AGalegaAudio
Todos os podcast | Atmosféricos
Os podcast do programa de meteoroloxía e medio ambiente de Mabel Montes
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
24 jun. 2024
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
A reciclaxe, un negocio non de todo limpo 06.11.2023 55:18
Analzamos a xestión do lixo en España e en Galicia. Cumprimos os obxectivos da Unión Europea de separación e de reciclaxe. Funcionan realmente os actuais sistemas de recollida selectiva? Falamos con avogadas expertas en lexislación europea, con ONG ambientalistas, con representantes dos sistemas de xestión e coñeceremos unha iniciativa de reciclaxe que converte o lixo mariño en alfaias.
Incendios forestais II: leccións aprendidas 30.10.2023 56:09
Regresamos a dúas zonas asoladas polos lumes nos últimos anos, Chandebrito en Nigrán, e a serra do Courel. Como saen adiante os veciños e veciñas? Segue habendo medo? Falamos coa veciñanza e cos comuneiros para saber se mudou a forma de entenderen o monte. Falamos tamén con outras voces que propoñen incluír perspectivas novas na loita contra o lume, desde a incorporación das voces femininas na xes...
Incendios forestais I: lumes de sexta xeración 23.10.2023 55:04
O programa abre a nova temporada afondando na problemática dos incendios forestais de sexta xeración. Que son? Como actúan? Quen os prenden? Entrevistamos a bombeiros forestais, expertos universitarios e a fiscal coordinadora das fiscalías de medio ambiente de Galicia para saber do quen e do como desta lacra.
Turismo in-sostible 26.06.2023 57:52
O Atmosféricos da Radio Galega marcha de vacacións de verán pero antes coñecemos os lugares da costa en que a ONG Ecoloxistas en Acción chantou as súas Bandeiras Negras. Interesámonos por se é viable en tempos de masificación vacacional, a coexistencia do turismo e a sostibilidade ambiental. Saberemos que rapidamente se están a derreter os xeos do Ártico e despedimos o curso canda os alumnos do Co...
O expolio do vento 19.06.2023 57:51
Afondamos no conflicto entre a industria eólica e os propietarios dos terreos onde se prevé o asentamento de parques de muíños, o tránsito cara as enerxías renovables está camiño de crear un problema social en Galicia. Saberemos por que as turbulencias aéreas van ir a máis se non se frean as emisións dos gases de efecto invernadoiro, e xornalista e poeta Anxo Quintela, agasállanos cun radiopoema s...
Os algoritmos verdes 12.06.2023 57:46
a IA pode complicarnos ou mellorarnos a vida pero adestrar as ferramentas de intelixencia artificial supón un consumo enorme de enerxía. A ciencia investiga as maneiras de que os algoritmos sexan máis sustentables. Falamos tamén de cultura sustentable, de DANAS, dos ataques das candorcas coñecidas como Galdys, e comezada a costeira, lembramos a chamada Guerra do Bonito
Plásticos, o tamaño si que importa 05.06.2023 56:37
Hai un problema grave co lixo no medio mariño. Preguntamos polos puntos negros nas Rías Galegas, polas verteduras da Mina de San Finx na ría de Muros-Noia, pola emerxencia ambiental ocasionada polos microplásticos e apuntámonos a clases de surf en que aprendermos a coidar o medio mariño e a identificar contaminantes como as chamadas bágoas de serea.
O mundo sen insectos 29.05.2023 57:21
Os invertebrados son as criaturas máis ameazadas polo cambio climático. Falaremos cos expertos para saber se o mundo sería viable sen a presenza destes bechiños, ás veces molestos. Visitaremos un museo vivente de abellas en Arzúa e con Susana Bayo aprenderemos sobre as treboadas.
Paxariños piadores 15.05.2023 57:13
O Atmosféricos interésase polo estado de conservación da avifauna en España e en Galicia, con hábitats cada vez máis deteriorados e ameazados polo cambio climático. Ademais coñeceremos quen é o Neno máis rebuldeiro a efectos do clima, e asistiremos canda a súa directora, á estrea da película SICA que nos fala de mar, de natureza e de nenos que mandan nas nubes.
Máis monte pero menos bosque 08.05.2023 57:04
Programa en que preguntamos pola saúde dos pulmóns verdes do país, se os nosos bosques e montes respiran. Saberemos de árbores senlleiras propias e sinalaremos as incongruencias do chamado negacionismo climático.
Que chova, que chova 01.05.2023 56:27
Programa no que se afonda na problemática da seca, unha das máis severas da historia de España e que tamén lle está afectar a Galicia. Preguntamos por que o país dos mil ríos non é rico en auga, por como repercute a escaseza de chuvia nas actividades agrogandeiras e que medidas se poñen en marcha para atallar a perda de auga. A escritora vimiancesa Natalia Lema achegaranos a historia dun encoro qu...
Océanos de calor 24.04.2023 57:24
A ciencia corrobora que a temperatura dos océanos está a subir con consecuencias evidentes nas criaturas mariñas. Falamos con científicos e científicas dos cambios constatados no comportamento das especies e da necesaria alfabetización oceánica por parte da cidadanía. A xornalista Teresa Abuín amósanos cal pode ser a contribución do xornalismo en prol dese activismo ambiental e escoitamos o relato...
A nosa meteogalaxia particular 10.04.2023 58:25
O Atmosféricos inicia a súa andaina na Radio Galega cargando nas alforxas os misterios das isóbaras, das predicións primaverais, do coidado das hortas no mes de abril, lembrando o pasado do humedal desecado da Limia e compartindo distopías climática cunha das autoras da webserie ''Mentres non chova'' .
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds