A que cheira, papá?

O Tigre do Futuro

O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. O podcast en galego onde poden convivir lendas urbanas, nocións de psiquiatría e historias misteriosas sen máis roces dos necesarios. O Tigre do Futuro facémolo desde o magazine cultural A que cheira, papá?, con todo o que iso significa. Unha ollada nova e fresca, gana de pasalo ben, e toda unha plantilla de colaboradoras ben garridas. Entra a escoitar o Tigre!

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com

Auteur

A que cheira, papá?

Categorie

Society

Website van de podcast

www.ivoox.com

Nieuwste aflevering

28 nov. 2024

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Electroshok troskista - O Tigre do Futuro 44 28.11.2024

Troskistas arxentinos que tratan con alieníxenas A realidade de como son os electroshocks na medicina do século XXI Un novo episodio da Humanidade Madialevo! Un tigre moi redondiño, moi caseiro, tan divertido como sempre, un remanso de paz neste mundo tolo. Falamos do posadismo, unha variante arxentina do troskismo que mestura alieníxenas e socialismo; da historia verdadeira de como son os electro...

Madia Suuuu - O Tigre do Futuro 43 07.10.2024

O Tigre está de volta! Volve o podcast máis ecléctico para unha nova tempada, mantendo o noso estilo clásico pero con algunhas novidades. Neste primeiro episodio volve a estar o Philip, que nos intenta colar mentiras históricas nas que hai pílulas de verdade. O Rubén analiza sociolóxicamente o SUUU de Cristiano Ronaldo; e Rodicio, pois inicia unha cousa nova, algo moi estraño chamado A humanidade,...

Dramas de astroansiedade - O Tigre do Futuro 42 18.03.2024

Fixemos o primeiro Tigre temático! O podcast das historias variadas decidiu centrarse por un día e dedicamos un programa enteiro ao espazo e os mundos siderais. Todo coa escusa de recibirmos ademais a Astroxabi, o noso astrofísico de referencia. Como sempre, contamos 3 historias diferentes, pero coa particularidade hoxe de que todas xiran arredor das nosas inquietudes espaciais. Estiveron o Rubén...

Sitares e ukeleles - O Tigre do Futuro 41 15.02.2024

Volve o Tigre despois dunha época de barbeito. Unha viaxe pola India para descubrir que o turismo xa leva demasiado tempo inventado e a maxestuosa vida de Duke Kahanamoku, o semideus surfista, que máis pedir a un Tigre. Neste episodio contaron historia Philip Webb e o Rubén Amado, con Ánxela Lema e Guillermo Rodicio facendo apoios.

Cabezacubo, rei da Suecia - O Tigre do futuro 40 19.10.2023

Unha edición tete-a-tete do Tigre en que intentamos manter a compostura fronte ao oráculo. Xente con cubos na cabeza en eleccións democráticas británicas e revolucionarios fraceses un tanto desorientados, todo no tigre máis freestyler! Neste episodio contaron historia Violeta Pérez e Guillermo Rodicio, sós nunha noite chuviosa de outono.

Fotos roubadas a peregrinos - O Tigre do Futuro 39 28.09.2023

Comeza unha nova tempada do Tigre do Futuro! Historias de peregrinos que saíron da Torre de Hércules en busca de místicas illas, e a estraña vida de Vivian Maier, a fotografa máis famosa do mundo que nunca quixo ser famosa. Todo isto e máis no Tigre que reabre a porta do templo! Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio e Rubén Amado, con Ánxela Lema como comentarista pertinaz.

Apps para osos e nenos troll - O Tigre do Futuro 38 13.07.2023

Aplicacións e novas tecnoloxías para gozar da natureza, a misteriosa lenda dos changelings, os nenos trocados, e a historia real (de verdade) de Wojtek, o oso que loitou na IIGM. Todo nun Tigre moi de verán, moi quente! Neste episodio contaron historia o Rubén Amado, Guillermo Rodicio e Philip Webb, cunha pregunta dedicada ao futuro das fotopirolas.

Shania Twain - O Tigre do futuro 37 27.04.2023

Unha nova edición do consultorio de Vio sobre saúde mental, perturbadoras novas de ovnis en Lugo, e as equivalencias británico-españolas que non sabías que precisabas. Todo no Tigre dedicado a Shania Twain! Neste episodio contaron historia Violeta Pérez, Rubén Amado e Philip Webb, acompañados de Guillermo Rodicio aos mandos.

Bonito lóstrego para Carolina - O Tigre do Futuro 36 31.03.2023

Lóstregos que collen manía a xente concretísima, unha guerra naval cántabro-francesa, e a teoría da conspiración arredor da saia da Carolina, todo no Tigre máis vellouco! Neste episodio contaron historia Darío MJ, Rubén Amado e Silvia Rodríguez, acompañados de Guillermo Rodicio aos mandos. Comezou Darío, que desta trouxo unha sección sinxela pero con moita chicha: xente con moi mala sorte. Falamos...

Pombas da Pepsi en Gondomar - O Tigre do Futuro 35 06.03.2023

Pombas armadas con misiles na loita antinazi, un diplomático galego moi "amigo" do rei de Inglaterra e Pepsi, Pepsi para toda a Unión Soviética! Todo isto e moito máis no tigre máis bailongo. Neste episodio contaron historia o Rubén Amado, Philip Webb e Guillermo Rodicio, coa Silvia Rodríguez intentando manter a cordura. Comezou o Rubén, que seguindo na liña ornitolóxica, desta volta decidiu facer...

Moreau: diplomacia e salvamento - O Tigre do Futuro 34 02.02.2023

Diplomáticos en longa viaxe ata Samarkanda, grandes naufraxios con épicos salvamentos e a máis desastrosa de todas as rodaxes de Hollywood. Todo isto e máis no tigre máis aventureiro! Neste episodio contaron historia Philip Webb, Rubén Amado e Guillermo Rodicio, con Violeta Pérez como comentarista. Comezou Philip, que apareceu cun novo interese: a historia da diplomacia. Fardando de contactos, con...

Pirataría paraguaia no Gobleki - O Tigre do Futuro 33 30.12.2022

Misteriosos templos construídos nos albores do tempo, piratas chinesas que fixeron tremer estados enteiros, e a nova entrega sobre mitoloxía paraguaia. Todo e máis no Tigre máis canchero! Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Darío MJ e Philip Webb, con aparición estelar do Rubén. Comezou Guillermo, que veu revelarnos a misteriosa historia do Gobleki Tepe. Un templo, descuberto en Tu...

Apego creepy en Portovello - O Tigre do Futuro 32 02.12.2022

A xenealoxía secreta do último tema das Tanxugueiras, a teoría do apego para intentar navegar mellor o Tinder, e un creepypasta preparadísimo. Todo no Tigre máis delicioso! Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Violeta Pérez e "Philip D. Webb", con Guillermo Rodicio intentando manter os mandos. Comezou Silvia, que volve coa súa sección de Cousas de Vellas. O último tema das Tanxus con...

Wagatha estafa un paraguaio - O Tigre do Futuro 31 18.11.2022

As lendas e mitos chegados desde Paraguai, a tolísima vida do estafador Victor Lustig e o polémico caso británico de Wagatha Christie, todo no Tigre máis politicamente correcto! Neste episodio contaron historia Philip Webb, Darío MJ e Violeta Pérez, con Guillermo Rodicio como presentador tiránico. Comezou Philip, que dedicou por fin unha sección a Paraguai, que para iso fixo a tese. Quixo falarnos...

Si! (mar de candorcas) - O Tigre do Futuro 30 28.10.2022

Os segredos mellor gardados de Pemán, fondos marinos onde asexan criaturas horripilantes e o misterio das candorcas que atacan veleiros galegos, todo no Tigre do Futuro máis... ben, xa o escoitaredes. Neste episodio contaron historia Philip Webb e o Rubén Amado, con Guillermo Rodicio como tipo que se escaquea sen sección. Dedicamos uns minutos iniciais ao Tempo, pero tampouco sei moi ben como resu...

Paxaros e fineses xogando ao futbolín - O Tigre do Futuro 29 13.10.2022

Marabillosas migracións de aves arredor do mundo, a vida chea de aventuras e plot twist de Alexandre de Fisterra e un soldado finés ata arriba de metanfetamina, todo no Tigre cumbión! Neste episodio contaron historia o Rubén Amado, Silvia Rodríguez e máis Guillermo Rodicio, con Philip Webb de convidado polisón. Comezou o Rubén, que por fin trouxo unha sección ornitolóxica ao Tigre! De polo a polo...

Chamáns e Aliens bipolares - O Tigre do Futuro 28 29.09.2022

Comeza unha nova tempada do Tigre! Un ovni nunha escola de Zimbabue, as diferenzas entre a bipolaridade e a identidade disociada e un percorrido pola carreira dos Shamen, todo no Tigre inaugural. Neste episodio contaron historia Philip Webb, Violeta Pérez e o OputoPablo, acompañados por Guillermo Rodicio aos mandos. Comezou OputoPablo, que veu cunha nova edición das súas famosas teimas: os aliens....

Gordofobia e xaponeses na consulta - O Tigre do Futuro 27 26.05.2022

Sectas xaponesas de yoga, activismo gordo e o consultorio de saúde mental máis fresco, todo no último Tigre do Futuro da tempada! Neste episodio fin de festa contaron historia OPutoPablo, Violeta Pérez e Ánxela Lema, con Guillermo como anfitrión. Comezou Pablo, que veu falar do terrorífico atentado con gas sarín no metro de Tokio en 1995. A secta autora do atentado, Aum Shinrikyo, supostamente non...

Surfistas de Sealand na terminal - O Tigre do Futuro 26 28.04.2022

Lores ingleses encerrados en aeroportos durante décadas, inventores surfistas sen medo a "expropiar", e un país punky montado nunha plataforma no medio do mar. Todo no Tigre máis aguerrido! Neste episodio contaron historia OputoPablo, o Rubén Amado e mais o Darío MJ, con Guillermo intentando dirixir isto cara algures. Comezou o Pablo, que segue namorado das megaestruturas absurdas e loxicamente ti...

Ghosting bisexual a Bruce Willis -O Tigre do Futuro 25 07.04.2022

Resistencia bisexual e defensa das etiquetas, as respostas a por que a xente non che contesta aos whatsapps, e un plan megalómano de Bruce Willis en Idaho, todo no novo Tigre do Futuro! Neste episodio contaron historia Ánxela Lelma, Guillermo Rodicio e Violeta Pérez, con Silvia Rodríguez como comentarista. Comezou Ánxela, que hoxe fixo unha sección case de carta de amor ao libro de Elisa Coll "Res...

Violencia e cartos para Herminio -O Tigre do Futuro 24 24.03.2022

Venturas e desventuras dun revolucionario portugués, as misterioxas orixes do diñeiro e as 8 etapas da violencia machista, todo isto no Tigre máis radical! Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Philip Webb e Violeta Pérez, con OputoPablo como comentarista. Comezou Guillermo, que nos veu contar vida e milagres de Hermínio da Palma Inácio, un dos máis destacados revolucionarios da resi...

Gerinaldo ten que cagar en Venus - O Tigre do Futuro 23 10.03.2022

Un romance medieval onde a muller non é precisamente tímida, historias sobre caca arredor do mundo, e os misterios do planeta Venus no novo Tigre do Futuro! Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Philip Webb e Darío MJ. Comezou Silvia, para contarnos como a súa avoa canta o romance do Gerinaldo. Espadas que simbolizan a virxindade, matrimonios forzados e amores prohibidos. Unha novela...

Doppelganger do panda na fronteira - O Tigre do Futuro 22 24.02.2022

Fronteiras físicas que nos falan dos límites das relacións, síndromes de bacterias que che cambian o comportamento e os mellores dobles dos peregríns do Tigre no novo episodio do voso podcast favorito. Neste episodio contaron historia Ánxela Lema, Violeta Pérez e Guillermo Rodicio, co Rubén Amado chegando tarde, pero chegando para facer de comentarista. Comezou Ánxela, que co gallo dun libro de La...

Parodia de coral no paso Dyatlov - O Tigre do Futuro 21 10.02.2022

Expedicións de montaña que acaban en desastre, un misterioso palacio de coral en Estados Unidos e os movementos paródicos máis extravagantes, todo no voso podcast favorito. Neste episodio contaron historia Darío MJ, O Puto Pablo e Guillermo Rodicio, con Violeta Pérez como comentarista. Comezou Darío que nos revelou os misterios do accidente no Paso Dyatlov. 9 excursionistas na Unión Soviética inte...

Un engano estelar para os fenicios - O Tigre do Futuro 20 27.01.2022

O Gran Engano Lunar, inventores fenicios que cambiaron a historia e lendas das constelacións de inverno, no teu podcast galego favorito. Neste episodio contaron historia Darío MJ, Guillermo Rodicio e Rubén Amado, con Philip Webb como comentarista. Comezou Darío que nos contou a historia do Great Moon Hoax, a primeira noticia falsa, a crónica dunha chegada á lúa a principios do século XIX e os habi...

Luister naar de podcast O Tigre do Futuro in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds