AGalegaAudio
A volta a Galicia
Un percorrido polos concellos de Galicia
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Salvaterra de Miño 04.12.2025 2:14
Con Betty das Neves degustamos os caldos do Condado do Tea dende o Museo da Ciencia do Viño, con especial atención aos espumosos, na véspera da celebración da festa dedicada a estes viños
Padrón 03.12.2025 1:46
Visitamos a recoñecida como Vila Máxica de Galicia 2025 e preguntámoslle aos veciños que é o que máis lles gusta do seu concello
Valga 02.12.2025 2:40
O Belén de Valga abre as súas portas un Nadal máis e faino cunha chea de referencias á actualidade política e social e cunha lembranza especial á apagada do 28 de abril
Celanova 01.12.2025 2:28
Visitamos a Casa dos Poetas con Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro como protagonistas
Viveiro 28.11.2025 2:09
A pescada do pincho no porto de Celeiro, o helicóptero Pesca II e a artista Maruja Mallo son temas destacados na nosa visita a este concello da Mariña
Nigrán 27.11.2025 2:00
Coñecemos o proxecto promovido polo Concello para recoller os alcumes tradicionais das familias de Nigrán, que achegan información variada sobre a orixe ou oficios dos veciños
Zas 26.11.2025 0:02
Lembramos a figura do escritor Enrique Labarta Pose, que naceu en Baio en 1863 e a quen chegaron a alcumar ‘o Quevedo galego’, e visitamos as Torres do Allo, un dos primeiros pazos de Galicia
O Porriño 25.11.2025 2:26
Visitamos o único centro que hai en Galicia dedicado a preparar aparellos tecnolóxicos para ser reutilizados ou reciclados, situado no Porriño, un concello con moita industria e no que se asentan diferentes empresas tecnolóxicas.
Barbadás 24.11.2025 1:56
O artesán instrumentista Pablo Martínez recíbenos en Barbadás, onde ten o seu taller de instrumentos tradicionais galegos, que elabora con esmero baixo o lema ‘O son de Galicia feito a man’. Visitamos tamén a escola municipal de gaitas e o Museo da Gaita de Fole deste concello ourensán, que atende o propio Pablo.
Portas 21.11.2025 2:47
Coñecemos un dos veciños ilustres do concello de Portas, Domingo Fontán, matemático, xeógrafo e creador do Mapa Cartográfico de Galicia, que realizou ao longo de 17 anos, entre 1817 e 1834. Afondamos na súa figura cos profesores Alberto Varela e Elena Vázquez e o escritor Alberto Fortes.
Laxe 20.11.2025 0:02
Neste concello da comarca de Bergantiños visitamos o Museo do Mar para descubrir o arquivo fotográfico dos Vidal, con 130.000 imaxes tiradas ó longo de tres xeracións
A Fonsagrada 19.11.2025
Visitamos o concello máis extenso de Galicia para lembrar a dous dos seus grandes embaixadores, o produtor de cinema Julio Rodríguez e o humorista gráfico Forges, a quen o Concello lle prepara un museo que agardan ter listo antes de que remate o ano
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.