AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
1 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
PEITOESCURO 18.11.2025 34:40
Carlos Crespo trae ás súas “descubertas” a PEITOESCURO, o proxecto de Rubén Gutiérrez. Este madrileño, asentado nunha aldea ao pé do Courel, presenta na Radio Galega(en primicia) o seu tema novo ‘Pan das pedras’
Podcast cultural 56. Hurlé e Amantegui 18.11.2025 20:23
A compañía Constance Hurlé estrea “Miña pequena” unha peza de danza-teatro para espazo non convencional. Rodolfo e Priscilia presenta a tradución galega de Cayo Hueso de Oihane Amantegui
Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 18.11.2025 13:20
Mónica Maneiro comenta a décimo cuarta edición do Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis. As 30 obras que concorreron poden verse na sala Isaac Díaz Pardo
A crónica deportiva 18-11-2025 18.11.2025 29:58
Manu Sánchez, sobre o Depor "as prestacións son boas, pero botamos de menos unha proposta máis atractiva". O CD Arenteiro presenta ó vigués Jorge Cuesta como adestrador co obxectivo da permanencia. Citas copeiras para o Club Ourense Baloncesto e o Noia FS.
Dous documentais imprescindibles 17.11.2025 7:59
Begoña Vázquez recomenda dous documentais que poden verse en agalega.gal: - 'María Casares: a muller que viviu mil vidas', de Xavier Villaverde. - 'Os espazos en branco', de Bruno Arias, sobre a súa malograda tía Xela
Podcast cultural 55. Residencias e procesos 17.11.2025 22:40
As residencias REGA culminan o desenvolvemento dos proxectos seleccionados na cuarta edición. Falamos de “Aburrimento” con Marta Tejada, “Cerebral 4.0” con Alberto Castaño e “Azulexería” con Loaira Pérez
Un álbum ilustrado, outro de BD e un terceiro libro formativo 17.11.2025 0:26
Andrea Jamardo recomenda tres lecturas: - ‘Hilda e Twig espertan o home da neve’, de Luke Pearson Traducido ao galego por Clara Barcia para Sushi Books - ‘Gato Cono’, de Sara Howden e Carmen Mok, Con tradución de Laura Sáez na editora Patasdepeixe - ‘A salvaxe vida dos dinosauros e outros animais prehistóricos’, en Aira Editorial
A penaltis 17-11-2025 17.11.2025 2:00:52
E tamén: 👉Javi Liz, gardameta do Pol en Preferente e Policía Local. 👉Roi Torres, defensa santiagués que pasou polo Real Madrid e actual xogador do Intercity.
A crónica deportiva 17-11-2025 17.11.2025 29:45
O Depor regresa ao liderado. Escoitamos a Diego Villares, Antonio Hidalgo, David Mella e Germán Parreño. Augusto César Lendoiro opina, no En Xogo, de Yeremay e do Mundial 2030 en Riazor. A xornada na 1ª RFEF. Derrota do COB en Palma de Mallorca. Semana de Copa de España de baloncesto e de Copa do Rei de fútbol sala. A triatleta naronesa Sara Guerrero triunfadora en Florianópolis.
'Werther' 14.11.2025 10:09
Afonso Becerra comenta’ Werther’, de Jules Massenet, que se puido ver no concerto de clausura do Outono Lírico 2025 que promove a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo. Coa Orquestra Sinfónica Vigo 430, dirixida por Oliver Díaz, e as voces do Coro do IES da Xunqueira 1, de Pontevedra.
Podcast cultural 54. Repichoca 14.11.2025 16:35
O grupo folk coruñés Tiruleque publica o seu quinto disco. Unha reivindicación das foliadas urbanas titulada 'Repichoca'.
A crónica deportiva 14-11-2025 14.11.2025 29:58
Previa do Córdoba - Deportivo. Falan os técnicos; Antonio Hidalgo e Iván Ania e os xogadores Arnau Comas e Luismi Cruz. A Sub 21 hoxe no Anxo Carro de Lugo con San Marino. A 1ª RFEF galega: Escoitamos a Rubén Domínguez do Pontevedra CF, Iago Iglesias do CD Lugo e a Óscar cano, do Zamora CF, rival do Racing Club Ferrol.
'Gaua' 13.11.2025 7:13
Moncho Lemos recomenda para ir ao cine esta fin de semana: ‘Gaua’, de Paul Urkijo. Ambientada nos montes vascos do século XVII, en plena caza de bruxas.
Podcast cultural 53. Rosalía de Castro 50 anos 13.11.2025 27:10
Amancio Prada celebra en concerto os 50 anos do seu álbum Rosalía de Castro. En Compostela nova edición do Outono Códax Festival
Underfest 13.11.2025 11:28
Tito Lesende pica música do Underfest, un deses festivais que combinan a integración coa cidade cun criterio editorial coidado. Hai propostas chegadas de moitas procedencias dentro do pop alternativo, das que escoitamos o galego Incurable; os estadounidenses We Are Scientists; Dewolff, que chegan dos Países Baixos; os británicos The Psychedelic Furs ou os franceses Rinôçéròse.
A crónica deportiva 13-11-2025 13.11.2025 29:58
Yeremay recuperado, xa adestra con normalidade co Depor. Fala Diego Villares. Miguel Román e a súa chegada ó primeiro equipo do Celta. Entrevista completa. Empate do Ourense CF en Zamora. Nova vitoria do At guardés. O Basquet Coruña, a manter o pleno de vitorias co Melilla. Fala Carles Marco.
Literatura divulgativa 12.11.2025 9:42
Malores Villanueva propón tres lecturas de divulgación científica, dende a xeoloxía de Galicia ás plantas medicinais
Podcast cultural 52. Da memoria máis próxima e do futuro. 12.11.2025
Museo do Pobo Galego acollerá esta fin de semana o Coloquio Galego de Museos Locais. José Carou publica "Ventre de madeira".
Enric Pellicer 11.11.2025 11:59
Carlos Crespo trae nas súas “descubertas” a Enric Pellicer, un músico, compositor e produtor catalán que crea dende Corrubedo
Podcast cultural 51. Nas Nubes e nas Librarías. 11.11.2025 24:27
Redrum Teatro estrea Nas Nubes. Unha comedia futurista atravesada pola IA. E despois o Día das Librarías.
'Nicasso' 11.11.2025 13:48
Mónica Maneiro comenta ‘Nicasso’, de Carlos Pazos no CGAC. A mostra, que reinterpreta a obra de Picasso dende a óptica da cultura popular, está feita a partir de cerámica de Vallauris.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds