PontevedraViva Radio

Conversas na Ferrería

News PT ↓ 255 episodes

En el podcast 'Conversas na Ferrería' la protagonista es la tertulia, un espacio para conversar. Son tertulias sobre lo que sucede, sobre lo que preocupa, sobre lo que suscita curiosidad o simplemente de aquello de lo que apetece charlar un rato. Porque para conversar, nos sobran los motivos. Con Marisa Ciordia

Author

PontevedraViva Radio

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Conversas na Ferrería #30: 25N. En que estamos a fallar? 24.11.2016

Os cinco convidados nestas Conversas na Ferrería déixannos moi interesantes reflexións sobre a violencia de xénero. Abordamos este gravísimo problema social desde o punto de vista educativo; o que achega Rubén Torres, doutor en Educación, psicopedagogo, profesor e autor dunha tese sobre  a "Construción da masculinidade na adolescencia". Desde o punto de vista da publicidade, que expón Ismael Calvo...

Conversas na Ferrería #29: Que pasa co sistema de pensións? 17.11.2016

Bombardéannos coa mensaxe de que o "peto" das pensións esgótase, e a moi curto prazo; pero, son válidos os argumentos de que o aumento da esperanza de vida, o investimento da pirámide poboacional, ou que hai poucos cotizantes, son os responsables dese futuro pesimista?. As conclusións neste Conversas na Ferrería non chegan ao mesmo termo. Acompáñannos Vitoria Portas, diplomada en Relacións Laborai...

Conversas na Ferrería #28: Vacinas a debate 10.11.2016

Que evita unha vacina? que efectividade teñen? debería ser obrigatorio por lei? que se argumenta desde os movementos antivacunas? son completos os calendarios de vacinación? porqué non se está administrando o reforzo da vacina da tose ferina?...son algunhas das cuestións que expoñemos nestas Conversas na Ferrería con María José Faraldo, responsable de Epidemiología do CHOP; Vitoria Portas e Víctor...

Conversas na Ferrería #27: Que facemos coas cinzas? 03.11.2016

O pasado outubro a Instrución "Ad resurgendum cum Christo" da Congregación para a Doutrina da Fe, foi motivo, cando menos, de moitos debates. A prohibición por parte do Vaticano de esparcir a cinzas dos defuntos, conservalas en casa, dividilas ou convertelas en pezas de xoiería, etc...puxo en cuestión a decisión final dos familiares: seguir as instrucións da Igrexa ou as da persoa falecida. Nestas...

Conversas na Ferrería #26: Superpunky 27.10.2016

Aproveitando o día da estrea de "Superpunky" charlamos co seu director Pablo Cacheda; co axudante de dirección Xabi Leiro, con Manuel Rey e Pablo Lois colaboradores neste proxecto. Todos están implicados neste curto musical, que foi o primeiro en rodarse en Pontevedra. Como foi o antes, o durante e o despois; dificultades e facilidades para sacar adiante este proxecto...unhas Conversas de cinema e...

Conversas na Ferrería #25: Pais a partir dos 40 20.10.2016

As estatísticas sinalan que na última década está a rexistrarse un progresivo aumento de mulleres que son nais despois dos 40 anos. Na UE, italianas e españolas son as mamás primerizas de maior idade; cunha media de máis de 35 anos e aumentando o número que pasa os 40. Abrimos o debate sobre maternidade e paternidade pasada esa idade. Acompáñannos nestas Conversas na Ferrería Olga Fontán, María Go...

Conversas na Ferrería #24: Ensinanzas artísticas 13.10.2016

O sistema educativo progresivamente relega as ensinanzas artísticas. En Pontevedra, desde a iniciativa privada, xurdiu unha "escola de artes". Leva por nome Bonobo e está integrada por músicos, actrices, guionistas, fotógrafos e debuxantes. Un grupo de mozos que se propón descubrir, ensinar e fomentar esas posibilidades creativas con moito entusiasmo. Gonzalo Maceira, Rocío Romero e Violeta Mosque...

Conversas na Ferrería #23: Menores e novas tecnoloxías 22.09.2016

Teñen entre doce e nove anos, pertencen a unha xeración que domina as novas tecnoloxías. Julia Pedras, Sara Fontán, xunto a Ramón e Jacobo Pedras cóntannos nestas Conversas na Ferrería que dispositivos manexan habitualmente e para que, cando e como os utilizan.

Conversas na Ferrería #22: Un verán aos topes 25.08.2016

Rúas, prazas, terrazas,...Pontevedra leva mostrando este verán unha estampa de bulir de persoas.  Esta estampa está a ter reflexo nos negocios da cidade? Conversamos con algúns deles para saber se efectivamente, está a ser un verán moi rendible. Miramos tamén á repercusión económica das festas da Peregrina. Acompáñannos Olivia Iglesias, empregada da Tapería Os Carballos; Julio Barral propietario d...

Conversas na Ferrería #21: Balance da feira taurina da Peregrina 18.08.2016

Concluída a feira taurina, charlamos con Gonzalo Lorenzo, Alejandro Pedras, Pepé Maquieira e Juan Riveiro sobre os festexos celebrados o último fin de semana e a propia feira en xeral. Expoñen cuestións sobre futuras edicións, o impacto económico, detractores, afeccionados, crónicas...volve ser para pechar estas tres últimas Conversas na Ferrería, outra charla intensa. 

Conversas na Ferrería #20: Feria taurina da Peregrina II 11.08.2016

Por segunda semana, charlamos cos nosos interlocutores taurinos da feira da Peregrina iniciada o pasado fin de semana. Chequeamos o primeiro festexo do domingo 7. Un quente debate sobre o encerro de Alcurrucén, a faena dos espadas e a afección. Tamén comentan as expectativas para os carteis previstos ou próximo fin de semana. 

Conversas na Ferrería #19: Feria taurina da Peregrina 04.08.2016

O domingo 7 comeza a feira taurina da Peregrina, Conversas na Ferrería aproveita o momento para falar con varios afeccionados sobre a tempada, os carteis que se pecharon para este próximo domingo e para os días 13 e 14, ademais doutras cuestións relacionadas con estes festexos. Charlamos con Pepé Maquieira, xestor da web Taurophilos; Gonzalo Lorenzo, asesor da Coordinadora de Peñas; Alejandro Pedr...

Conversas na Ferrería #18: Novas formas de dar a luz 28.07.2016

Este 2016 e o pasado 2015 o Ministerio de Sanidade premiou os procedementos que segue o equipo de Obstetricia do Hospital do Salnés e incluíunas na súa guía de boas prácticas. O seu obxectivo é que o momento do parto sexa o máis normalizado e natural posible. María González e Inés Blanco contan nestas Conversas na Ferrería como é este traballo que realizan. Unhas matronas que rompen antigos estere...

Conversas na Ferrería #17: Viaxamos estas vacacións? 21.07.2016

Folgas nos medios de transporte?, subidas dos carburantes?, perdas de equipaxes?, atentados ou conflitos bélicos?, mellora das economías domésticas?... falamos desas circunstancias que con maior ou menor frecuencia repítense ou se producen nos meses estivais e que poden condicionar as viaxes previstas nas vacacións. Nestas Conversas na Ferrería acompáñannos Conchi Pereiro, administradora de Viajes...

Conversas na Ferrería #16: Mundo runner 07.07.2016

Sexa inverno ou sexa verán, os aficionados a correr calzan as zapatillas e toman rúas e parques. É o mundo runner. Xunto co preparador fisico de GV Sport, Toño Ventín; a concelleira Anabel Gulías e o xornalista Anxo Barros, ambos os dous runners, falamos desta actividade física. Como adestrar desde as primeiras sesións ata a participación en maratóns. A proliferación de carreiras populares, de equ...

Conversas na Ferrería #15: Convivencia nas praias 30.06.2016

Entrados no verán  miramos ás praias. Falamos de tolerancia e convivencia ante a presenza ou ausencia de cans; de areais libres de fume; de atención e cumprimento ás recomendacións dos socorristas; de respecto ambiental, de praias téxtiles e nudistas...e outras tantas situacións máis que cada ano se repiten. Charlamos con Marcos Fandiño, patrón das embarcacións de salvamento e socorrista; con Vict...

Conversas na Ferrería #14: Que facemos cos nenos no verán? 23.06.2016

Esta semana os escolares terminaron as clases, e agora, que facemos cos nenos? As vacacións poden converterse noutra preocupación para os pais. Para moitos supón un problema conciliar estes días coa vida laboral. Campamentos, ludotecas son unha boa alternativa para que os nenos gozen mentres o seu pais traballan aínda que a máis socorrida é a axuda dos avós. De todos estes temas falamos nunha nova...

Conversas na Ferrería #13: O vídeo do que todo o mundo fala en Pontevedra 16.06.2016

Non hai parámetros que determinen cando un vídeo é viral ou non; ó unha fórmula exacta para conseguir que esas gravacións consigan ser visualizadas por miles ou millóns de persoas. O certo é que a chegada dos smartphone fixo que calquera situación poida ser captada por calquera, como o recente de vídeo de contido sexual que nas últimas semanas corre como a pólvora por whatsapp. Aínda que a lei vix...

Conversas na Ferrería #12: A derradeira PAU? E despois? 09.06.2016

Uns once mil estudantes realizan estes días as Probas de Acceso á Universidade (PAU), a coñecida selectividade. Segundo a previsión do Goberno en funcións sería a última. A partir do próximo curso, segundo a LOMCE - recorrida pola oposición -, realizarían unha avaliación final de Bacharelato, obrigatoria para obter o título de estudos Secundarios e para acceder á Universidade. Expomos esta PAU - c...

Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico 02.06.2016

As Conversas na Ferrería miran ao sector turístico de Pontevedra, o chequeamos con Patricia Sierra, directora do Hotel Galicia Palace, con Francisco González, presidente do Clúster de Turismo de Galicia e xerente do Hotel Nanin de Sanxenxo; e con Francesco Giannelli, propietario do restaurante Il Piccolo e vogal da recente asociación HOEMPO.

Conversas na Ferrería #10: Voluntario en campos de refuxiados 26.05.2016

"A frustración e a esperanza camiñan ao mesmo lado", é unha frase que o pontevedrés Pedro Rial deixa nestas Conversas na Ferrería para ilustrar a situación que se vive nos campos de refuxiados onde "subsisten" os sirios que fuxieron daquel país, en guerra desde hai máis de cinco anos. Viviu a experiencia como voluntario en Ritsona, no Pireo grego; estes días volve alí de novo. Daniel Rivera, urugu...

Conversas na Ferrería #9: Día das Letras Galegas 19.05.2016

Con motivo da celebración das Letras Galegas, miramos precísamente a "este material" co que traballan os nosos convidados de estas Conversas na Ferrería. Sobre literatura actual en galego falamos cos escritores Ledicia Costas, Xesús Constela e Alex Alonso.

Conversas na Ferrería #8: Os adolescentes toman a palabra 12.05.2016

Teñen entre 14 e 16 anos. Conversas na Ferrería xa falara deles, pero nesta ocasión son eles os que falan de si mesmos. Gústalles como os adultos se refiren aos adolescentes? A que dedican o seu tempo libre? Que queren facer co seu futuro? Ata que punto están enganchados ás redes sociais? que relación manteñen cos seus pais? como ven e reaccionan ante actitudes machistas ou de acoso?. Inés Piñeiro...

Conversas na Ferrería #7: 26 de xuño: de novo a votar 05.05.2016

Nestas Conversas na Ferrería, xunto a unha empresaria, Lucía Pedroso; un sindicalista, Moncho Vidal; e un ex cargo político, José Antonio García Lores, charlamos sobre a próxima convocatoria de eleccións xerais: era algo previsible? en que lugar quedan os responsables políticos nesta tesitura? está desilusionada a cidadanía? produciranse cambios tras as xerais?

Conversas na Ferrería #6: Doar sangue, órganos e tecidos 28.04.2016

Xa van seis anos e o sábado 30 de abril sae a Pontevedradada, unha marcha solidaria para concienciar sobre a doazón de sangue, de órganos e tecidos. Desta decisión que salva vidas falamos nestas Conversas na Ferrería; con Ángeles Pazos, responsable de prensa da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos; e con Celso García, presidente de Asociación de Doantes e Receptores na provincia. 

Listen to the Conversas na Ferrería podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.