AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
5 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
'Delincuente' 26.02.2025 11:39
Nuria Vil preséntanos 'Delincuente', unha curtametraxe de ficción a partir dun poema inspirado por Xela Arias e por 'La Maradona', a líder dunha banda xuvenil no Vigo dos oitenta. 'Delincuente', dirixida por Alba Domínguez, proxéctase o 26 de febreiro nos Multicines Norte de Vigo e o 29 de marzo na Coruña, na Filmoteca de Galicia.
Voces da BD: Neves Rodríguez 26.02.2025 13:46
Neves Rodríguez é comunicadora, actriz, autora do poemario 'Cuspindo miserias' e unha gran lectora de BD. Manel Cráneo convídaa a contarnos como empezou a ler cómics, a facer recomendacións e a explicar a súa experiencia no podcast sobre BD 'Metrópoles delirantes'.
A crónica deportiva 26-02-2025 26.02.2025 29:58
O Celta multado pola caída de obxectos na portería do Osasuna. O defensa central Pablo Vázquez repasa a actualidade do Deportivo. Luisito, novo adestrador da SD Compostela: "Xa podo morrer feliz, cumpro co soño da miña vida". Renovará se acada o obxectivo da permanencia. O Obradoiro presenta ó base Lucas Faggiano. Con Paco Santos.
Montedapena 25.02.2025 17:38
“É unha viaxe pola música pop” Montedapena, o proxecto en solitario do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira). Debuta cun disco homónimo (Ernie Records) que promete non deixar indiferente a ninguén, con letras en galego, catalán e inglés...para bailar e pensar
‘Domingo e outras historias’ 25.02.2025 10:26
Dolores Vilavedra comenta ‘Domingo e outras historias’, de Irène Némirovsky, quince relatos publicados entre 1934 e 1940 en revistas e anos despois reunidos nun libro que agora nos chega traducido ao galego por Rocío Viéitez nunha edición de Laiovento.
De Ninghures lévannos á 'Feira' 25.02.2025 20:06
Feira' é o segundo disco de De Ninghures e representa unha evolución moi significativa no son do grupo, baixo a produción de Juan de Dios. O novo traballo preséntase ao vivo na sala Capitol de Santiago o xoves 13 de marzo, con convidados do ámbito tradi e das músicas urbanas.
Compostela, vista por Lara Pintos 25.02.2025 6:59
A artista coruñesa expón as súas pinturas sobre Santiago na galería Dupla Monica Maneiro comenta a mostra 'Lo que cabe en una almendra', na que a artista coruñesa Lara Pintos ofrece unha mirada poética e íntima sobre Santiago. Pinturas que retratan rúas icónicas de Compostela fuxindo do monumental e tamén espazos interiores que reflicten a atmosfera da cidade.
A crónica deportiva 25-02-2025 25.02.2025 29:59
Terceiro partido consecutivo do Celta en sábado ás 14.00h. Iago Aspas amosa o seu malestar en RRSS. Comezan as semifinais de ida da Copa do Rei.: FC Barcelona - Atlético do Madrid e Real Sociedad - Real Madrid. Última hora do Depor e do Racing. Cita na LNFS. As 20:30h Noia - Xota de Pamplona.
Viñetas en cor de Pepe Carreiro 24.02.2025 12:22
A exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' recolle 50 viñetas publicadas por Pepe Carreiro no desaparecido Xornal de Galicia na primeira década deste século. Moitas delas incorporan cor, unha singularidade dentro da longa traxectoria de humorismo gráfico en xornais de Carreiro. A mostra, organizada pola Fundación Galiza Cultura, pode visitarse ata o 6 de marzo no local de agrupa...
Unha galega na Filharmónica de Berlín 24.02.2025 11:28
Pablo Sánchez Quinteiro pon en valor o nivel da educación musical en Galicia co exemplo de Raquel Areal, unha violinista tudense que conseguiu praza na Orquestra Filharmónica de Berlín. No repaso á programación da Sinfónica e da Real Filharmonía de Galicia soan a Sinfonía nº 1 de Bizet e o Preludio á sesta dun fauno' de Debussy.
A crónica deportiva 24-02-2025 24.02.2025 29:58
Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, fala da morte do avó dun colexiado despois dunha agresión na bancada do pavillón de Vilalonga, en Sanxenxo No Celta, Europa moito máis preto que o descenso. A S.D. Compostela ficha a Luís Míguez "Luisito" como adestrador ata final de temporada.
Rosalía é mundial 21.02.2025 30:57
Anxo Angueira debulla connosco as actividades que organizan este ano na honra de Rosalía, coa iniciativa 'Rosalía é mundial' para decatármonos de que a poeta de Padrón segue presente. O domingo será a xornada central canda os recitais, o Caldo de Gloria e maila Alborada para Rosalía
'Non pasarán' 21.02.2025 9:38
Afonso Becerra comenta ‘Non pasarán’, a última produción da compañía teatral Ártika, coa que andan de xira polo país. Mañá actúan en Ourense
'Dona Carme' e 'Números' 21.02.2025 8:02
Eva Mejuto proponnos un conto acumulativo e un libro sobre números 'Dona Carme' é un conto popular acumulativo que levou ao papel Manuel Bragado con ilustracións de Iván R. 'Números' acaba de recibir unha mención especial nos Ragazzi Awards da feira do libro infantil de Boloña. Unha idea de Cibrán Rico e Suso Vázquez, con ilustracións de Álvaro Valiño, que propón un achegament...
A crónica deportiva 21-02-2025 21.02.2025 29:58
Yeremay segue sendo dúbida razoable para xogar ante o Huesca. O Racing busca aferrarse á salvación ante un Cordoba que é dos mellores a domicilio no ano 2025. Presenta: Javi Torres
‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’ 20.02.2025 15:33
“Paseime un pouquiño e da lenda negra cheguei á lenda rosa” ‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’, da compañía Excéntricas, co actor e dramaturgo Evaristo Calvo, na pel do monarca inglés para contar unha versión revisada do personaxe descrito por Shakespeare. A obra inaugura unha nova entrega de Clásicas desfeitas (XII), o ciclo de coproducións do CDG e a Cidade da Cultura.
'El mono' e 'Daniela Forever' 20.02.2025 11:33
Moncho Lemos comenta dúas películas de estrea para a fin de semana: ‘El mono’, de Osgood Perkins e ‘Daniela Forever’, de Nacho Vigalondo. Unha comedia de terror baseada nun relato de Stephen King e un drama romántico de ciencia ficción.
Nabiza Girl e a Cultura Minguante 20.02.2025 14:31
Sada acolle o domingo 23 de febreiro a estrea de 'As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante'. A superheroína interpretada por Isabel Risco enfróntase desta volta ao esmorecer da cultura galega.
De Budiño a Ruxe Ruxe 20.02.2025 12:37
Escoitamos con Tito Lesende música de Budiño, que o 27 de febreiro dará na sala Capitol de Santiago un concerto especial con convidados como Guadi Galego, Julián Hernández ou De Vacas. Tamén picamos o último single de Marián, o novo disco de Heredeiros da Crus e a Ruxe Ruxe, que continúan coa xira 'Pub Rock'.
A crónica deportiva 20-02-2025 20.02.2025 29:58
Yeremay é dubida no Depor para o partido ante o Huesca. Angel Nuñez foi presentado coma xogador do Basket Coruña. Liceo e Baxi Ferrol xogan competición europea. Presenta: Javi Torres.
Parabenizamos a Encarna Alonso 19.02.2025 12:28
“Estou moi contenta e agradecida” Parabenizamos á script Encarna Alonso, premio de honra dos Mestre Mateo do audiovisual Vinculada ao sector dende hai preto de 40 anos, é un referente no seu oficio, centrado en garantir a continuidade, coherencia e fidelidade do relato visual e narrativo nas producións de cinema e televisión .
Crimes reais: quen matou ao marqués de Valladares? 19.02.2025 12:55
Raquel C. Pico lévanos ata a Chantada do século XVIII nunha viaxe no tempo: o crime do marqués de Valladares, un caso sobre o que se verteron ríos de tinta
O 'Sol Fuerza' volve en Vimianzo 19.02.2025 13:34
'Sol Fuerza' é o novo espectáculo da compañía aAntena, no que tres historias trenzan unha comedia sobre o futuro do planeta. Lucía Veiga, Manu Fernández e Virxinia Bermúdez forman o elenco do espectáculo, dirixido por Xosé Leis, que se estrea o sábado 22 en Vimianzo.
BD divulgativa: Santy Gutiérrez 19.02.2025 11:42
Manel Cráneo trae ás nosas conversas comiqueiras o debuxante e humorista gráfico Santy Gutiérrez, desta volta para falar de banda deseñada divulgativa.
A crónica deportiva 19-02-2025 19.02.2025 30:00
O Arenteiro ponse ao día recibindo esta tarde ao Barakalado. Repasamos a última hora do equipo do Carballiño, que xoga ás 17:00. O presidente da Federación Galega de Fútbol,Pablo Prieto, confirma partidos da Irmandiña para este ano
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds