AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

7 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

De Thomas Dylan a TAB 17.10.2024

Tito Lesende tráenos hoxe un repertorio relacionado con Vigo. Artistas da contorna como Thomas Dylan e Cintaadhesiva e grupos que actúan na cidade nos próximos días, Cosmic Wacho e Triángulo de Amor Bizarro. 

A crónica deportiva 17-10-2024 17.10.2024

No Celta Iago Aspas, mellor xogador do mes de setembro, 2 "podemos gañar ao Real Madrid". No Dépo Yeremay regresa da selección sub 21 e recolle o premio ao mellor do mes de setembro. A cidade de Pontevedra volverá ser a sede da final das Series Mundiais de Tríatlon, en setembro do 2026.

Mestres da memoria da AELG 16.10.2024

A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo, Camiño Noia, e mailo folclorista, coreógrafo e investigador, Quique Peón, recollerán este venres en Lugo os Premios “Mestre e Mestra da Memoria” que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega. Os premios recoñecen as súas achegas, ó longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e o saber popular. Camiño Noia botou a...

Federico Ribas 16.10.2024

Con Raquel C. Pico achegámonos á figura do vigués Federico Ribas, publicista histórico dos anos 20 e 30 do século pasado que chegou a ser o mellor pagado de España

Dúas achegas á historia da BD en Galicia 16.10.2024

Manel Cráneo recomenda dous libros que expoñen as orixes da banda deseñada en Galicia. 'A historia do cómic en Galicia' de Octavio Beares fai un trazado xeral da BD no país e 'Os pioneiros da banda deseñada galega' de Xulio Carballo aborda especificamente a década de 1970.

A crónica deportiva 16-10-2024 16.10.2024

Claudio Giráldez renova por dúas temporadas no RC Celta. No Dépor, Sergio Escudero lanza una mensaxe de confianza e paciencia.  No Rácing, Aitor Buñuel di non ter medo a dalo todo no céspede malia levar 4 placas de titanio na cara. O Pontevedra CF celebra hoxe o seu 83 aniversario. 

Economía e poesía. Rimas internas 15.10.2024

Dolores Vilavedra comenta o ensaio “Economía e poesía. Rimas internas”, de Yolanda Castaño.

Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego 15.10.2024

Conversamos co novo director do Museo do Pobo Galego, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra. Este coruñés nado en 1972 foi escollido tras un concurso de méritos con máis de vinte candidaturas.  O seu propósito é conseguir aumentar os recursos económicos e humanos do Museo, recuperar todo o conxunto monumental de San Domingos de Bonaval e concluír a montaxe das novas salas de Historia, coa vista po...

Lula Goce, do mural ao lenzo 15.10.2024

Lula Goce, do mural ao lenzo Mónica Maneiro comenta a mostra 'Inner Garden' de Lula Goce, que pode visitarse na Galería Dupla de Santiago.  A muralista de Baiona, con obra repartida en espazos públicos de todo o mundo, leva o seu traballo en exteriores ao lenzo.

A crónica deportiva 15-10-2024 15.10.2024

España - Serbia ás 20:45 e España Sub 21 - Malta Sub 21 ás 17:00h. O San Tirso - RCD Español da Copa será en Riazor o 31 de outubro, ás 19:00h. O mediocentro do CD Lugo Alberto Vaquero fai balance dos 2 primeiros meses de competición. Lino López pide seriedade defensiva na cita europea en Brno

Carabela 14.10.2024

Carlos Crespo tráenos hoxe a Carabela, un cuarteto de Noia que fan música “diverxente”en galego. O sábado estarán na final dos premios Narf en Santiago

Matemático Rodríguez 14.10.2024

O matemático José Rodríguez González, nado na parroquia lalinense de Bermés en 1770, está considerado o primeiro científico galego moderno. Designado Científico Galego do ano pola Real Academia Galega de Ciencias, diferentes iniciativas difunden esta figura excepcional. Entre elas, a exposición 'José Rodríguez, o matemático de Bermés'. que pode visitarse na Igrexa da Universidade de Sant...

Desvirgheitors e Cabodano 14.10.2024

Patty Castro segue descubríndonos a Galicia metaleira. Hoxe, con Desvirgheitors, banda de punk nada en Vigo en 1986 e cos composteláns Cabodano, que este ano editaron o seu segundo disco, 'É mellor matarse'. 

A crónica deportiva 14-10-2024 14.10.2024

Idiákez, Pablo Vázquez e Nfulu, protagonistas tralo empate do Depor en Elx. Aitor Buñuel xa adestra co Rácing. Con máscara, pero a bo ritmo. O CD Arenteiro está en postos de "play off " de ascenso a Segunda División despois de gañar por 4 a 0 ao Nástic de Tarragona.

Ceiba Rimas 2024 11.10.2024

Mañá ás cinco arranca en Pontevedra a cuarta edición do Ceiba Rimas, freestyle improvisado en galego. Connosco no estudio os dous gañadores do ano pasado: BIG MEU (Martín Represa) e MOG (Mauro Castaño) que rapean en directo.

Bipedestrución 11.10.2024

Afonso Becerra comenta "Bipedestrución" , de Disiden. Cia, coa viguesa Marcia Vázquez e Martín Los Arcos. Un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+.

Marta Pazos e Pepe Barro 11.10.2024

Felicitamos a Marta Pazos e Xosé María Pérez Barro, gañadores dos Premios da Cultura Galega 2024 nas modalidades de Artes Escénicas e Artes Visuais respectivamente.

Voitres e Dila Crocodila 11.10.2024

Mónica Maneiro tráenos hoxe dúas propostas de banda deseñada. “Voitres”, de Miguelanxo Prado, para público xuvenil e “Dila Crocodila”, de Ana Gómez, para a cativada que se inicia la lectura.

Ortiga preséntanos "Obra social" 11.10.2024

“Gústanme a idea de comunidade e o merengue”. Ortiga preséntanos o seu terceiro álbum en solitario, Obra social, un traballo que redefine e agranda os sons da música popular e de verbena.

Galicreques 11.10.2024

“Estamos nun momento moi interesante para o teatro de bonecos e figuras en Galicia". Comeza Galicreques. O Festival Internacional de Títeres programa 60 funcións e 12 estreas en Santiago

A crónica deportiva 11-10-2024 11.10.2024

Fran Beltrán chega aos douscentos partidos co RC Celta. A actualidade céltica con Víctor López. Juan Carlos Escotet é o presidente nº 50 do RC Deportivo. Idiakez fala na previa da visita a Elxe. 6 baixas no Rácing Club Ferrol, de viaxe a Cartaxena. Hoxe comeza a LNFS. Ás 19:00h en Vistalegre, Burela - Xaén. O Noia xoga mañá ás 18:00h no Agustín Mourís co Ribera Navarra.

Morrer en galego 10.10.2024

Vivir e perdurar na nosa lingua, unha iniciativa do Consello da Cultura Galega da que fai parte o lingüísta Bernardo Penabade “O nivel educativo e a maior presenza das mulleres na toma de decisións teñen moito que ver con que as lápidas estean en galego”. Jorge Balado, funerario “en galego son máis agarimosas”

Unha sátira gore e un documental 10.10.2024

Moncho Lemos comenta dende Sitges dúas estreas: -“La substancia”, protagonizada por Demi Moore. Unha sátira gore, explícita e con humor sobre a presión estética que sofren as mulleres. -“Super/Man: La historia de Christopher Reeve “, coa participación de familiares e amigos do actor.

De Rhome a Nick Cave 10.10.2024

Tito Lesende abre a súa colaboración co novo tema de Rhome, un talento noiés emerxente. Escoitamos música de Miriam Rodríguez e de Sabela, que actúan este sábado en Galicia e pechamos  co último disco de Nick Cave & The Bad Seeds, 'Wild God'.

Vertixe Sonora 12 10.10.2024

“Reivindicamos a posibilidade de volver a situar a cultura no centro". Vertixe Sonora 12 acolle máis de 20 estreas. Nova edición do festival de creación contemporánea en Vigo.

Luister naar de podcast Todos os podcast | A crónica deportiva in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds