Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Primeiro concurso de monólogos científicos en galego 23.05.2022 11:18
Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame "Ciencia Calidade" de Monólogos Científicos.
Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes 15.05.2022 55:20
(2:00) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos. (13:26) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfo...
Efer 594 (27-4-22): As áreas arqueolóxicas como Tourón deteñen os megalumes forestais? 15.05.2022 55:12
(2:31) O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es...
Todo sobre a vindeira eclipse total de lúa con @astroxabi 14.05.2022 11:46
@astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022
Como escribir un relato de inspiración científica para @inspiraciencia 19.04.2022 31:43
[Contido extra] O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspirac...
Efer 593 (13-4-22): A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial "De Lugares e órganos". 15.04.2022 1:03:10
[Versión estendida] Efervesciencia inaugura a 7º edición de "Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela" cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos. No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz,...
Bici, cidadanía e trasporte sostible. Asemblea ConBici 15.04.2022 17:04
Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible.
Efer 592 (6-4-22): Química de vangarda inspirada na natureza 15.04.2022 56:03
(2:28) Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible. (19:33) Con Daniel Pizarro, @tecnocoia, analizamos a novela gráfica "La Bomba" de Alacante, Bollée e Rodier (Norma editorial). (34:27) A química Elena Pazos é investigadora ramón y Caja...
Nunha estrela moi lonxana con Antón Baleato 10.04.2022 13:13
Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida.
Efer 591 (30-3-22): "Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís", Elena Mora 10.04.2022 54:46
(2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola impli...
Desde a covid ata a xeopolítica: O poder das redes complexas co cubano-galego Ernesto Estrada [Versión estendida] 02.04.2022 43:24
[Versión estendida a partir do minuto 24:27] Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan divers...
Guía do Ceo da primavera do 22 25.03.2022 17:45
Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o disco de Nebra. www.efervesciencia.org
Efer 590 (23-3-22): O "paper" de redes complexas dedicado á sogra 25.03.2022 58:59
(2:19) Un cuarto do consumo enerxético dunha vivenda corresponde a quentar auga. Bibiana García Visos, directora da Casa das Ciencias, explícanos os pequenos segredos que se agochan nos nosos fogares. (15:05) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC d...
Efer 589 (17-3-22): Fernando Fraga: O océano na cabeza 16.03.2022 55:53
Imos sacar do anonimato a un dos nosos maiores investigadores do século XX, o oceanógrafo químico Fernando Fraga. Fraga escapaba da prensa. Por iso non hai entrevistas del. Pero nós temos a súa voz...
Efer 588 (9-3-22): Mira para arriba! 11.03.2022 55:09
(2:39) Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa. (14:01): Borja Tosar nunha nova...
"A guerra cancelou o noso estudo clínico", Óscar Mesa de Qualitecfarma 11.03.2022 11:22
Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa.
A rabia [Historias de Virus] 11.03.2022 16:53
Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina. Nesta historia incorporamos fragmentos da dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato "A peor das enfermidades" de María García González que gañou o conc...
A invisible descubridora dos gases invernadoiro 04.03.2022 13:42
Eunice Newton Foot foi a invisible descubridora dos gases de efecto invernadoiro. Coñecemos a súa historia da man da investigadora de predoutoramento Marta López Mozos e o proxecto "Lanternas da Ciencia" do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que coordina Jaime Amaro. Ilustración da miniatura Laura Romero (IG: @laurandcolours)
Conecta Covid: I+D+i galego fronte a pandemia [Gain] 04.03.2022 3:19
No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes. Un dos proxectos de Conecta Covid é Nanofluidetec q...
A pescuda galega da PCR de peto: Nanofluiditec 04.03.2022 26:15
Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow. BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e...
Efer 587 (2-3-22): Be Flow my friend! 03.03.2022 59:17
(3:10) A invasión rusa da Ucraína está afectando xa á exploración espacial. Que vai pasar coa Estación Espacial Internacional? Javier Pedreira "Wicho" fainos un debuxo da situación actual. (11:21) No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionad...
O osiño de Karikó e o ARN, con Lluís Montoliu 23.02.2022 24:07
Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia.
Efer 586 (23-2-22): Unha estrela roxa no nacemento de Rosalía 23.02.2022 59:34
(2:14) Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia. (26:44) Christiane Dosne Pasqu...
Efer 585 (9-2-22): Pioneiras e invisibles da ciencia en Galicia 10.02.2022 58:36
(3:39) A especialista en Historia da Ciencia Xoana Pintos e o xornalista Manuel Rey (con Eduardo Rolland) veñen de publicar sendas obras para visibilizar ás nosas primeiras científicas. Conversamos con eles sobre "Pioneiras da Ciencia en Galicia" e "Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago", ambos libros editados por Galaxia. (45:14) A nosa co...
A promo da tempada 15 06.02.2022 0:28
Promoción da tempada 15 de Efervesciencia na Radio Galega na que facemos un guiño a "Primeira Plana" de Willy Wilder. "E quen vai escoitar o segundo parágrafo?!"
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.