, porque aquí...

Galiza Metálica episodio 110 metalset 101% galego 08.07.2025

️ Ola, son Patty Castro, vocalista, locutora galega e metalhead, e xunto ao meu camarada de metal, o incansable Filipe Marta do S.O.S. Heavy-Metal Radio Show, traémosvos un novo capítulo do noso ritual sonoro semanal: GALIZA METÁLICA #110.Nesta edición seguimos coa serie SOLO MÚSICA, e non traemos calquera música… senón unha descarga 101% galega, feita con vísceras, verdade e distorsión. 40 bandas...

Listen to the Galiza Metálica podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.