Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Categorie

News

Website van de podcast

www.ivoox.com

Nieuwste aflevering

22 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Ent. David Domínguez | Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia 2025 28.04.2026

O Tyde FC recibirá mañá na Coruña a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia de 2025. O presidente do Tyde, David Domínguez, destacaba que para o club é unha honra e un orgullo, sinalando que é un recoñecemento aos cen anos do club. Tamén se referiu á exposición conmemorativa deste centenario que se pode visitar na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez.

Noticias 13.30 h | Martes, 28 de abril de 2026 28.04.2026

Estas son as principais que hoxe, martes 28 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Cortada ao tráfico rodado por obras de mellora do saneamento a rúa Bispo Maceira - Vinte persoas formaranse no Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño - Conta atrás para a inauguración do XXII Play Doc que converte a Tui na capital do cinema - A Cámara de Comercio de Tui participou en Santand...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Formación e Emprego | Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño 28.04.2026

Vinte persoas se formarán no Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño que o Concello de Tui ten previsto comezar o 1 de xuño. Contará con dúas especialidades Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintería e moble. Executará a senda fluvial dende a vella Ponte Internacional até o límite co termo municipal de Tomiño na parroquia de Areas. A co...

Noticias 13.30 h | Luns, 27 de abril de 2026 27.04.2026

Neste luns, 27 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O proxecto Integrasaúde impulsa a investigación sanitaria transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal - O PP esixe a comparecencia urxente en pleno do alcalde de Tui - Este mércores ás 20.30 h inaugúrase a viséximo segunda edición de Play Doc - O cineasta afincado en Tui Roi Rodríguez estrea este...

Noticias 13.30 h | Venres, 24 de abril de 2026 24.04.2026

Neste venres, 24 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui afirma que nestes momentos non hai ningunha dilixencia cara el en calidade de investigado - Os IES tudenses San Paio e Indalecio Pérez entre o centenar de centros educativos que participaron hoxe na xornada de radio Ponte nas Ondas - Concertos de Enrique Martín-Laguna e Loreto Aramendi n...

Ent. Enrique Martín-Lago, organista - Concerto na Catedral no ciclo 8CentosPes 24.04.2026

Hoxe venres, ás 20 h, Enrique Martín-Laguna, organista titular da Catedral de Xetafe, ofrecerá un concerto na Catedral de Tui, dentro do ciclo 8CentosPes. Avanzounos o programa que vai interpretar, e detallou as diferencias entre o órgano de Xetafe e o tudense.

Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de abril de 2026 23.04.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui avanzará coa senda do Miño en Areas co novo obradoiro de emprego - Play Doc converterá, un ano máis, a Tui na capital do cinema do 29 de abril ao 3 de maio - A Radio Municipal de Tui súmase mañá á Xornada Radiovisual Interescolar de Ponte nas Ondas cun especial dende Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho en Valença - O...

Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de abril de 2026 22.04.2026

Neste mércores, 22 de abril, estas son as principais novas que recollemos ne Noticias 13.30 h: - Tui contará cun novo obradoiro de emprego - O cinema galego estará moi presente en Play Doc 2026 - Carlos Fernández Bollo, organista titular da Catedral de León, abre hoxe ás 20 h na Catedral o ciclo 8CentosPes - O tudense Víctor Coyote recibirá o Chimpín de Prata no Festival de Cans - Completas as pra...

Ent. Manuel Martínez, director | Ciclo 8Centos Pes, ciclo de órgano na Catedral de Tui 21.04.2026

Co gallo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui dende mañá e até o domingo vaise celebrar o ciclo 8CentosPes no templo catedralicio. O seu director Manuel Martínez, explicou os obxectivos do ciclo, as características do órgano catedralicio, a súa sonoridade, e deu os detalles dos tres concertos previstos. Como novidade a través dunha pantalla poderase ver o traballo do organista cos...

Noticias 13.30 h | Martes, 21 de abril de 2026 21.04.2026

Neste martes 21 de abril, estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A Policía Local de Tui fai balance das actuacións desenvolvidas durante a Semana Santa e as festas de San Telmo centradas na seguridade preventiva e na atención ás emerxencias cidadás. - O Teatro Municipal de Tui será a sede principal de Play Doc do 29 de abril a 3 de maio - O Maio Solidario mobilizará a 25 p...

Noticias 13.30 h | Luns, 20 de abril de 2026 20.04.2026

Estas son parte das novas que neste luns, 20 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - O retablo de Santiago da Catedral recuperou o seu esplendor tras a restauración realizada no mesmo - Películas de Europa, América, África e Asia competirá na sección Internacional de Play Doc - O tudense Dámaso Rodríguez está a percorrer os mil quilómetros que separan Alcalá de Henares e Tui por distintas vías...

Ent. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica | "O grilo verde" 20.04.2026

“O grilo verde” é o nome da marca do novo modelo de xestión de residuos que o Concello de Tomiño vai implantar de forma progresiva para cumprir a normativa europea que establece que para 2030 debe reciclarse o 60% dos residuos, o 65% no 2035. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica, explicou as características deste novo modelo que contempla a recollida port...

Noticias 13.30 h | Venres, 17 de abril de 2026 17.04.2026

Estas son as novas que neste venres, 17 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Ás seis da tarde preséntase as obras de restauración do retablo de Santiago na Catedral - Valentín Carrera presenta ás 20 h no Espazo Sociocultural a primeira viaxe a Australia de Rosendo Salvado no libro "El Mundo desde Abajo" - Concerto Aura Mundo este domingo ás 18 h na Catedral de Tui cun percorrido musical pol...

Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de abril de 2026 16.04.2026

Estas son as novas que neste xoves, 16 de abril, no que a Radio Municipal de Tui cumpre 33 anos, recollemos en Noticias 13.30 h: - Os Sambenitos da Catedral expóñense dende hoxe en Ávila - O cinema Galego actual, do pasado e do futuro, estará moi presente en Play Doc - Valentín Carrera presenta mañá en Tui o seu libro "El mundo desde abajo" centro na primeira viaxe a Australia de Rosendo Salvado -...

Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de abril de 2026 15.04.2026

Estas son as principais novas que neste mércores, 15 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui e o municipio italiano de Viterbo dan os primeiros pasos de traballo conxunto coa sinatura dun protocolo de intencións - España e Portugal analizan en Tui os principais retos de xestión da auga no marco do convenio de Albufeira - Mañá inaugúrase en Ávila a exposición sobre os Sambenitos da Catedral...

Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play Doc | Competición Galicia, Sombras 03 e Coming Soon 15.04.2026

Continuamos coñecendo contido e programación do 22º Festival Play Doc, que se celebra en Tui dende o 29 de abril ao 3 de maio. Hoxe o seu codirector, Ángel Sánchez, avanzou a Competición Galicia, Sombras 03 e Coming Soon.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Reunión co conselleiro de Sanidade 15.04.2026

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, reuniuse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar a situación do centro de saúde rosaleiro tanto pola falla de persoal coma pola construción dun novo centro. A rexedora rosaleira fixo balance do encontro.

Noticias 13.30 h | Martes, 14 de abril de 2026 14.04.2026

A actualidade informativa deste martes, 14 de abril, recollémola en Noticias 13.30 h: - O Tribunal de Instancia de Tui decreta que non é competente para encargar á UCO a investigación do caso Déborah - A Gardia Civil de Tui investiga un presunto delicto simulado de robo con escalo nunha vivenda - Esta tarde celébrase en Tui a Xornada hispano-portuguesa de participación pública Organizada pola Conf...

Noticias 13.30 h | Venres, 10 de abril de 2026 10.04.2026

Estas son as principais novas que neste venres, 10 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Completamos a rolda de conversas tras o pleno de marzo con Nico Montes, voceiro do PP, e con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, con quen abordamos tamén outros temas da actualidade - A armada desenvolveu hoxe no Miño o exercicio de seguridade MARSEC 2026 cun simulacro de rescate - Tui celebra a fin de se...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda pleno marzo 10.04.2026

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas tras o pleno ordinario do mes de marzo. Amais desta cuestión Enrique Cabaleiro, referiuse á solicitude do PP. Tamén falamos das festas de San Telmo e confirmou que a procesión de San Telmo pasará o luns por Augusto González Besada.

Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Rolda pleno marzo 10.04.2026

O voceiro do Partido Popular, Nico Montes, participou hoxe na rolda de conversas tras o pleno ordinario de marzo. Antes de abordar os asuntos tratados na sesión plenaria referiuse á esixencia do grupo popular de que o concelleiro de Urbanismo sexa apartado temporalmente das súas funcións ata que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral.

Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de abril de 2026 10.04.2026

As novas deste xoves, 9 de abril, recollémolas en Noticias 13.30 h: - As obras de modernización da Liña do Miño conlevan que durante case un ano parte do traxecto entre Vigo Guixar e Guillarei e Valença se realice por estrada - O Concello de Tui reafirma o seu compromiso coa protección laboral e a transparencia administrativa - Concerto do alumnado do Conservatorio e teatro co grupo Aloia hoxe xov...

Noticias 13.30 h |Mércores, 8 de abril de 2026 08.04.2026

Estas son as prinicipais novas que neste mércores, 8 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixou en Tui en 58 persoas até as 894 inscritas no Servizos Públicos de Emprego - O PP esixe ao alcalde que aparte de forma temporal das súas funcións ao concelleiro de Urbanismo até que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral - O concelleiro non adscrito José Palacín sinala que...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Cinema Percorridos e cinema mudo 08.04.2026

O festival de cine Play Doc levará parte da súa programación a espazos históricos de Tui con sesións de cine mudo con música en directo e propostas de cine expandido e creación experimental en vivo. Hoxe coñecemos os detalles desta iniciativa con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.

Noticias 13.30 h | Martes, 7 de abril de 2026 07.04.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixo en 78 persoas no Baixo Miño en marzo até as 2.4 47 inscritas no Servizo Público de Emprego - Carmen Núñez, voceira do BNG, interveu hoxe na rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de marzo - O número de peregrinos no Camiño Portugués subiu nun 18% en marzo con respecto a 2025 - O Concello de Tui contratará a...

Luister naar de podcast Informativos in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds