Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 932 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 646 (26-10-23): Marine Instruments, os satélites galegos dos océanos 02.01.2024

(2:48) Desde Porriño Marine Instruments monitoriza todos os océanos cunha constelación de boias para a pesca con seguemento por satélite. Visitamos as súas instalacións co alumnado da Universidade Laboral de A Coruña que participa no certame AntarticLab do CSIC. (29:25) Debullamos o nobel de física pola tecnoloxía de pulsos de luz de attosegundos con Fernando Martín, catedrático da UAM.

Efer 645 (19-10-23): Os primeiros poboadores de América 02.01.2024

(3:00) Laura Veiga fálanos do primeiro transplante en España dun útero funcional (13:23) O arqueólogo arxentino Gustavo Politis explícanos como 16.000 anos antes de Colón o Homo sapiens conquistou rapidamente todo o continente americano de norte a sur. (44:34) Verónica Salgueiriño debúllanos o premio nobel de química outorgado aos puntos cuánticos. www.efervesciencia.org

Efer 644 (12-10-23): A comunidade cuántica galega 02.01.2024

A semana pasada inaugurouse o ordenador cuántico do CESGA Qmio, o segundo de España e o máis potente do sur de Europa. Coñecemos aos investigadores, técnicos e empresas que están atrás da comunidade cuántica galega. Desde o CESGA con Luis Orosa, Antón Rodríguez Otero e Rebeca Garcia Fandiño, ao Vigo Quantum Communication Center con Marcos Curty e Manuel Fernández Veiga, pasando polo Fujitsu Intern...

Efer 643 (21-9-23): O que non ven os raios X 02.01.2024

(3:25) Inauguramos sección con Julio Rodriguez, biólogo, doutor en Medicina Molecular, psicólogo, escritor e divulgador. Nesta primeira "Bitácora do Beagle" saberemos dun momento crítico polo que pasou a nosa liñaxe humana. (21:19) Mónica Valderrama invita a nosa audiencia a participara na Noite Galega das Persoas Investigadoras, GNight. (24:53) Como ben sabe Supermán os raios X non traspasan o ch...

Efer 642 (12-7-23): Minerais, de Haüy á Ermeloíta 02.01.2024

(1:16) A portada de Nature desta semana chama a atención sobre a presenza de plásticos nas augas doces e arrecifes. Un dos artigos deste número analiza a presenza de plásticos en lagos de auga doce de todo o mundo. Parte de este estudo realizouse en Galicia por un equipo da UdC, entre eles Moisés Canle que dirixe a cátedra EMALCSA-UDC. (10:45) Visitamos no Colexio de Fonseca na USC a exposición "M...

Efer 641 (5-7-23): Obradoiro de radio 14.10.2023

(1:51) Últimos días para inscribirse no concurso de monólogos científicos "Ciencia Calidade" (7:56) Unha vez ao ano en vez de perseguir nós aos científicos, son eles os que veñen aos nosos estudos para ver como se fai a radio. Contamos con Leticia Tobalina Pulido, Adriana Barros, Yeray Folgar, Luz Castro e Cinthia Piñeiro. (43:32) María José Mariño preséntanos as actividades de cine familiar e cam...

Amena Karimyan, o país onde as mulleres teñen prohibido ollar ao ceo 26.07.2023

Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinatu...

Efer 640 (28-6-23): As aventuras do Gran Triángulo [Radioteatro] 19.07.2023

A principios do século XIX dous franceses en galego viven sorprendentes aventuras para medir un gran triángulo sobre as Baleares e a costa levantina. O seu obxectivo completar a medición do metro. O mesmo Jules Verne faríase eco destas aventuras nunha das súas novelas. Con Francisco Díaz Fierros, autor da novela "O gran triángulo", os actores César Goldi, Avelino González e Manuel Fernández, e o p...

Efer 639 (21-6-23): Voamos sobre Lugo con @aberron e @borjatosar 19.07.2023

(2:11) Levamos por sorpresa ao xornalista Antonio Martínez Ron a voar sobre Lugo nunha avioneta pilotada polo noso colaborador Borja Tosar. A mellor escusa para falar do seu libro "Algo nuevo sobre los cielos" (32:09) Anunciamos a vindeira "Regueifa de Ciencia" dedicada aos eólicos e a súa compatibilidade co medio ambiente. (34:50) A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnol...

Efer 638 (14-6-23): Noite Efervescente de poesía e radioteatro 19.07.2023

Celebramos a novena Noite Efervescente desde a Casa de Rosalía en Padrón. A nosa pequena festa inclusiva da astronomía coa participación da Asociación AMIPA e a Andaina pola Saúde Mental. A nosa anfirioua é María López Sandez. Participan os nosos colaboradores Martín Pawley, Xabier Pérez Couto, Borja Tosar e Nacho Munilla. E con radioteatro ao vivo nas voces das actrices Victoria Fernández, Estíba...

Efer 637 (7-6-23): Damos a cara pola ciencia, retrato robot desde o ADN 19.07.2023

(2:29) Operarse tendo menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (13:18) Imos dar a cara pola ciencia. Visitamos o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro da USC para someternos como voluntarios no proxecto Face-Fit. Donamos unha mostra de ADN e realízannos unha foto 3D. O obxectivo é construír unha base de datos que permita dar as pautas para reconstruír o retrato robot dunha persoa a partir...

Efer 636 (31-5-23): X-Scape, mentes materiais 19.07.2023

Modifican os mundos que construímos as nosas mentes e como procesamos a información? É posible que as estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios e artefactos cambien activamente os nosos patróns de pensamento e accións? Nesta edición efervescente imos debullar o proxecto "X-Scape, Mentes materiais: Estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploraci...

Efer 635 (24-5-23): As ecuacións da vida 19.07.2023

(2:01) Alberto Pérez Muñuzuri é investigador do grupo de física non lineal da USC. O noso convidado vén de publicar como un modelo de difusión química de 3 substancias xera por autorganización estruturas moi semellantes ás dos seres vivos, ó estilo de membranas ou orgánulos. Quizais a complexidade da vida xurda espontaneamente coa receita correcta. Aínda non demos con ela e mesmo non sabemos se al...

Efer 634 (17-5-23): Braganza 19.07.2023

(1:58) Asistimos en Braganza ao congreso da Rede de Comunicación de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal (SciCom Pt). Conversamos con Ivone Fachada, Vera Novais, Mariana ALves, Pampa García Molina, Ana Sánchez, Antonio Grando, Luisa Masarani e Joana Magalhaes. (37:30) Paseamos por Braganza coa botánica Marisa Castro que vive desde hai anos en Tras-os-montes. Conversamos sobre a súa novela "A saga das...

Efer 633 (10-5-23): Galiciencia 23 19.07.2023

(0:01) e (50:03) Acudimos á nosa cita anual con Galiciencia, a maior feira científica de Galicia que organiza Tecnópole. Conversamos con Jesús Bande, Nieves Lorenzo, Lourdes González Sotelo, Ana PIñeiro Sotelo, Miguel Leiva, Vicente Mohedano, Javier Taibo e Sabela Bouzo. (40:39) Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica com...

Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores 19.07.2023

(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de ta...

Efer 631 (12-4-23): A vida secreta dos insectos 19.07.2023

(2:47) As bacterias coercitivas con Esteban Fernández Moreira. (16:19) A vida secreta dos insectos con Carlos Otero (entomólogo, profesor emérito "ad honoren" da USC) e Alberto Uría (asociación Corripa de Negueira de Muñíz).www.efervesciencia.org

Efer 630 (5-4-23): IA na prevención do suidicio 19.07.2023

(1:58) Dor de cabeza e menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (10:55) e (20:31) A investigadora da UPF Barcelona School of Managment Ana Freire lidera un proxecto de prevención de suicidios e trastornos da conduta alimentaria nas redes sociais baseado na Intelixencia Artificial. (14:44) As calculadoras Casio de toda a vida agora falan galego. Cóntannolo Eloy Bernal (división educativa de Casio),...

Efer 629 (29-3-23): A maquinaria industrial da fraude científica 19.07.2023

(3:05) Cristina Candal é unha enfermeira que esta a facer o seu doutoramento na USC sobre a mala conduta científica. A fraude científica xa non é un fenómeno individual. As investigacións de Candal veñen cuantificar o peso das factorías de traballos científicos fraudulentos. (34:52) Resolvemos o concurso do instrumento misterioso que nos propuxo Pablo Carpintero a semana pasada. (38:46) Un comenta...

Efer 628 (22-3-23): Gaitas, xenes e evolución 25.06.2023

(0:23) Na introdución indagamos se a música é unha linguaxe universal da humanidade. (7:33) Xuntamos a un músico tradicional a un xenetista para falar de evolución, xenes, gaitas e música. Visitamos o obradoiro de fabricación de gaitas de Pablo Carpintero en Santiago. Pablo Carpintero é músico, artesán e investigador da historia das gaitas, pero tamén doutor en bioloxía. Na súa segunda tese de dou...

A que cheira o espazo? Con @EstibalizEs 25.06.2023

Incorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preguntámonos, a que cheira o espazo?

Efer 627 (15-03-22): Consumirías auga reciclada? 25.06.2023

(3:19) Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos". (12:46) Sergio Vila gañouo unha mención honorífica dos premios de Investigación Ernesto Viétez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores mozos. Nun traballo desenvolto en colaboración entre a facultade de sicoloxía da USC e o CRETUS-USC estudaron a percepción da poboación do uso da...

Efer 626 (8-3-23): Vaxinodiversidade animal 19.06.2023

(4:13) Clara Mendoza, investigadora de doutoramento do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, participou na segunda edición de "Lanternas de Ciencia" achegando a súa visión de María Wonenburger. Tamén conversamos con Jaime Amaro da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC. (14:55) As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoram...

Patricia Brenan, pioneira no estudo das vaxinas animais [Versión estendida] 26.04.2023

[Versión estendida] As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentro...

Efer 625 (1-3-23): Arqueoloxía computacional para estudar o megalitismo galego 23.04.2023

(2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG). (13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego. (42:31) Marcos Fernández Pichel (CiTIUS-USC...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.