AGalegaAudio
As claves do día
Luís Ojea analiza os titulares da xornada
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
As claves do luns con Luis Ojea 23.02.2026 14:11
Acto de conmemoración do segundo aniversario da vitoria de Alfonso Rueda en Galicia. Pedro Sánchez aparece en precampaña en Ponferrada. Ecos do acto nos partidos integrantes de Sumar sen Yolanda Díaz, vaga de violencia en México tras ser abatido o narco "El Mencho".
As claves do venres con Luis Ojea 20.02.2026 15:23
Andrés de Inglaterra detido en relación co caso Epstein; novas declaracións do avogdao da denunciante do xa exnúmero dous da Policía Nacional, reaccións políticas; reaccións nos partidos á proposta de Gabriel Rufián. Ouro histórico no eski español nos XXOO de MIlano-Cortina.
As claves do xoves con Luis Ojea 19.02.2026 15:32
Incendio con feridos en Recimil, Ferrol; reaccións á denuncia por agresión sexual contra o que era DAO da Policía Nacional; acto de Gabriel Rufián e Emilio Delgado para repensar a esquerda e loitar contra o avance da ultradereita; Pedro Sänchez responde a Felipe González e analiza os resultados de Estremadura e Aragón por primeira vez.
As claves do mércores con Luis Ojea 18.02.2026 13:59
Dimite o DAO da Policía Nacional tras admitirse a trámite unha denuncia contra el por presunta agresión sexual dunha subordinada; acto de conmemoración da Constitución Española do 78 por ser a máis lonxeva do país, a presenza de González, Yolanda Díaz critica no persoal ao presidente da patronal CEOE
As claves do martes con Luis Ojea 17.02.2026 13:34
Previa do acto no Congreso sobre a Constitución do 78, que será a máis lonxeva da historia de España. Acto de sinatura da suba do SMI na que Sánchez lle pide á patroal que paguen máis, Yolanda Díaz alaba o presidente do Goberno, novo anuncio en materia de vivenda de Pedro Sánchez, datos do CIS, Junqueras pecha a porta á proposta de Rufián e Podemos di que non irá nin ao acto de Rufián nin ao de Su...
As claves do luns con Luis Ojea 16.02.2026 10:35
Críticas cruzadas no seo do PSOE entre cúpula e Felipe González e cúpula e Emiliano García Page; Alberto Núñez Feijóo dise disposto a pactar cuestións puntuais con Vox con límites na Constitución, enquisas de La Razón e El Español
As claves do venres con Luis Ojea 13.02.2026 18:19
Rescate dun menor no Barco que se lanzou ao Sil por unha pelota; efectos do temporal nas estradas e nos ríos; a lei de multirreincidencia sae adiante no Congreso cos votos do PSOE, Junts, PP e Vox e coa abstención de ERC; Óscar López bótalle a culpa do resultado de Alegría en Aragón ao que fixo o finado Lambán, controversia sobre unha cumia previa ao cumio europeo de Bélxica con queixas de España...
As claves do xoves con Luis Ojea 12.02.2026 59:56
Efectos borrasca Nils nas estradas e trens en Galicia e nos ríos. Ecos do pleno no Congreso no que compareceu Pedro Sánchez para falar dos accidentes ferroviarios de Adamuz e Gelida, refundación da esquerda á esquerda do PSOE con Rufián por un lado e os de Sumar por outra, situación de Estremadura
As claves do mércores con Luis Ojea 11.02.2026 16:32
Efectos borrasca Nils en Galicia, Sánchez comparece no Congreso para falar de accidentes ferroviarios, González fala e critica a Sánchez, Vox dille non a María Guardiola, os partidos de Sumar presentarán plataforma, dúbidas sobre o liderado de Yolanda Díaz e a plataforma de Rufián
As claves do martes con Luis Ojea 10.02.2026 10:39
Reaccións dos partidos ás autonómicas aragonesas. PP téndelle a man a Vox pero non a cambio de calquera cousa; Vox di que quere consellerías e orzamentos e o PSOE di que o PP multiplica a Vox coma os gremlins. Negativa dos partidos á esquerda do PSOE á proposta de Rufián de facer unha plataformar.
As claves do luns con Luis Ojea 09.02.2026 18:46
Resultados das eleccións en Aragón, resultados das eleccións presidenciais en Portugal, día de folga en Renfe en España un día despois de que se restablecese a normalidade dende Vigo, situación dos ríos, reconstrución da Muralla de Lugo tras caer unha parte.
As claves do venres con Luis Ojea 06.02.2026 23:39
Repaso polos efectos da borrasca Leonardo en Galicia e no resto de España coa suspensión de trens con orixe e destino en Vigo e extensión liña convencional Ourense-Santiago; Fco Salazar no Senado, acusacións de presunto acoso sexual e laboral alcalde de Móstoles, do PP, a ministra Sira Rego propón prohibir X, antiga Twitter.
As claves do xoves con Luis Ojea 05.02.2026 21:40
Efectos da borrasca Leonardo en Galicia e Andalucía, reaccións ao anuncio de Pedro Sánchez sobre redes sociais, a ministra de Vivenda fdi que lle gustaría aplicar o artigo 155 a Madrid, o PSOE de Aragón usa chamadas para asustar os pensionistas
As claves do mércores con Luis Ojea 04.02.2026 13:32
O Goberno recúa, despeza o decreto ómnibus e cede co PNV en tema de desafiuzamentos o que enfada a Podemos. Junts di que non apoiará o chamado escudo social. Sánchez anuncia a intención do seu Goberno de prohibir as redes sociais a menores de 16 anos enfróntase cos donos das redes.
As claves do martes con Luis Ojea 03.02.2026 12:57
A Xunta ameaza ao Goberno cos tribunais a conta do caso AP-9; comparecencia de Núñez Feijóo na comisión da dina no Congreso, varios medios din que o Goberno despezará o decreto ómnibus para revalorizar as pensións, reaccións ao asasinato machista de Mos
As claves do luns con Luis Ojea 02.02.2026 13:23
Primeira vítima mortal en Galicia de violencia machista: María Belén, veciña de Mos. Declaracións do presidente do Goberno nun mitin en Aragón e tamén do presidente do PP a conta da revalorización das pensións e a regularización de persoas migrantes. Declaracións de Irene Montero sobre "gran reemprazo",
As claves do venres con Luis Ojea 30.01.2026 15:29
Funeral católico en Huelva polas vítimas do sinistro ferroviario de Adamuz, comparecencia do ministro de Transportes no Senado, o Constitucional admite a trámite recurso do Goberno contra medidas da Xunta en materia de repotenciación eólica e dependencia.
As claves do xoves con Luis Ojea 29.01.2026 17:09
Repaso situación estrada e ríos en Galicia polo paso da borrasca Kristin; a renuncia á súa acta de deputado de José Luis Ábalos, un feito que lle facilitaría ao PSOE algunhas votacións no Congreso; tirapuxa dialéctica entre Goberno e PP polo decaemento da suba das pensións
As claves do mércores con Luis Ojea 28.01.2026 17:56
Situación dos ríos e das estradas polos coletazos de Joseph e a inminencia da borrasca Kristin, Puente vs presidente da comisión de investigación ferroviaria, derrota do Goberno no Congreso co decreto ómnibus
As claves do martes con Luis Ojea 27.01.2026 21:00
Entrevista con técnico da AXEGA por borrasca Joseph, informe preliminar CIAF sobre Adamuz, situación Rodalies, regularización anunciada por Podemos que se aproba por real decreto , as pensións no decreto ómnibus
As claves do luns con Luis Ojea 26.01.2026 15:10
Alerta vermella por chuvias intensas en 16 concellos do interior de Pontevedra nos que se suspenderon as clases, suspendidas por condicións meteorolóxicas o tren Ourense-Santiago e Ourense -Vigo e Ferrol-Oviedo. O PP pide dimisión de Óscar Puente tras información de El Mundo, o presidente do Goberno defende ao ministro Puente, caos nos Rodalies de Cataluña
As claves do venres con Luis Ojea 23.01.2026 29:54
Última hora da borrasca Ingrid que deixa nevaradas en Ourense e afectación en Lugo e interior de Pontevedra. Rolda polas delegacións e enviados a puntos da rede viaria galega, entrevista co xerente da AXEGA e tamén información sobre o sinistro de Adamuz, localización de todos os cadáveres e datos da investigación.
As claves do xoves con Luis Ojea 22.01.2026 14:31
Comparecencia do ministro de Transportes, Óscar Puente, para dar detalles sobre o sinistro ferroviario de Adamuz e o de Gelida; limitación da velocidade en varios tramos do AVE, non hai Rodalies en Cataluña porque os maquinistas esixen seguridade
As claves do mércores con Luis Ojea 21.01.2026 14:20
Última hora do sinistro ferroviario en Gelida, limitación da velocidade entre Madrid e Barcelona; última hora sobre o sinistro ferroviario de Adamuz co balance de vítimas mortais, investigacións, audios do maquinista do Iryo e visita dos Reis aos feridos.
As claves do martes con Luis Ojea 20.01.2026 13:48
Última hora do sinistro ferroviario de Adamuz. Balance de vítimas, investigación e a posible rotura dun raíl como causa ou consecuencia, reaccións políticas, mostras de condolencia
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.