Manuel Vicente

Efervesciencia

Science GL ↓ 935 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.efervesciencia.org

Author

Manuel Vicente

Category

Science

Podcast website

www.efervesciencia.org

Latest episode

Sep 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Discriminación de nais investigadoras: "Necesitamos unha lei galega" [Versión estendida con De la Fuente e Gago] 21.03.2021

[Versión estendida] María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexandra Lago é investigadora do departamento de xeociencias da Universidade de Vigo. María e Alejandra teñen en común que son nais e investigadoras. Aínda hoxe teñen ambas teñen sufrido convocatorias que penalizan o tempo de maternidade nas súas carreiras científicas. Conversamos con elas...

A descoñecida orixe da sida: África en 1908 [Historias de virus] 21.03.2021

Historias de virus: Habelos hainos. A orixe do VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse en Francia, pero a verdadeira orixe deste virus está en África a principios do século XX. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 550 (11-3-21): Científica ou nai? 21.03.2021

[2:37] Jimena Fernández de la Vega foi unha investigadora pioneira en moitos ámbitos. Foi das primeiras licenciadas da USC, investigadora no estranxeiro e das introductoras da xenética moderna en España. A Real Academia Galega de Ciencias decidiu homenaxear neste 2021 a figura de Jimena. Anxela Bugallo é a biógrafa de Jimena Fernández de la Vega no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega. [...

Efer 549 (4-3-21): Monográfico Perseverance con Fernando Abilleira e Jesús Martínez Frías 14.03.2021

Monográfico Perseverance coa colaboración de Borja Tosar. Versión estendida coas entrevistas completas [2:52] Fernando Abilleira é o director de deseño e operación, e subdirector de voo da misión Mars 2020 de Perseverance. Da man deste enxeñeiro do JPL-Nasa de ascendencia galega coñecemos polo miúdo os desafíos técnicos desta misión que vai pescuda indicios de vida pasada no planeta vermello. [33:...

Os videos trola "deep fake" [Algoritmo poeta] 09.03.2021

Leonor Parcero e Susana Ladra analizan no “Algoritmo poeta” os vídeos trola. Déixannos unha idea quizais desacougante, canto máis melloran os algoritmos que detectan os “Deep fake”, mellor se comportan os algoritmos que os crean. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 548 (25-2-21): O exoesqueleto virtual para a industria 4.0 creado en Galicia 09.03.2021

[0:58] Día de Rosalía [6:32] Leonor Parcero e Susana Ladra analizan no “Algoritmo poeta” os vídeos trola. Déixannos unha idea quizais desacougante, canto máis melloran os algoritmos que detectan os “Deep fake”, mellor se comportan os algoritmos que os crean. [29:06] A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Arjerey, preséntanos a III convocatoria do programa IGNICIA que apoia as grupos...

A doenza da fita amarela [Historias de virus] 09.03.2021

Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Covid. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://...

Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables 09.03.2021

[3:14] Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho” [16:43] O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África. [43:36] Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos s...

Pescuda de novas partículas no LHC. Entrevista completa con Xabier Cid. 07.03.2021

En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da mater...

Polarización, redes e evolución pandémica 07.03.2021

Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri. A nosa web oficial www.efe...

Efer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC? 07.03.2021

(4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores. (17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. O...

Neurociencia, microbiota, covid persistente... Entrevista completa con @svillapol 06.03.2021

[Versión estendida] Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedad...

Como se fixo o ensaio preclínico da aplidina, con Adolfo García Sastre [Vers 06.03.2021

[Versión estendida] O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalm...

Ler en exteriores aumenta o contraste, con José Manuel Alonso [Versión estendida] 06.03.2021

[Versión estendida] Non é mesmo ler en branco sobre negro que negro sobre branco. Nen tampuco é o mesmo contraste en exteriores que en interiores. Versión estendida da nosa conversa con @JoseMan95367332 A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 545 (4-2-21): As secuelas tras a fase aguda da Covid con Sonia Villapol 01.03.2021

Estaremos neste programa en Houston e Nova Iork. (3:24) O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que sup...

Efer 544 (28-1-21): A patente que extrae antiséptico do bagazo do albariño 18.02.2021

(1:46) As consecuencias do confinamento duro nas aves poden ter signos opostos segundo nos comenta o noso paxareiro Nacho Munilla. Convidamos tamén ao biólogo Tino Quintela que en breve comezará na Universidade de Vigo un contrato Marie Curie para estudar organismos dos solos degradados tropicais en Borneo. (2:56) Previa da Regueifa de Ciencia “Estamos a crear un mundo tóxico?,” con Moisés Canle,...

Carolina Moreno: "Detectamos que o público demanda humildade aos comunicadores de ciencia" [CONCISE Versión estendida] 14.02.2021

[Versión estendida] O proxecto CONCISE H2020 estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias. Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.or...

Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño 14.02.2021

(3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á expos...

"Os curandeiros de África, aquí son os do 5G e as vacinas" César Muñoz Fontela [Versión estendida] 16.01.2021

[Versión estendida en podcast] O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das no...

Oportunidade única de ollar Urano cos teus ollos [Guía do ceo] 16.01.2021

Urano é un planeta tan difícil de atopar no ceo que tan so puido ser descuberto co uso do telescopio por William Herschel. Pero agora os noso estreleiros, Pawley e Baspino, dannos unha pista para atopalo facilmente a vindeira semana. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta 14.01.2021

(2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet” (13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender d...

Efer 539-540 (1-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 1] 11.01.2021

Versión estendida da primeira parte do programa especial de aninovo, que se emitiu o 1 de xaneiro de 2020. Sen dúbida as vacinas son o achado científico do ano. Falaremos delas coa catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África Gónzalez. Pero tamén abordaremos a outra ciencia que se fixo no intenso 2020. Fieis a nosa tradición tomaremos como referencia a escolma que fai a revista Scienc...

A peluxe do embigo [Ciencia para andar por casa] 10.01.2021

Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa” A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Efer 538 (24-12-20): Como ven as adolescentes galegas a profesión científica 10.01.2021

(4:01) Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa” (14:47) Xuvenciencia analizou en “A Ciencia como profesión” os estereotipos e os prexuízos de xénero nas carreiras científicas nunha enquisa a 700 escolares de ESO, BAC e FP de 31 centros galegos. Unha das conclusións é que as rap...

Fusobacterium, cara bonita pero malas compañas [Circo de bacterias] 05.01.2021

O Fusobacterium semella un pasaxeiro inofensivo do noso microbioma que temos na boca, ou na vaxina. Pero malia a súa cara bonita, esta bacteria anda con moi malas compañas e iso agora sabemos que non é casualidade. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/ef...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.