Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Author
Manuel Vicente
Category
Podcast website
Latest episode
Apr 23, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
En 2018 seguimos a necesitar o Día da Muller e a Nena na Ciencia 11.02.2018 13:34
Inauguramos sección de dedicada á Muller na Ciencia da man de Joana Magalhães falando da celebración do "11 de febreiro" con Gloria Brea. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 424 (4-2-18): Biodiversidade, escaravellos e cambio climático con BIBICI-USC 10.02.2018 55:57
Visitamos ao grupo de investigación da Universidade de Santiago BIBICI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación de Invertebrados). Andrés Baselga, Carola Gómez e Adrián Castro veñen de publicar un traballo onde amosan cales son os patróns globais de distribución das especies e de como se poden ver afectados polo cambio climático. O catedrático de matemática aplicada na Universidade Carlos III...
Efer 423 (28-1-18): Para que valen as patentes? 07.02.2018 57:56
Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín. Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación? Andreu Climent preséntanos a i...
Tornasol, Castafiore e a xordeira 07.02.2018 5:11
Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Signos astronómicos para xordos [Guía do Ceo] 07.02.2018 24:10
Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018. Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos tanto para xordos como oíntes a tradución española do "Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Si...
"As patentes non son secretas" con Montserrat Camiña 07.02.2018 20:41
Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación? A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescent...
Ciencia ao parlamento 07.02.2018 8:13
Andreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido. https://www.cienciaenelparlamento.org/ @Cienciamento A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
As redes sociais axudan a reforzar as linguas minoritarias? 22.01.2018 10:10
O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes. Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez. A nosa web oficial www.eferv...
Se fumas cánnabis o día anterior, dá positivo o test de tráfico? Conversa con Manuel López-Rivadulla 22.01.2018 28:33
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efer...
Cazado un rarísimo raio azul no sol en Loiba 22.01.2018 10:20
A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal que nos explica como chegou a capturar este fenómeno tan estraño. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 422 (21-1-18): Os test de drogas ao volante 21.01.2018 57:09
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense. A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo...
Iluminación artificial contra os colonizadores da pedra 19.01.2018 31:08
As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao D...
O vaso de viño diario saudable é un mito [Deborah García Bello] 19.01.2018 8:01
Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Tes máis información aquí http://dimetilsulfuro.es/2017/09/26/una-copita-de-vino-es-buena-para-el-corazon-claro-que-si-guapi/ A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/e...
O deseñador da portada de Science máis importante do ano 19.01.2018 7:59
A portada do número de Science dedicado ao achado do ano 2017 - as ondas gravitacionais - é do deseñador e ilustrador Álvaro Valiño. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
O cheiro a choiva [Moléculas en Galego] 19.01.2018 2:13
En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de "Moléculas en Galego" Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Novos materiais que permiten refrixerar con sólidos 19.01.2018 17:53
Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen u...
Láser para fabricar prototipos de vasos sanguíneos 19.01.2018 6:47
A física da USC María Aymerich desenvolve dispositivos microfluídicos que simulan vasos sanguíneos mediante ablación láser para o estudo de enfermidades coronarias e tumorais Este traballo mereceu o premio de investigación 2017 para menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colabora...
O evasivo refuxo dos osos pardos na idade de xeo [Axencia SINC] 19.01.2018 8:40
Con Eva Rodríguez da Axencia SINC conversamos coa investigadora da Universidade da Coruña Ana García Vázquez sobre a presenza do oso pardo na península ibérica os últimos 10.000 anos. A súa investigación xenética e de fósiles determina que o refuxio climático dos osos nas épocas frías non estaba na península en contra do que se cría. Haberá que ollar para Francia? Aquí tedes a nova de SINC http://...
É o glifosato seguro? con Deborah García Bello 19.01.2018 8:36
A evidencia científica di que o uso do glifosato é seguro. Entón, de onde vén o amplo rexeitamento desde os grupos ecoloxistas a este herbicida que é o mais utilizado no mundo? Nolo conta Deborah Garcia Bello. Mais información aquí https://culturacientifica.com/2017/10/19/prohibir-los-herbicidas-glifosato-anteponer-la-ideologia-la-evidencia-cientifica/ A nosa web oficial www.efervesciencia.org En...
Quen determinou que 38ºC é febre? [Ciencia para andar por casa] 19.01.2018 7:29
Bibiana García Visos na súa sección "Ciencia para andar por casa" cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC, e ata 37,7 febrícula. A cousa remóntase a mediados do século XIX, cando o médico alemán Carl Wunderlich comezou a realizar os seus estudos de... A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.m...
Efer 421 (14-1-18): Refrixerantes sólidos contra o efecto invernadoiro 18.01.2018 58:26
Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen u...
Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello 10.01.2018 57:25
As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao D...
Efer 419 (31-12-17): Necesitamos ver para facer astronomía? 31.12.2017 56:28
Esta última entrega efervecente do ano vai ser a mais paradoxal da décima tempada de Efervesciencia. Durante medio programa imos contarvos como recuperar o gozo de ollar pro ceo a ollo espido cun caderno e un lapis nas mans e na outra metade habemos convencervos de que podemos prescindir dos nosos ollos pra facer e divulgar astronomía. Os protagonistas destas historias son Leonor Ana https://www.a...
Efer 418 (24-12-17): A ciencia avanza que é unha barbaridade 2017 27.12.2017 56:30
Especial coa mellor ciencia do ano 2017 segundo a escolma de Science comentada polos colaboradores efervescentes Deborah García Bello, Borja Tosar, Rosa Pedrido, Bibiana García Visos e Irene Baspino. Para comentar o achado do ano, xunto José Edelstein incluímos unha entrevista a Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de d...
Efer 418 (24-12-17): A ciencia avanza que é unha barbaridade 2017 27.12.2017 56:30
Especial coa mellor ciencia do ano 2017 segundo a escolma de Science comentada polos colaboradores efervescentes Deborah García Bello, Borja Tosar, Rosa Pedrido, Bibiana García Visos e Irene Baspino. Para comentar o achado do ano, xunto José Edelstein incluímos unha entrevista a Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de d...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.