AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
13 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
'Happy end', de Mario Caneiro 30.01.2024 12:55
A nosa experta literaria Dolores Vilavedra vén nesta ocasión cunha obra de Mario Caneiro. Trátase de 'Happy end', un libro editado por Barbantesa e que conta... con catro finais felices!
Chichi Campos no Día da Ilustración 30.01.2024 14:55
Como cada 30 de xaneiro, o Día da Ilustración busca reivindicar o labor dos profesionais do debuxo homenaxeando a un ilustrador galego. Nesta ocasión lembramos a figura de Chichi Campos. Facémolo acompañados de Nico Campos, compañeiro da Televisión de Galicia e fillo do ilustrador.
'¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', de Javier Arce 30.01.2024 11:07
Na sección de arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra titulada '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela. A exposición é obra do artista santanderino Javier Arce. Nesta exposición a pintura é protagonista a través de once obras de pequeno formato, realizadas a partir da observación do medio natural dende o espazo íntimo da vivenda do artista e a súa...
'Unha vida viquinga', na Cidade da Cultura 30.01.2024 10:34
A exposición 'Unha vida viquinga' é unha inmersión na cultura e a descuberta dun novo xeito de vivir. A mostra racha cos estereotipos arredor do mundo viquingo e ofrece unha nova ollada sobre a historia. Na exposición facemos un percorrido dende a infancia, o rol dos meniños na casa familiar ata que son adolescentes e chegan a vida adulta. Neste Diario Cultural facemos unha viaxe no temp...
A crónica deportiva 30-01-2024 30.01.2024 26:40
O Celta anuncia que cambiará por cuarta vez esta temporada o céspede do estadio de Balaídos, que segue en moi mal estadoe provocou incluso as queixas de Iago Aspas. Na Primeira Federación, o Dépor incorpora un dianteiro centro, Alcaina, e o CD Lugo presenta o veterano Fran Mérida.
Primeiros nomes do Festival de Ortigueira 29.01.2024 11:22
Na Feira Internacional de Turismo celebrada en Madrid déronse a coñecer as primeiras confirmacións para o Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira. Entre elas están Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Fillas de Cassandra, María Pérez, Sara Faro, Escola de Gaitas de Ortigueira ou Green Lads.
Doenzas e características xenéticas con perspectiva de xénero 29.01.2024 10:48
Na sección de cultura científica, Estíbaliz Espinosa explica conceptos relacionados coas doenzas ou características xenéticas da muller: o concepto de Matrescencia, o ADN mitocondrial ou as diferenzas en síntomas como os do infarto de miocardio. Tamén descubrimos como o espazo e as estancias en órbita afectan de xeito diferente a homes e mulleres.
Abraham Cupeiro percorre o país co proxecto 'Mythos' 29.01.2024 17:34
O músico e construtor de instrumentos Abraham Cupeiro percorrerá o país co seu proxecto 'Mythos', unha viaxe musical para atopar lóxica á orixe do universo a través da música e as historias primixenias creadas polos pobos dende tempos inmemoriais. A xira comeza o próximo 1 de febreiro en Ferrol e o disco publicarase en todas as plataformas o día 7 do mesmo mes.
A crónica deportiva 29-01-2024 29.01.2024 27:13
Luns de avaliación das principais citas deportivas da fin de semana. Escoitamos os protagonistas do Celta 0-Girona 1, Sporting 1-Racing 2 e o derbi Celta Fortuna 1-Deportivo 2.
Alberto Gracia, Borja Santomé e Noé Montes 27.01.2024 56:28
Imos ata a cidade danesa porque no certame compite Alberto Gracia, coa súa última película "La Parra". Entra na competición oficial. Pola súa banda, Borja Santomé leva a súa curtametraxe de animación “Alguén me chamou serpe negra”. E conversa con Noé Montes, o perruqueiro das estrelas de cine, como Ethan Hawke ou Claudia Cardinale. Aspira a un premio Goya polo seu traballo no filme “Vall...
Na 'Erregueté' van pola...106! 26.01.2024 11:01
Afonso Becerra adica o seu espazo semanal a falarnos da publicación do número 106 da 'Erregueté', a revista de artes escénicas galega que vén de cumprir 40 anos.
'Pequefilmes': unha finde de película 26.01.2024 15:01
O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde.
'O dicionario dos seres míticos galegos' 26.01.2024 8:31
Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos e míticos, un fondo de armario dos clásicos contemporáneos reeditados e unha novidade editorial. Neste 2024, a literatura celebra o 25 aniversario da saída do prelo dun dos libros máis coñecidos e celebrados da nosa literatura: 'O dicionario dos seres míticos galegos' de Xerais. Os autores son Xoan R. C...
O oficio da restauración e a conservación 26.01.2024 19:54
O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio.
'Kyoki', da compañía Elefante Elegante 26.01.2024 7:45
A compañía Elefante Elegante estrea 'Kyoki', unha proposta escénica de linguaxe xestual sobre o esquecemento, a vellez e os coidados.
A crónica deportiva 26-01-2024 26.01.2024 29:58
E, por suposto, as voces da xornada e as previas da fin de semana deportiva. Claudio Giráldez, adestrador do Celta Fortuna, e Imanol Idiákez, adestrador do Deportivo, falan do derbi do domingo en Balaídos.
'Pobres criaturas' e 'Un mal día lo tiene cualquiera' 25.01.2024 12:57
As dúas estreas que trae hoxe o noso experto Moncho Lemos son: 'Pobres criaturas', de Giórgos Lánthimos, e 'Un mal día lo tiene cualquiera', de Eva Hache.
A arquitectura indiana en Galicia 25.01.2024 14:22
O Consello da Cultura Galega vén de publicar un informe no que analiza as características arquitectónicas do fenómeno indiano. Afondamos nos aspectos que definen este tipo de arquitectura en Galicia e as vías para protexela e conservala.
Unha oda ás salas de concertos 25.01.2024 14:55
Tito Lesende reivindica a importancia das salas e locais que programan música en directo durante todo o ano. Escoitamos cancións de artistas que poderemos ver en vivo proximamente. Javi Maneiro comeza o 3 de febreiro en Boiro unha xira de presentación do seu disco 'Un bonito despertar' que o levará tamén por Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol e Pontevedra. O 8 de marzo actuará na sala...
'Máis alá De catro a catro', de Rosendo Cid 25.01.2024 4:51
Os novos poemas de 'De catro a catro'. Rosendo Cid expón 'Máis alá De catro a catro', un proxecto de intervención sobre o poemario de Manuel Antonio.
'Non é unha canción', da compañía Souvenir Teatro 25.01.2024 7:51
As dramaturxias híbridas de Souvenir. A compañía de David Alonso e Maria de las Llanderas estrea 'Non é unha canción'
A crónica deportiva 25-01-2024 25.01.2024 29:58
Comezamos coa decepción da eliminación de Copa con Víctor López. E todos os movementos (ou a ausencia deles) en Ferrol, A Coruña, Vigo, O Carballiño... Non deixamos de lado o baloncesto, o hóckey e todo o polideportivo coas súas voces protagonistas. Dirixe e presenta: Paco Santos.
Percorrendo a felicidade 24.01.2024 14:43
A Real Filharmonía de Galicia fará acto de presenza en Santiago, no Auditorio de Galicia, e en Vigo, no Teatro Afundación, no marco do seu novo programa 'Percorrendo a felicidade'. Será o debut de Rita Castro Blanco á fronte da Real Filharmonía de Galicia.
A industria musical galega en datos 24.01.2024 12:18
O informe "Impacto da Industria Musical en Galicia: tendencias, retos e oportunidades" está impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e foi realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Recolle valores do ano 2022 mediante un proceso de investigación social e económica con rigor académico, mediante a sistematización de inform...
A crónica deportiva 24-01-2024 24.01.2024 29:57
A eliminación na Copa do Rei, tres días despois de perder en Liga tamén coa Real, fai aumentar as críticas a Rafa Benítez no Celta. En Ferrol, escoitamos a felicidade de David Castro, ao pouco de renovar no Racing. E no balonmán o Cangas presenta o pivote portugués Eduardo Mendonça.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds