Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Author
Manuel Vicente
Category
Podcast website
Latest episode
Apr 23, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Todo sobre o tránsito de mercurio 03.05.2016 10:38
Na Guía do Ceo de maio de 2016 os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino cóntannos todo o que hai que saber do vindeiro tránsito de mercurio do 9 de maio. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 353 (1-5-16): Medindo a enerxía escura desde Javalambre 01.05.2016 57:54
#geolodía16 @CajalWinter2016 #observatorioJavalambre #tránsitomercurio A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Polbos, espectadores vulnerables nas Cíes 26.04.2016 13:37
O documental "Un espectador vulnerable" recolle o traballo de estudo e protección dos polbos realizado no proxecto "Cefaparques". Documentase con imaxes por primeira vez casos de canibalismo en Octupus Vulgaris na natureza. No ámbito de protección defende a necesidade de crear zonas de reserva para a conservación deste e outros cefalópodos. Conversamos con Ángel Guerra, director do grupo de invest...
Criptografía para comparar listaxes de pasaxeiros 26.04.2016 6:17
É posible saber se un pasaxeiro sospeitoso vai voar en avión sen desvelar a listaxe de pasaxeiros? Si. Aplicando tecnoloxías criptográficas Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, vén de desenvolver unha ferramenta para compartir listaxes de pasaxeiros sen violar a privacidade dos mesmos. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Tele...
Innovando: H2 Hydroponics 26.04.2016 7:14
Na ISS cultívanse leitugas mediante hidroponía. En Galicia temos empresas como H2 Hydroponics. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Parola con Xurxo Mariño e Iolanda Casal sobre a divulgación galega 26.04.2016 21:47
Dámoslle un repaso de arriba a abaixo a divulgación científica en Galicia da man do neurocientífico Xurxo Mariño e a xornalista Iolanda Casal, poñentes do último informe do Consello da Cultura Galega, que precisamente se dedicou a este tema. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 352 (24-4-16): Radiografía á divulgación galega 24.04.2016 57:57
Neste programa íntegro facémoslle unha radiografía á divulgación científica en Galicia da man de Xurxo Mariño e Iolanda Casal, coñecemos o proxecto de conservación de cefalópodos Cefaparques, explicamos como se pode garantir a privacidade e seguridade dos pasaxeiros dos avións e ao tempo compartir listas de sospeitosos de terrorismo, e presentamos a unha empresa pioneira na hidroponía en Galicia....
Adianto "A Divulgación da Ciencia en Galicia" 19.04.2016 6:58
Xurxo Mariño convida aos oíntes de Efervesciencia á presentación do informe "A Divulgación da Ciencia en Galicia" no Consello da Cultura Galega A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Premios de transferencia de tecnoloxía da RAGC 19.04.2016 6:16
O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, preséntanos os II Premios de Transferencia de Tecnología en Galicia. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Epixenética con Roberto Agis 19.04.2016 26:22
A epixenética é a ponte que une a xenética co medio. Por exemplo, só cunha dieta diferente actívanse 500 xenes nas abellas que acaban diferenciando ás raíñas das obreiras. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e co...
Efer 351 (17-4-16): Un post-it sobre o xenoma 17.04.2016 42:46
Imaxinemos que lle damos a dúas persoas un mecano xunto coas súas instrucións. Nun dos manuais introducimos aleatoriamente post-it que non deixan ler parte do texto. Probablemente os resultados finais sexan diferentes aínda que partindo das mesmas instrucións. Dun xeito similar funciona a epixenética. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investi...
Emmy Noether en "Entrevisas no alén" 14.04.2016 14:06
Esta tarde en Efervesciencia contaremos coa raíña das simetrías, porque este é o único programa do mundo mundial que conta con liña directa co alén onde moran as mentes mais privilexiadas da historia mentres os seus corpos crían malvas dous metros baixo terra. Da nosa convidada dixo Albert Einstein que foi o mais significativo dos xenios matemáticos creativos desde que se estableceu a educación su...
Guia do ceo abril 16: Novidades en contaminación luminosa 10.04.2016 15:01
Retomamos a nosa Guía do Ceo cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley. Deste volta abordamos as novidades sobre contaminación luminosa en Galicia dos últimos meses A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
A orixe da vida con Carlos Briones 10.04.2016 28:57
"Hai unha diferenza de 2500 millóns de anos entre a aparición da vida e a da morte na terra" Carlos Briones Conversamos en profundidade con bioquímico Carlos Briones (Centro de Astrobioloxía INTA-CSIC) sobre a orixe da vida ao fío do seu libro "Orígenes: el universo, la vida, los humanos" coescrito con José Mª Bermúdez de Castro e Alberto Fernánez Soto, con quen tamén falamos. A nosa web oficial w...
O cabo Ortegal está niquelado 10.04.2016 8:25
A contorna do cabo Ortegal presenta altos niveis naturais de niquel e cromo segundo os estudos do grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM-CSIC. Ricardo Prego cóntanos como este coñecemento pode axudar á xestión ambeintal e sanitaria. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 350 (10-4-16): Na busca da orixe da vida 10.04.2016 56:25
As últimas teorías sobre a orixe da vida apuntan a que puido ter lugar nunha especie de "lasaña" prebiótica. Conversamos a fondo co bioquímico Carlos Briones do INTA-CSIC sobre a orixe da vida no noso planeta. Ricardo Prego é bioxeoquímico do IIM-CSIC. O seu equipo ven de analizar os metais pesados na contorna do cabo Ortegal. Os nosos estreleiros contánnos as novidades en Galicia na loita contra...
'Contar a ciencia' por GCiencia 05.04.2016 10:19
Pablo López de GCiencia, o portal galego da Ciencia, fálanos do concurso de xornalismo científico "Contar a Ciencia". Esta terceira edición foi presentada cunha aula aberta do xenetista Ángel Carraceda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Sexo dos peixes e xenoma do rodaballo con Paulino Martínez e Antonio Figueras 05.04.2016 30:55
O sexo dos peixes é infinitamente máis interesante e complicado ca o dos anxos. Conversamos con Paulino Martínez Portela, catedrático de xenética da facultade de veterinaria da USC e coordinador do Grupo Acuigen, xenética para a acuicultura e para conservación de recursos biolóxicos. Acuigen xunto co Centro Nacional de Análise Xenética de Barcelona, e o Instituto de Investigacións Mariñas veñen de...
Avance da primeira Regueifa Científica: transxénicos 04.04.2016 9:21
Regueifas de Ciencia son debates intelixentes sobre temas apaixonantes. A USC apadriña este novo formato de divulgación inspirado nos debates estilo Oxford. Dous poñentes por cada bando e un tema polémico. Con votación e preguntas do público en directo A primeira Regueifa versará sobre: Son os transxénicos unha opción valida? Avance con J. M. Mulet, José Luis Yela, Blanca Ruibal e Laura Sánchez Pi...
Wicherías: ExoMars, Naukas Coruña e Nativos Dixitais 03.04.2016 13:40
Sección do microsiervo Wicho, Javier Pedreira, emitida no Efer 349 (3-4-16) A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 349 (3-4-16): O peixe cubista desvela o seu xenoma 03.04.2016 55:59
Se hai un animal picassiano por excelencia, ese é o rodaballo. Este peixe é plano, vive camuflado nos fondos mariños e ten os dous ollos situados na cara que apunta á superficie. Os equipos de Paulino Martínez (USC) e Antonio Figueras (IIM-CSIC) veñen de secuenciar o xenoma do rodaballo, un peixe cuxos misterios xa obrigaron ao mesmiño Darwin a falar del na súa sexta edición da "Orixe das Especies...
Efer 348 (27-03-15): Unha mirada á escuridade 27.03.2016 54:29
"Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan. "O perigo das mascotas nas illas" é a última produción de Divulgare. Unha realidade incómoda que nos contan Luis Navarro e Iván Rodríguez...
Solución #ondeestáMira 27.03.2016 2:14
Desvelamos onde estaba Jorge Mira e sorteamos o exemplar de "¿A que altura está o ceo" A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Agora si Portugal: Centro Ciencia Viva de Guimarães 26.03.2016 7:31
"Curtir a ciencia" e o lema do novo centro interactivo de ciencia de Guimarães. Con Silvio Mendes da Asociación "Viver a Ciência" facemos unha achega rápida a cultura científica en Portugal. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 347 (20-3-16): Formigóns armados 20.03.2016 56:26
"A veracidade dos materiais de construción: formigón, ladrillos e pedra manterase en tódolos edificios construídos ou por construír" Le Corbusier Con Manuel Herrador do Grupo de Investigación en Construción da Universidade de A Coruña falamos sobre a historia do formigón armado. Emilio Molina denuncia o perigo das pseudoterapias que sosteñen que toda enfermidade se cura coa mente. Desvelamos #onda...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.