AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
30 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Podcast cultural 102. Rimas Murguía 10.02.2026 22:34
A Real Academia Galega presenta o volume "As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía. Edición e estudo dos materiais conservados", unha investigación de Diego Rodríguez. E despois 50 anos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Refugallo paintings 10.02.2026 8:39
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Refugallo paintings’, de AlmudenaFernández Fariña en Sirvent SVT Espacio de Arte, en Vigo. Na mostra, a artista cuestiona o papel do marco e da pincelada na pintura tradicional mediante o uso de desproveitos.
A crónica deportiva 10-02-2026 10.02.2026 29:58
Previa da Copa do Rei Xuvenil: RC Celta - Athletic Club e CD Tenerife - RC Deportivo. Isma Martínez anuncia a súa marcha do BM Porriño por motivos persoai ao remate da temporada. Previa do Básquet Coruña - Zamora e Cartaxena - Club Ourense Baloncesto.
Podcast cultural 101. Retornos 09.02.2026 16:55
“Retornos” a exposición de Álvaro de la Vega na galería Moret Art. A RAG presenta a programación do Día das Letras dedicado a Begoña Caamaño.
Fútbol, aldeíñas e tesouros 09.02.2026 12:28
Andrea Jamardo comenta a novela infantil ‘Mariña e o balón. O primeiro gol’ de Pere Tobaruela, publicada na colección Merlín de Xerais; o álbum ilustrado ‘Pequerrecho’, de Mireia Aleu na editorial Oqo e mais os poemas de ‘Tesouro’ de Milja Praagman na editorial Hércules.
A crónica deportiva 09-02-2026 09.02.2026 29:52
As voces da sufrida vitoria do Dépor. Javi Recio, director deportivo do CD Lugo, pidelles aos xogadores que dean un paso adiante e recoñece estar preto de fichar a Borja Sánchez, ex do Oviedo. Diego Epifanio e Álex Galán na previa do Obradoiro - Menorca.
Diario cultural fin de semana 07-02-2026 07.02.2026 56:58
O CGAC acolle "Internalities. Arquitecturas para un equilibrio territorial", exposición que chega a Galicia tras representar a España na Bienal de Arquitectura de Venecia 2025. Falamos cun dos seus comisarios, Roi Salgueiro. O bailador Fran Sieira coméntanos "Benquerer", o espectáculo de danza que acaba de estrear. Alba Rodríguez explícanos por que permeneceu esquecido durante...
Erregueté publica o seu número 110 06.02.2026 8:27
Afonso Becerra celebra os 110 números de Erregueté/Revista Galega de Teatro: “Estase escribindo a historia das nosas artes escénicas”
Podcast 100. 'Vou pa Portujal' 06.02.2026 21:07
“Vou pa Portujal”, o novo disco do Caimán do Río Tea. O grupo manténse nas coordenadas do rock bravú pero vira un chisco o seu son cara ao blues.
'La fiera' 05.02.2026 7:10
Moncho Lemos fálanos de ‘ La fiera’, de Salvador Calvo. , unha película do tipo falso documental que está baseada en feitos reais arredor do salto base con alas.
Podcast cultural 99. Internalities 05.02.2026 22:11
O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a primeira itinerancia de "Internalities", o proxecto que os arquitectos galegos Manuel Bouzas e Roi Salgueiro presentaron na última Bienal de Arquitectura de Venecia. E despois BenQuerer de Fran Sieira
Adiantos, estreas e concertos 05.02.2026 14:09
Tito Lesende pica música recén saída do forno de Dani Cornes, Fillas de Cassandra e MARIÁN. Na axenda de concertos, Jeff Tweedy estará o domingo na Coruña e Nacho Vegas o día 14. E en Santiago, na Capitol, actuacións mañá de Familia Caamagno e o venres 13 de Def con Dos.
'Alguén ao lado' 04.02.2026 9:39
Malores Villanueva recoméndanos o último de Xabier Quiroga: “Alguén ao lado”, publicada por Xerais. Unha novela sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse.
Podcast cultural 98. Das marxes 04.02.2026 25:36
Alba Rodríguez Saavedra procura no ensaio “Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes” a resposta á invisibilidade da obra da investigadora e tradutora estadounidense.
A crónica deportiva 04-02-2026 04.02.2026 29:58
Marco Garcés, no Celta eFernando Soriano, no Dépor, fan balance do mercado de xaneiro. Presentado Riki no Dépor, Rubén López no Pontevedra CF e Iago Rodríguez no CD Lugo.
Lobeira 03.02.2026 9:51
Carlos Crespo tráenoa a Lobeira, unha banda que nace nocorazón de Madrid a principios de 2023 e agora saca disco. Está formada pola tamén actriz e directora Sara Casasnovas (voz/letras), Alfonso Rajado (guitarras/sintetizadores), Félix García (batería) e Jorge Hernández (baixo/sintetizadores).
Podcast cultural 97. 30 FITU 03.02.2026 21:49
O Festival Internacional de Teatro Universitario celebra 30 edición e acolle a conmemoración dos 35 aniversario da Aula de Teatro da USC. E ademais ‘San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada’,
Podcast cultural 96. Ilustración 02.02.2026 24:50
A exposición “Un país ilustrado” pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia . E despois Siro López no Día da Ilustración 2026
De rebelións e fuxidas 02.02.2026 15:02
Andrea Jamardo fala de ‘A rebelión da lectura’, un álbum ilustrado que acompaña o documental do mesmo título, dedicado ao proxecto Espazo Lectura, que leva 20 anos promovendo a lectura en galego entre rapazada e mocidade de Gondomar. Ademais, outras dúas propostas: ‘Grande e pequena’, de Arianna Squilloni e Raquel Catalina, publicado por Kalandraka e gañador do Premio Internacional Compostela de á...
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds