Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 932 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 680 (5-9-24): O ensino da xeoloxía desde o Xeoparque Montañas do Courel 06.09.2024

Achegámonos ao Museo Etnográfico de Quiroga para coñecer o Xeoparque Montañas do Courel ao fío do XXII Simposio de Ensino da Xeoloxía organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, AEPECT. (2:39) Conversamos co coordinador do equipo organizador do simposio, Eloy Cabarcos, coas profesoras de xeoloxía Ana Bueno e Natalia Fernández, e co presidente da AEPECT, o profesor da U...

Efer 679 (30-6-24): Arte, CERN e o IGFAE 19.07.2024

(2:02) A Igrexa da Universidade da USC acolle a exposición "Instrumentos de Visión" con fotografías de Armin Linke para conmemorar o seu 25 aniversario e os 70 anos do CERN. Conversamos sobre ciencia, arte e a historia da física de partículas en Galicia co director do IGFAE Carlos Salgado e Mónica Bello, comisaria da exposición e responsable de "Art at CERN". (36:00) Novo episodio de "Voces da Cie...

Efer 678 (29-6-24): Ciencia á Feira: micorrizas e microenxertos 15.07.2024

(1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón. (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación "Ciencia á Feira" promovido por XuvenCiencia. Conversamos...

Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida] 11.07.2024

[Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo. Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán. A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández. As sonificacións do investi...

Efer 676 (6-6-24): Aurora Grandal, pioneira no estudo da paleontoloxía en Galicia 23.06.2024

(2:26) O matemático do Bermés José Rodríguez é o noso gran primeiro científico. A Real Academia Galega das Ciencias dedícalle este ano 2023. Pero ao redor da súa figura se están a divulgar unha serie de mitos e esaxeracións. Carmen Villanueva vén de realizar a súa tese de doutoramento sobre José Rodríguez. (2:16) Eva Poveda preséntanos o cinefórum "Cine ConCiencia" organizado polo Instituto de Inv...

Mapas Lab: Dinosauros, mapas, ordenadores e evolución [Versión estendida] 16.06.2024

[Versión estendida] isitamos o "Mapas Lab" da Universidade deV Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de din...

Efer 675 (30-5-24): Os mapas da biodiversidade dos últimos 540 millóns de anos 16.06.2024

(1:57) O cheiro a piscina non é o que ti cres que é. Bibiana García Visos fálanos dos cheiros do verán. (13:37) Visitamos o "Mapas Lab" da Universidade de Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últim...

Fernando Valladares e Valentina Raffio debaten sobre a "eco-esperaza" 02.06.2024

Conversamos sobre "eco-esperanza" frente "eco-ansiedad" y negacionismo con Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN) e Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico") no Ciencia na Aldea.

Póker de raíñas: @ConchiLillo, @farmagemma e @tvaldessolis 02.06.2024

No Ciencia na Aldea conversamos con Gemma del Caño (farmacéutica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca). As tres teñen en común a súa aposta persoal pola divulgació da ciencia.

Efer 674 (23-5-24): Ciencia na aldea (versión estendida) 02.06.2024

A aldea de Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz pasou de ter catro habitantes a ser por tres días un epicentro da divulgación científica e ambiental coa celebración da terceira edición de "Ciencia na Aldea". Neste monográfico conversamos con Alberto Uría e Vanesa Paredes (Asociación Corripa), Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global n...

Efer 673 (16-5-24): Mellor de madeira desde a Galiciencia 26.05.2024

"Mellor de madeira" é o lema da edición de 2024 da feira cientifíca Galiciencia organizada por Tecnópole en San Cibrao das Viñas. Irmandamos a Galiciencia co Día da Ciencia na Rúa en A Coruña da man da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. (16:35) O botánico Bernabé Moya alerta sobre os problemas que sofren as árbores sobranceiras e denuncia a agresión ao tei...

Efer 672 (2-5-24): Deseño para a innovación 25.05.2024

Repasamos a historia do deseño galego (15:46) (35:42) ao tempo que asistimos ao VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial. Conversamos con Carmen Bouza (1:48), Javier Cañada e Irene Bazo (17:52) e Uqui Permuy (37:39).

Efer 671 (25-4-24): Copenhague no CINVIGO 19.05.2024

Desde a Porta do Sol de Vigo realizamos o programa cara o público no festival científico CINVIGO. Contamos coa presenza de Miguel Ángel Correa, Margarita Vázquez González, Trinidad Vázquez, Aroa Álvarez e Noel Queipo. Co pianista Juanjo Fernández e os actores Estíbaliz Espinosa e Manuel Fernández representamos sonoramente fragmentos da obra de teatro Copenhague. Que pasou no encontro entre Heisenb...

Efer 670 (18-4-24): Xornadas de Tecnoloxía de Galicia 19.05.2024

(1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa "Fábrica Intelixente" de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA. (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO. (39:06) Patricia Preito é comisaria...

Efer 669 (11-4-24): Viaxe arqueoastronómica ao Antigo Exipto 18.05.2024

(3:21) Lembramos a figura de Peter Higgs con José Edelstein (15:05) O investigador do Instituto Astrofísico de Canarias Juan Antonio Belmonte, ademais de dedicarse ao estudo de exoplanetas, é unha das máximas autoridades en arqueoastronomía, tamén coñecida coma astronomía cultural. En 2004 comezou a estudar a orientación astronómicas dos templos do Exipto Antigo na Misión Hispano-exipcia de arqueo...

Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica 07.04.2024

(5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman. (14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC como investigador Oportunius da GAIN. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidato...

Eclipse e cometa. Guía do ceo de primavera 24 con @astroxabi 07.04.2024

Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.

Efer 667 (28-3-24): Glicosa 06.04.2024

Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias (4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática. (37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica. (32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence...

Protonterapia con Yolanda Prezado [Versión estendida] 26.03.2024

[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS

Mate-glifos [Versión estendida] 26.03.2024

[Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carát...

Efer 666 (21-3-24): O número 666 26.03.2024

(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal f...

Efer 665 (14-3-24): Frass, residuos de insectos para fertilizar o campo 16.03.2024

(2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez. (13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co International Centre of Insect Physiology and Ecology de Kenia sobre o fra...

Efer 664 (7-3-24): Ouro azul do Congo no teu coche 09.03.2024

(2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros. (11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península. (17:19) Darwin comezou sendo coleccionista. (18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos...

Economia ambiental con María Loureiro [versión estendida] 04.03.2024

[Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista...

Efer 663 (29-2-24): Canto baleirarías o peto para loitar contra o cambio climático? 02.03.2024

(2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas . (15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.