Manuel Vicente

Efervesciencia

Science GL ↓ 935 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.efervesciencia.org

Author

Manuel Vicente

Category

Science

Podcast website

www.efervesciencia.org

Latest episode

Sep 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 366 (9-10-16): Tres nóbeles e unha medalla Fields 09.10.2016

Debullamos os nóbeles de ciencia 2016 cos mellores especialistas: - Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. - Joaquín Fernández Rossier dirixe o proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL) - A nosa colaboradora Rosa Pedrido, profesora de química da USC Con Eva Rodríguez de SINC conver...

Noite Efervescente e Astrogalicia 2016 07.10.2016

Presentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade da agrupación Sirio e no Náutico de Castrelo de Miño. Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Sirio,e a Liga Provincial de Clubs...

Efer 365 (2-10-16): A que distancia están as estrelas? 02.10.2016

Está ben medida a distancia tradicional ás Pleaides? Que datos achega a misión Gaia? A astrófisica da UdC Minia Manteiga explícanos por que coñecer a distancia as estrelas máis próximas é imprescindible para todas ás áreas da astronomía. Agustín Agra gañou o último Inspiraciencia co relato "Déjà vu" que dramatiza maxistralmente César Goldi. Lluis Montoliu preséntanos o “Acordo de transparencia sob...

Quen era Julio Palacios? 28.09.2016

A curiosidade non matou o gato,senón que sen curiosidade atrofiamos un chisco a nosa mente. Curiosidade como a que tivo o investigador do Instituto de Quimica-Física Rocasolano do CSIC, Josep Mª Oliva cando se dedicou a revisalos números da revista Alemá Annalen der Physik do ano 1926 cando Schrodinguer, o do gato, publicou a fórmula da súa famosa ecuación da función de ondas. Entre estes artigos...

Helfgott, o matemático que deixou o campo base 28.09.2016

O matemático Harald Helfgott resolveu a conxetura feble de Goldbach que levaba aberta desde 1742. Agora xa é un teorema que di que todos os números impares pódense expresar por suma de tres números primos. Conversamos con Helfgott no reitorado da UDC en Coruña no I Simposio Julio Palacios. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colabo...

Ordenadores cuánticos con Ignacio Cirac 27.09.2016

O ordenador cuántico non existe. Aínda. Pero o día que se consiga crear, os códigos criptográficos actuais, entre eles o da túa tarxeta de crédito, quedarán obsoletos. Na teoría sabemos como se podería construír unha desas máquinas - capaz de resolver problemas que se lle quedan grandes aos superordenadores actuais - pero na práctica os sistemas cuánticos se resisten a deixarse manipular. Un dos c...

Palabras pentavogálicas [A chave de cristal] 27.09.2016

Que é A Chave de Cristal? Entre outras cousas unha nova sección efervescente na que imos presentarvos enredos e adiviñas para facer pensar. Xosé Luis Veiga Goy é o mestre de cerimonias e nos deixa un reto para ir quentando neuronas apto para pequenos e grandes: Envíanos as túas frases con palabras pentavogálicas ás nosas redes ou a efervesciencia@gmail.com A nosa web oficial www.efervesciencia.org...

Concurso de Tuinguels 27.09.2016

Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta na nosa melodía #tuinguel Conversamos co compositor Manuel Riveiro e co director do coro Encaixe Manuel Abraldes que serán os encargados de converter os textos gañadores en auténticos jingles musicais. Prazo ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016. Todas as bases en http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/concurso-de-...

Efer 364 (25-9-16): Palacios, Cirac e Helfgott 24.09.2016

Este verán celebrouse na Universidade de A Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios. E ata alí levamos os nosos micros para conversar con mentes brillantes como o especialista en computación cuántica Ignacio Cirac ou o matemático Harald Helfgott que resolveu unha conxetura que levaba aberta desde 1742. Ademais tamén poremos a proba a vosa creatividade con dous concursos que inaugura...

Efer 364 (25-9-16): Palacios, Cirac e Helfgott 24.09.2016

Este verán celebrouse na Universidade de A Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios. E ata alí levamos os nosos micros para conversar con mentes brillantes como o especialista en computación cuántica Ignacio Cirac ou o matemático Harald Helfgott que resolveu unha conxetura que levaba aberta desde 1742. Ademais tamén poremos a proba a vosa creatividade con dous concursos que inaugura...

O encrucillado da avoa [Promo verán 16] 23.07.2016

2 horizontal: Estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade. Sabías que en verán temos sesión dobre efervescente na @radiogalega os sábados e domingos ás 15 h co mellorciño da tempada? A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 363 (10-6-16): Astronomía para gozar este verán 13.07.2016

Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016. Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia. Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo...

6 suxestións astronómicas para este verán [Guía do Ceo] 13.07.2016

Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Corbi Foundation con Luis Martínez 13.07.2016

O mecenado non é algo exclusivo das artes. Tamén na ciencias existen institucións privadas que fan achegas importantes ao mundo da investigación, como por exemplo a fundación Melisa e Bil Gates, ou mais preto de nós a Fundación Pascual Maragall. No MUNCYT da Coruña conversamos co neurocientífico Luís Martínez que é un dos impulsores de Corbi Foundation, unha nova fundación galega que quere impulsa...

De campaña co Oceanográfico da Coruña 13.07.2016

Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Xenomas sincronizados para envellecer ben 13.07.2016

Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo de medicina xenómica da USC - é a primeira asinante dun artigo que se ven de publicar esta semana en Nature. Neste traballo dan conta da importancia da "sincronización" entre os dous xenomas que portamos nas nosas células - o nuclear e o mitocondrial -cara a un mellor proceso de envellecemento. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efer...

Efer 331 (7-6-15): Biocerámicas de dentes de tiburón e outras historias de biomateriais 11.07.2016

Emprendemos unha viaxe fascinante desde os primeiros implantes dentais nos inicios da nosa época, ata os biomateriais de 3ª xeración que nos achegan á medicina rexenerativa da man da Rede Galega de Biomateriais. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Xuvenciencia en AMS Labs 06.07.2016

En AMS Labs realizan todo tipo de ensaios na roupa que vestimos para que chegue a nós sen fraudes, cumprindo a lexislación e as medidas de seguridade e saúde. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Xuvenciencia en Xenética Fontao 06.07.2016

Acompañamos á rapazada de Xuvenciencia na súa visita á empresa pública Xenética Fontao, de onde parten a maior parte das doses seminais de vacún que se venden en Galicia. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 362 (3-8-16): Especial Xuvenciencia 03.07.2016

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia ao Campus Científico de Verán Xuvenciencia en Lugo. Compartimos aventuras coa rapazada participante e visitamos con eles desde unha operación nun quirófano ata a selección de seme vacún en Xenética Fontao pasando por unha análise de calidade textil de AMS Lab. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram...

Juno xa está as portas de xúpiter con @wicho 29.06.2016

Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Invento para ver ben polo telescopio 29.06.2016

Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Kit de argumentación con Blanca Puig e Christian Plantin 29.06.2016

Podemos vivir nun mundo sen abellas? Este un dos casos que propón ao alumnado Blanca Puig para ensinar a argumentar cientificamente na aula. Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e con Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2 e especialista en argumentación. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesk...

Efer 361 (27-06-16): Aprender a argumentar e razoar científicamente 27.06.2016

Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2, en como ensinar a argumentar en ciencias. Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da...

Ondas gravitacionais e o motor de curvatura con Alcubierre 20.06.2016

LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar a velocidades hiperlumínicas ao máis puro estilo Star Trek. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.