Praza.gal
Fálase
Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar, contextualizar, darlle un novo percorrido ou resumir algunhas das informacións nas que está a traballar a redacción cada semana. Conducido por David Lombao e coa participación de todo o equipo de Praza.gal e VINTE
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Fálase 41 - Vento público na eólica mariña 09.03.2023 35:48
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, explicamos o aprobado nos plans de ordenación do espazo marítimo relativo á eólica mariña e co profesor Pedro Varela sabemos da importancia da participación pública nos proxectos para "socializar os beneficios". Con VINTE, sabemos máis de 'Matria', o filme de Álvaro Gago antes da súa chegada ás salas de cine...
Fálase 40 - As voces que aínda contan Angrois e o seu xuízo 02.03.2023 37:10
No episodio número 40 do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, xuntamos tres xornalistas que continuaron informando sobre o accidente de Angrois cando os focos se apagaron e que agora están seguindo moi de preto todo o que sucede no xuízo polo sinistro. Con David Reinero, Aida L. Rosell e Pablo González repasamos máis destacado do acontecido no groso da parte penal do proce...
Fálase 39 - A sanidade pública reborda no Obradoiro e un fito histórico para o cinema galego 16.02.2023 38:41
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, facemos balance da concorrida manifestación de SOS Sanidade Pública falando co seu voceiro, Manuel Martín, e mais escoitando as impresións do Goberno do PP, do BNG e do PSdeG. Con VINTE, achegámonos á unha ollada 'queer' á cultura de club en Portugal e anticipámonos ao fito histórico que vén na Berlinale con dous fil...
Fálase 38 - Así nos movemos e sanidade na rúa 09.02.2023 25:02
Neste episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos os datos que trazan a radiografía da mobilidade en Galicia e coñecemos os motivos que levan a plataforma SOS Sanidade Pública a volver manifestarse este 12 de febreiro escoitando o seu voceiro, Manuel Martín, e tamén as posturas ao respecto do Goberno galego, do BNG e do PSdeG.
Fálase 37 - Un resumo do eólico e unha deliciosa viaxe 02.02.2023 25:44
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, resumimos e poñemos contexto ás autorizacións ambientais de parques eólicos da Xunta e do Estado das que tanto se leva falado nas últimas semanas e, con VINTE, achegámonos a unha serie de roteiros de turismo próximo pola provincia da Coruña, con moito para descubrir e saborear
Fálase 36 - Unha derruba na Mariña e un 'milagre' en Fitur 26.01.2023 28:12
Neste episodio do podcast informativo de Praza sabemos máis dos problemas de mobilidade na Mariña, que volveron quedar ao descuberto coa caída dun tramo de estrada entre Foz e Burela, e das eternas promesas para mellorala. Tamén nos achegamos á Feira Internacional de Turismo, onde falamos con Xosé Regueira, responsable desta área na Deputación da Coruña, e escoitamos a Rebeca Baceiredo reflexionar...
Fálase 35 - Sen cartos para o agro ecolóxico e o asalto á fama de Feijóo 19.01.2023 23:26
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos o problema creado pola Xunta ás explotacións agrogandeiras ecolóxicas ao non orzamentar fondos dabondo nas axudas xa previstas para o sector, do que sabemos máis coa gandeira Ana Corredoira. Ademais, lembramos o tempo en que Feijóo se sumou aos manifestantes do PP que irromperon no recinto do Parla...
Fálase 34 - Esta calor non é normal 12.01.2023 32:03
Coñecemos como durante case 300 días do pasado 2022 as temperaturas foron máis altas do normal en cidades galegas como Vigo, Santiago ou Ourense e analizamos como a seca foi un dos factores que provocou unha maior dependencia do gas na produción enerxética. Ademais, con VINTE, escoitamos a versión máis tropical de Projecto Mourente
Fálase 33 - Alá vai o 22 29.12.2022 36:23
No derradeiro episodio do Fálase en 2022 facemos algo que, se cadra é tan pouco orixinal como lanzar un pódcast neste ano que remata... No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, botamos a vista atrás para repasar algo do que nos deixa o ano e tamén para coller folgos para o 23, que disque vai ser intenso… Facémolo coa hemeroteca de Praza, cos sons que pasaron polo Fálase e c...
Fálase 32 - Cautelarísimas antes do Nadal 22.12.2022 31:18
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, poñemos contexto ao veto do Tribunal Constitucional fronte á reforma para renovalo; con Carlos Amoedo sabemos máis da importancia política e xurídica do veto e da súa posible evolución. Ademais, achegámonos ao Nadal de Vigo e ás súas múltiples facianas
Fálase 31 - Por que "non hai médicos" e unha peli de terror 15.12.2022 31:57
No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos como a saturación e a falta de persoal nos centros de saúde do Sergas atrancan a formación de profesionais chamados a paliar, precisamente, esa mesma saturación. Ademais, con VINTE, coñecemos novas músicas e motivos para ver no cinema 'O corpo aberto', de Ángeles Huerta
Fálase 30 - Cultura galega con ruído de fondo 01.12.2022 20:51
No trixésimo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, visitamos a Culturgal dende o posto da Fundación Praza Pública. Alí conversamos con Eva Alonso, a súa directora, sobre os retos do sector cultural e da propia feira e recibimos a Berta Dávila e Carlos Meixide, que nos falan do primeiro ano da súa editora, Rodolfo e Priscila, e dunha das súas novidades máis destacadas, 'A festa eq...
Fálase 29 - O Prestige ecoa en Europa e músicas para desvirtualizarse 24.11.2022 30:35
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Ana Miranda, eurodeputada do BNG, sobre a conferencia que organizou na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas ao fío do vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige. Con VINTE, coñecemos músicas como o novo de Ataque Escampe e contámosvos onde nos podemos ver no 'mundo real', a comezar pola...
Fálase 28 - Os primeiros do chapapote e (re)construír a memoria 17.11.2022 27:14
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, lembramos os primeiros mariñeiros que, hai agora vinte anos, se botaron ao mar para tentar frear o chapapote do Prestige nas costas galegas. Tamén coñecemos máis dunhas das iniciativas de Praza para recordar a catástrofe e achegámonos aos contidos da xornada organizada en Bruxelas por Ana Miranda, eurodeputa...
Fálase 27 - As palabras do Prestige e memoria de nós en internet 10.11.2022 37:00
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos ao glosario colectivo que a asociación Unha Gran Burla Negra elaborou ao fío do vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige e tamén escoitamos algo do que dicían os gobernantes da época. Ademais, tamén en clave de memoria, con VINTE coñecemos o videoensaio no que María Yáñez traza unha histori...
Fálase 26 - Números importantes e aburridos e mais unha sonata 27.10.2022 24:02
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, poñemos pausa e contexto para explicar o fundamental dos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano vindeiro: o que sobe, o que baixa, o que se mantén e o que inflúe nas nosas vidas, que é case todo. Contra o remate escoitamos unha sonata para coñecer o que nos contou James Rhodes durante a súa estancia na Coruña
Fálase 25 - Pagos na escola concertada e recortes no escenario 20.10.2022 29:00
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, sabemos máis dos pagamentos esixidos ás familias en colexios concertados malia estar vetados pola lei, despois do estudo que os detecta en oito e cada dez destes centros en Galicia. No espazo de VINTE coñecemos mellor á actriz Isabel Garrido e achegámonos a novas historias da mocidade lucense, desta volta no eido dos...
Fálase 24 - Angrois a xuízo e facerse visible no espazo público 06.10.2022 29:30
Neste episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, abordamos o inicio do xuízo polo accidente de Angrois e ordenamos feitos, refrescamos datos e poñemos contexto sobre o acontecido coa axuda de David Reinero. Con VINTE, achegámonos ao proxecto A porta aberta da artista Lúa Gándara e escoitamos as músicas ao vivo de Grampoder
Fálase 23 - Os papeis de Meirás e a incerteza da Citroën 29.09.2022 25:04
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, coñecemos a importancia da documentación que quedou en Meirás e que agora reclama o Estado no marco da súa demanda xudicial polos bens do pazo. Tamén nos detemos na problemática que arrodea o persoal de Stellantis en Vigo, marcado polas paradas puntuais e a inestabilidade
Fálase 22 - A conciliación é mentira e historias da mocidade de Lugo 22.09.2022 41:42
No primeiro episodio da segunda temporada do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos aos malabares das familias para conciliar no inicio do primeiro curso 'normal' tras a COVID, escoitando varios testemuños e conversando con Sabela Losada, politóloga experta en igualdade e en políticas de coidado con enfoque de xénero. Con VINTE coñecemos o que se está a mover en...
Fálase 21 - O que cobra un médico e músicas para o verán 30.06.2022 28:33
No episodio final da primeira temporada do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, contrastamos as afirmacións do presidente da Xunta sobre o salario do persoal médico de familia no Sergas e, con VINTE, percorremos unha manchea de músicas para este verán
Fálase 20 - O viaduto 23.06.2022 23:36
Neste episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, poñemos contexto á derruba no viaduto da A-6 ás portas de Pedrafita para tentar entendelo mellor e tirar fíos sobre o que pode acontecer. Ademais, co enxeñeiro e profesor Manuel Herrador coñecemos máis sobre este tipo de viaduto, os seus problemas máis habituais e a importancia da transparencia nas pescudas co...
Fálase 19 - Os millóns perdidos nas caixas e novas xeracións para a música galega 16.06.2022 32:22
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos o que nos contaron as autoridades sobre o rescate bancario hai agora dez anos e lembramos o impacto que tivo nas caixas galegas, falando tamén con Noa Presas (BNG) e Pablo Arangüena (PSdeG), membros da paralizada comisión de investigación sobre a desaparición de Caixanova e Caixa Galicia. Ademais,...
Fálase 18 - O autogoberno que nos prometeran e familias que acollen 09.06.2022 24:36
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos as promesas en materia de autogoberno coas que Feijóo e Rueda chegaran á Xunta ao fío da reactivación do debate polas competencias sobre o litoral. Ademais, ao fío do Día do Acollemento Familiar, escoitamos as voces de familias de acollida e das asociacións e profesionais que as apoian
Fálase 17 - Sen médicos no ambulatorio e olladas á Coruña queer 02.06.2022 24:42
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos as causas e consecuencias da falta de persoal médico en Atención Primaria e con VINTE achegámonos ás historias da mocidade LGBTIQ+ no comezo do mes do Orgullo
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.