AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
5 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
De comidas, ceas e sobremesas de Nadal 04.12.2024 12:27
Raquel C. Pico fálanos hoxe de comidas e sobremesas típicas do Nadal. Mudaron os costumes? Dende cando tomamos as uvas en fin de ano?
BD desde México 04.12.2024 10:13
Manel Cráneo fala hoxe de cómics desde a Feira Internacional do Libro de Guadalajara, o evento editorial máis importante de Iberoamérica, onde tamén hai espazo para a banda deseñada.
A crónica deportiva 04-12-2024 04.12.2024 29:58
Repasamos a clasificación do Celta para a terceira rolda da Copa do Rei, previa da xornada copeira desta tarde: Ourense CF - Dépor e Pontevedra - Vilarreal e a saída de Mrsic do Breogán, onde Luis Casimiro semella que vai ser o seu sustituto. Tamén falamos con Milucho, histórico do Pontevedra que actualmente traballa coma olleador para o Vilarreal.
Frei Rosendo Salvado chega á televisión 03.12.2024 15:34
“Foi un avanzado defensor dos dereitos dos aborixes australianos e o primeiro galego global da historia”. A vida do tudense frei Rosendo Salvado, misioneiro bieito do século XIX, chega á televisión nunha docuserie da TVG dirixida por Valentín Carrera.
'Pirotecnia' 03.12.2024 10:40
Dolores Vilavedra comenta a obra gañadora do premio Repsol de narrativa breve 'Pirotecnia' , de Alberto Ramos
Afectos dixitais 03.12.2024 9:34
Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva 'Afectos dixitais', que revisa como a tecnoloxía está mudando o xeito de relacionarnos. A mostra forma parte da iniciativa Faísca cultural da Universidade de Santiago e pode visitarse no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca ata o 28 de febreiro.
“A saga dos Lugrís” 03.12.2024 10:43
As pinturas dos Lugrís abren o programa expositivo da galería de arte Lar
9Louro 02.12.2024 12:13
Carlos Crespo tráenos ao muradán Martín Louro, que acaba de sacar o seu primeiro disco’Nove noves’, co nome artístico de 9Louro
Desafíos musicais. Próximos concertos da RFG e OSG 02.12.2024 9:34
Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos o próximo concerto da RFG, con obras de Beethoven ou Marianne von Martinez e dirixido por Nil Venditti. Tamén marcamos no calendario os concertos de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia e o obradoiro de dirección orquestral da Real Filharmonía.
A crónica deportiva 02-12-2024 02.12.2024 29:58
Para o Helmántico, Iago Aspas si, Borja Iglesias descanso. A previa do Salamanca CF UDS - RC Celta da 2ª rolda da Copa. Analizamos o 3º empate sen goles do Racing Club Ferrol. No RC Deportivo, recurso contra o segundo cartón de David Mella.
Erregueté 29.11.2024 13:43
Afonso Becerra debulla o número último de Erregueté, a revista das artes escénicas en Galicia @erreguete.gal
Bravú XXX 29.11.2024 14:04
O bravú festexa o seu 30 aniversario ás 21:00 horas no Culturgal, cun documental e o concerto da Banda Xangai e as pontevedresas Rager. Xurxo Souto, líder dos Diplomáticos de Monte Alto e referente indiscutible deste movemento, protagoniza o filme producido por Nós Televisión.
Culturgal 2024 29.11.2024 19:31
Anxo Suances conversa co director de Culturgal, Camilo Franco, e outros convidados que fan parte desta edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia
Cartas na escuridade e Teranga 29.11.2024 7:45
Dende Culturgal, Eva mejuto recoméndanos hoxe dous achegamentos ao continente africano e os seus habitantes: -Cartas na escuridade, de Lois Pérez -Teranga, de Beatriz Maceda
IX edición de D10! 29.11.2024 8:13
“Por dereito o novo circo debe estar ao nivel de consideración doutras artes”. Belén Brandido é unha das organizadoras de D10! O Encontro de Formación e Innovación en Circo celebra nova edición que estende por vez primeira a Culturgal
A crónica deportiva 29-11-2024 29.11.2024 29:57
A actualidade do deporte en Galicia
O millo miúdo 28.11.2024 15:33
Esta tarde proxéctase no Museo do Pobo Galego unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico ribeirense Andrés Teira Brión para a Universidade de Oxford. O documental indaga nos usos e métodos de cultivo do millo miúdo, un cereal case extinto na Península Ibérica tras diversos procesos de globalización. O filme foi gravado en diferentes loca...
Vaiana 2 e Pídeme lo que quieras 28.11.2024 9:43
Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: Vaiana 2 e Pídeme lo que quieras
'Ultranoite cultureta' 28.11.2024 14:55
O grupo Chévere leva a Culturgal unha Ultranoite que revisará coa súa irreverencia habitual o estado da cultura galega e algúns dos seus lugares comúns. A 'Ultranoite Cultureta' desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra o sábado 30 de novembro. Ademais Chévere fará cinco Ultranoites na sala Capitol de Santiago durante o Nadal.
De Belém Tajes a Iván Ferreiro 28.11.2024 12:49
Novidades, concertos e unha panxoliña Tito Lesende pica unha das cancións do primeiro disco de Belem Tajes, 'Amar o mar' e a colaboración de Tanxugueiras con Shinova. No menú de concertos, Noite Atari e Iván Ferreiro, que acaba de estrear panxoliña con Guadi Galego.
Filmei paxaros voando 28.11.2024 11:07
“Eu a miraba como nai pero era incapaz de mirar o lado luminoso que tiña”. Zeltia Outeiriño presenta Filmei paxaros voando, un documental sobre o desarraigo, os coidados e a liberdade.
A crónica deportiva 28-11-2024 28.11.2024 29:57
Analizamos con Raúl Villares o empate sen goles do Racing en Castellón. Hugo Álvarez, o xogador da semana no RC Celta. No Depor, Yeremay recuperado e Mario Soriano en sala de prensa.
Os 'dessassosegos' de Manuel Patinha 27.11.2024 7:09
A mostra retrospectiva 'Dessassosegos 1970-2024' permite percorrer a traxectoria artística de Manuel Patinha, artista portugués afincado en Ferrolterra desde hai varias décadas. A escultura é a disciplina que deu máis sona a Patinha, que realizou moitas pezas para espazos públicos, pero a exposición recolle tamén o seu traballo nos ámbitos do gravado, a fotografía e á pintura, á que pert...
Museos de BD 27.11.2024 12:42
Manel Cráneo recoméndanos museos de cómic en Bruxelas, California ou Sabadell e explica as funcións destes centros dedicados á conservación e á difusión do cómic.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds