AGalegaAudio

Todos os podcast | Mar de ardora

Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Nature

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

10 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Mar de Ardora 9-11-2024 09.11.2024

Como se presentan as campañas da volandeira e da centola? Saberémolo falando co administrador da lonxa de Cambados, Manuel Domínguez, e co patrón do Grove, Antonio Otero. Pulsamos con Eduardo Carreño o malestar dos cerqueiros galegos polo que consideran un trato discriminatorio fronte aos seus colegas do golfo de Cádiz. O director xeral de Espaderos del Atlántico explícanos que podemos agardar da...

Mar de ardora 02-11-2024 02.11.2024

Xusto López Carril contou entre os convidados con: Luís Pérez Barral (alcalde de Ribeira), María José Casais Boo (xerente da Cooperativa de Ribeira OPP83), Antía Alberte Maneiro (concelleira de Cultura de Ribeira) e Marcos Gallego Fernández (director da Mostra). Dentro da programación de actividades paralelas desta 𝐕𝐈𝐈 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 un ano máis gra...

Mar de ardora 26-10-2024 26.10.2024

Neste programa lembramos a loita que os boniterios de Burela emprenderon hai 30 anos contra a utilización de redes de enmalle á deriva. O presidente de AETINAPE, Xosé Manuel Muñiz, fálanos da súa histórica reivindicación de que a xente do mar obteña beneficios fiscais especiais. Falamos da crise da flota do cerco co patrón do "Alborán", Eduardo Carreño. Xavier García Galdo danos unha lec...

Mar de Ardora 21-10-2024 21.10.2024

A confraría de Carreira-Aguiño cumpre cen anos. Falamos da súa historia con José Vicente Domínguez. Entrevistamos á nova directora do Centro Tecnolóxico do Mar, Rosa Chapela. Sabemos máis da Iniciativa Lexislativa Popular para o Recoñecemento e Protección das Actividades Pesqueiras e Marisqueiras en conversa con Xaquín Rubido. O patrón xubilado, Felipe Sar, axúdanos a entender por que diminúan as...

Mar de ardora 14-10-2024 14.10.2024
Mar de ardora 07-10-2024 07.10.2024

Mar de ardora fai un porcorrido pola feira CONXEMAR en Vigo. O patrón maior da confraría de Vilanova, Rosalino Díaz, fálanos das espectativas e dos problemas no comezo da campaña marisqueira na Ría de Arousa, Cúmprense 15 anos desde o secuestro do atuneiro vasco "Alakrana" por piratas somalís no océano Índico.

Mar de ardora 30-09-2024 30.09.2024

O voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños, Torcuato Teixeira, analiza con nós o plan da eólica mariña. Comeza en Vigo o congreso FAO Conxemarbaixo o título "A reponsabilidade do Futuro". Falamos cunha das relatoras, Rosa Chapela, avogada especializada en temas do mar. Coordinadora da Área de Socioeconomía da Pesca no Centro Tecnolóxico do Mar. O experto en pesc...

Mar de ardora 23-09-2024 23.09.2024

Reaccións ao nomeamento do novo comisario de Pesca e Océanos da Unión Europea. A Terceira Xornada de Pesca de Ribeira con varios asuntos no foco. Que porcentaxe de peixe se importa desde fóa da Unión Europea? A flota do litoral, ao límite. O porqué das mareas vivas desta semana con Javier García Galdo.

Mar de ardora 16-09-2024 16.09.2024

O Xerente da Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo danos as chaves da conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca. Estamos coa premiada Asociación Profesional de Redeiras "O Fieltal" de Malpica. O historiador Chisco Fernández Naval fálanos das xornadas para recuperar a memoria da antiga factoría de baleas de Caneliñas que comeza o 19 de setembro, a piques de cumprirse 100...

Mar de ardora 09-09-2024 09.09.2024

Comeza o curso pesqueiro e analizamos os asuntos principais para este cuatrimestre. Que pasou no afundimento do Argos? Falamos con José Vicente Domínguez o primeiro patrón galego que pescou pescada nas Malvinas en 1978. Pechou a sardiña a finais de agosto. E agora que acontece coa flota de cerco? Falamos co voceiro de Acerga e co patrón maior de Cambados. Os sonidarios con Javier García Galdo.

Mar de ardora 02-09-2024 02.09.2024

Conversa con Basilio Otero presidente da Federación Nacional de Cofradías de España. Que pasou no afundimento do Argos? Entrevista a José Vicente Domínguez, o primeiro patrón galego que foi á pescada nas Malvinas en 1978. Pechou a sardiña a finais de agosto. E agora que acontece coa flota de cerco? Falamos co voceiro de Acerga. Continúan as protestas dos mariscadores na Ría do Burgo na Coruña. Fal...

Mar de ardora 29-06-2024 29.06.2024

Programa centrado no mundo do mar, con bloques de noticias, reportaxes, entrevistas e relato de historias humanas

Mar de Ardora 22-06-24 22.06.2024

A sala dos naufraxios, aberta dentro do Museo de Man de Camelle, é a memoria viva do mar e da Costa da Morte: dos fondos mariños, do traballo dos mariñeiros, dos naufraxios e do labor da estación de salvamento. Afondamos no labor desta estación, fundada hai 125 anos, que foi punto de organización de rescate, centro de recepción dos tripulantes dos barcos afundidos e escola de mergulladores. En con...

Mar de ardora 08-06-2024 08.06.2024

Afondamos no último accidente dun pesqueiro galego, o Playa Zahara 2 en augas das illas Fiyi, e revisamos a situación do sector e as peticións lanzadas ás autoridades que saian das eleccións europeas en conversa con Daniel Voces, director xerente de Europêche. No Día Mundial dos Océanos falamos con Xosé Antonio Padín Álvarez, investigador principal do proxecto “Menudo ForoAcui”, sobre caída na pro...

Mar de ardora 01-06-2024 01.06.2024

Achegámonos ó documental “Vogar”, premiado no festival Cine do Mar de Marín. Falamos coa súa directora, Andrea de la Iglesia, e co seu protagonista, Primitivo Pedrosa, patrón de artes menores, que chama a atención sobre as dificultades que atravesa a pesca de baixura. Coñecemos as razóns da convocatoria de folga na inspección de pesca, coa representante de CCOO Sandra González, as reflexións da av...

Mar de ardora 25-05-2024 25.05.2024

Descubrimos as razóns que levan a moitos armadores da baixura a desfacerse das súas embarcacións. Xosé Iglesias, de Malpica, asegura que non hai relevo xeracional e os barcos están a metade de prezo. Analizamos a última edición da feira Navalia co secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, e as expectativas da próxima campaña do bonito co presidente da Asociación de Armadores de Burela, Abelardo B...

Mar de ardora 18-05-2024 18.05.2024

Analizamos a situación de Atunlo, empresa líder na comercialización do atún, que entrou en concurso de acredores, e os problemas noutras industrias transformadoras, coa representante da CIG Mar Vila e o profesor de Economía Aplicada Gonzalo Rodríguez. Achegámonos á VII Xornada Anual de OPMEGA, centrada na comercialización do mexillón, e repasamos algúns problemas do sector pesqueiro cos patróns da...

Mar de ardora 11-05-2024 11.05.2024

O programa afonda no problema da falta de relevo xeracional no sector pesqueiro. O excapitán de pesca e da mariña mercante, Xosé Vicente Domínguez, apunta as razóns polas que faltan traballadores e propón medidas para solucionalo. O director xerente de Opagac, Xulio Morón, fálanos da platafoprma de emprego Empleatún. Ademáis, Pedro Mato, fainos un adianto do que será o Foro do Mar de Malpica, e o...

Mar de ardora 04-05-2024 04.05.2024

A solicitude da Asociación Galega de Depuradoras de Depuradoras de xestionar zonas de marisqueo que non exploten as confrarías xerou unha gran contestación no sector. Buscamos a reacción do patrón maior da Illa, Juan José Rial. Sobre a veda do polbo falamos co vicepatrón da confraría de Muros, Primitivo Pedrosa. O xerente adxunto da Cooperativa de Armadores de Vigo, Hugo González, comenta as modif...

Mar de ardora 27-04-2024 27.04.2024

O programa recolle as reaccións das empresas do sector mar-industria trala decisión do Tribunal Constitucional de avalar a Lei Galega sobre Ordenacion do Litoral. Xusto López Carril entrevista ao presidente de AGARBA, Iván López, para coñece-la súa opinión sobre os plans da UE para limita-la pesca de arrastre. O presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla, explica os problemas de rendibilidade da frota...

Mar de ardora 20-04-2024 20.04.2024

Volven avistarse candorcas na costa galega. O voceiro do CEMMA, Alfredo López, explícanos as razóns. Santiago Pesqueira cóntanos por que está subindo o prezo do peixe. Falamos co patrón maior de Cambados, Alexandre Pérez, sobre a mala campaña da xarda no Cantábrico. O voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca, Torcuato Teixeira, trasládanos as súas impresións sobre a primeira reunión organizada po...

Mar de ardora 13-04-2024 13.04.2024

A escaseza de ameixa e berberecho está colocando nunha situación crítica a moitas mariscadoras. Imos coñecer polo miudo a súa situación en conversa cos patróns maiores de Barallobre, Jorge López Pena, e de Vilanova de Arousa, Rosalino Diaz. Buscamos a reacción da industria conserveira ao anuncio da Unión de Europea da aprobación da convocatoria do PERTE Mar-Industria. Procuramos a opinión do presi...

Mar de ardora 06-04-2024 06.04.2024

O voceiro de ACERGA, Marcial Suárez, fálanos sobre o estado do stock de sardiña e os topes de captura para a frota de cerco, asuntos a debate nas xornadas anuais que organiza a asociación. O biólogo Alfredo López, portavoz da CEMMA, explícanos por que están chegando en masa medusas e caracois vivos ás praias galegas. O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, adianta as peti...

Mar de ardora 23-03-2024 23.03.2024

O prezo da sardina está en caída e distintas personalidades do mundo do mar amosan a súa preocupación: Alberto Pérez, patrón maior de Cambados; Alberto Castro, secretario de ACERGA; e Eduardo Carreño, da frota do cerco de Portosín. Falamos tamén con Fernando Oubiña, xerente de Mariscos Laureano, sobre a crise marisqueira que está a provocar escaseza de produto nas depuradoras. Ademais, afondaremos...

Mar de ardora 16-03-2024 16.03.2024

O patrón maior de Raxó, Iago Tomé, explícanos as razóns que levan ás confrarías da ria de Pontevedra a solicita-la ampliación da parada de actividade do marisqueo. Pasamos revista á campaña do ourizo falando con Xesús Pedreira, o maior comprador deste produto en Galicia. Unha empresa de Nigrán, Marine Instruments, fabrica drons para vixia-lo mar. O seu director xeral, Gabriel Gómez, explícanos com...

Luister naar de podcast Todos os podcast | Mar de ardora in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds