Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
30 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Noticias 13.30 h | Luns, 25 de marzo de 2024 25.03.2024 24:52
O Concello de Tui adxudicou a redacción da Ordenación dos Solos Urbanizables de Pazos de Reis. Con esta nova abrimos hoxe Noticias 13.30 h. As festas de San Telmo son protagonistas polo Premio Cidade de Tui á Asociación Amigos da Catedral e polos concertos do sábado de Fillas de Cassandra, Quinkillada e Dj Amarok. A retrospectiva de Play-Doc, e o bronce no nacional do CPA Ribex forman parte tamén...
Noticias 13.30 h | Venres, 22 de marzo de 2024 22.03.2024 26:04
Tradición e innovación danse a man na Festa do Meixón que mañá comeza en seis restaurante de Tui e que foi presentada este mediodía. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde amais recollemos as palabras da enóloga tudense Susana Esteban Premio Cidade de Tui 2024, as citas e o deporte.
Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de marzo de 2024 21.03.2024 23:32
Mañá preséntase a Festa do Meixón, que será unha das citas gastronómicas das Festas de San Telmo. Así o recollemos en Noticias 13.30 h xunto as citas do día como o encontro coa escritora Inma López esta tarde en Tui, a carreira solidaria do CEIP de Guillarei, a presentación do poemario da tudense Paula Fernández Varela, ... e o deporte.
Noticias 13.30 h | Mércores, 20 de marzo de 2024 20.03.2024 25:37
Restan dez días para o inicio das festas de San Telmo en Tui. En Noticias 13.30 h falamos do inicio do programa festivo o próximo día 30, da oferta musical e gastronómica. Amais buscamos outras citas para estes días coma a actividade do Espazo Xove, a Carreira Solidaria do CEIP de Guillarei ou a terceira xornada de Mulleres Migrantes na aula da UNED. Completamos coa información deportiva.
O III Encontro de Viños da Raia reunirá a dez adegas o 30 e 31 de marzo en Tui 19.03.2024 7:48
Un total de dez adegas van participar o sábado 30 e o domingo 31 de marzo no III Encontro de Viños da Raia na praza da Inmaculada. O evento, que forma parte das festas de San Telmo, foi presentado este mediodía. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Haberá viños brancos, tintos e espumosos pero tamén gastronomía.
Noticias 13.30 h | Martes, 19 de marzo de 2024 19.03.2024 23:00
As festas de San Telmo protagonizan hoxe boa parte do Noticias 13.30 h. Recollemos as palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, sobre os festexos. Amais a enóloga Susana Esteban e a Asociación Amigos da Catedral recibirán o Premio Cidade de Tui 2024. Este mediodía presentouse o III Encontro de Viños da Raia. Tamén hai outras novas e o deporte.
O CRA Mestra Clara Torres inaugurou a súa aula Maker 19.03.2024 3:37
Cinco espazos diferenciados dedicados ás letras e a comunicación; ás matemáticase e á lóxica; á robótica; á experimentación e improvisación, e á radio conforman a nova Aula Maker inaugura onde na sede do CRA Mestra Clara Torres, nas Bornetas. En Noticias 9.30 h recollemos a noticia.
Noticias 13.30 h | Luns, 18 de marzo de 2024 18.03.2024 28:37
Este mediodía inaugurouse unha aula Maker na sede do CRA Mestra Clara Torres. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta doutras novas da actualidade de Tui e da comarca, así coma as citas que chegan esta semana e os resultados deportivos.
Noticias 13.30 h | Venres, 15 de marzo de 2024 15.03.2024 24:12
Pilar Blanco coma pregoeira, e Fillas de Cassandra e Mondra na parte musical encabezan o cartel das Festas de San Telmo presentadas hoxe en Tui. Este é a primeira das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais repasamos todas as citas da fin de semana en Tui e na comarca e información deportiva con Aaron Costas.
Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de marzo de 2024 14.03.2024 28:38
O Concello de Tui presentará mañá a programación das Festas de San Telmo 2024. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto á representación de Síbaris mañá no Teatro Municipal, as datas do MUMI 2024, o encontro coa futbolista Paula Dapena esta tarde, a presentación do libro “As matemáticas máis sorprendentes” de Fernando Saco, o programa Vacacións en paz, e a XI Eurocidade BTT,...
Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de marzo de 2024 13.03.2024 23:10
Nas beiras do Furnia eliminarase o bambú do mesmo de xeito que se fixo no río Tripes, para o que dende o Concello de Tui solicitan a colaboración dos propietarios das parcelas neste entorno. Por outra parte renováronse os representantes de hostalería, restauración e empresas de servizos na Mesa do Camiño de Santiago en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde escoitamos amais as palabras de Ví...
Noticias 13.30 h | Martes, 12 de marzo de 2024 12.03.2024 21:41
O Concello de Tui realiza unha consulta pública previa á redacción dunha nova ordenanza do Mercado de Abastos. Por outra parte o pregón de José María Lores abrirá este domingo na Catedral os actos da Semana Santa en Tui. Estas son dúas das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h xunto a outras noticias de Tui e o Baixo Miño, e o deporte.
Noticias 13.30 h | Luns, 11 de marzo de 2024 11.03.2024 25:43
A Semana Santa en Tui conta con singularidades que a converten en única en Galicia. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais damos conta da solicitude do PP para que se reúna de forma inmediata a Comisión de Traballo sobre o aparcamento en Tui, e a recollida de sinaturas para que a senda do Furnia leve o nome de Agatha Broeskamp, proposta que o BNG levará a pleno. As citas,...
Noticias 13.30 h | Venres, 8 de marzo de 2024 08.03.2024 26:08
Os actos conmemorativos do 8M centran hoxe boa parte do noso tempo de información en Noticias 13.30 h. En Tui o acto central comeza ás 18.30 h no edificio da praza da Inmaculada. Amais coñecemos o cartel das festas de San Telmo deseñado por Víctor Abundancia, repasamos as citas da fin de semana e do deporte.
Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de marzo de 2024 07.03.2024 23:06
Os actos conmemorativos do 8M centran boa parte do tempo de información deste 7 de marzo en Noticias 13.30 h. Recollemos en crónica de sucesos a explosión onte dunha tubaxe de vapor na nave de Nor Ruber que causou danos nun lateral da fachada. Hai outras citas en Tui e na comarca e tamén a información do deporte.
Noticias 13.30 h | Mércores, 6 de marzo de 2024 06.03.2024 24:03
O xulgado nº3 de Tui acordou onte o ingreso en prisión provisional e sen fianza do home detido pola substracción dunha furgoneta o luns á tarde, en cuxo interior ía un neno de 2 anos. O Concello de Tui amosou, nun comunicado, o seu agradecemento ás forzas de seguridade polo seu labor e á veciñanza pola colaboración. Con esta nova abrimos o hoxe o Noticias 13.30 h . Recollemos amais a presentación...
Noticias 13.30 h | Martes, 5 de marzo de 2024 05.03.2024 26:26
Abrimos Noticias 13.30 h coa crónica de sucesos. Hoxe pasou a disposición xudicial o presuntou autor dunha furgoneta onte á a tarde en Tui na que ía un neno de 2 anos. Damos conta amais dos datos do paro que subiu en 5 persoas en febreiro no Baixo Miño. Os actos do 8M en Tui, as citas para a mocidade no Espazo Xove, xunto a outras novas comarca e o deporte completan este tempo de información.
Detido o presunto autor da substracción dunha furgoneta cun neno no interior onte á tarde en Tui 05.03.2024 4:51
Hoxe podería pasara a disposición xudicial o veciño de Tui detido onte á tarde coma presunto autor da substracción dunha Renault Kagoo, cun menor no seu interior, na rúa Coengo Valiño. A voz de alarma dábase pouco antes das cinco da tarde, e ás seis a Policía Local, tras o aviso duns veciños, localizou o vehículo, ao nenor e ao presunto autor dos feitos, na zona da Veiga do Louro. En Noticias 9.30...
Noticias 13.30 h | Luns, 4 de marzo de 2024 04.03.2024 25:16
Comezamos Noticias 13.30 h dando conta do corte por obras do coñecido coma cruce da Guarda polo que para ir ao centro urbano dende a estrada a Guada ou Portugal hai que empregar a A55, e igual en sentido inverso. Por outra parte 2.799 persoas, cinco máis que en xaneiro, están en situación de desemprego no Baixo Miño. A inauguración das obras de ampliación e reforma do Centro Cultural de Paramos, a...
Noticias 13.30 h | Venres, 1 de marzo de 2024 01.03.2024 27:12
A aprobación do proxecto de trazado do treito da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás en Tomiño vén hoxe publicada no DOG. Esta é unha das noticias que recollemos en Noticias 13.30 h. Recollemos as citas da fin de semana coa visita guiada ao Tui de Rosendo Salvado, o concerto de A Gramola Gominola,o obradoiro Tecendo Feminino, o club de Lectura "Tempo de Mulleres", e a inauguración...
Noticias 13.30 h | Xoves, 29 de febreiro de 2024 29.02.2024 22:41
O novo enlace ao parque empresarial de Areas posto en servizo onte ten unha lonxitude de 630 metros e supuxo un movemento de terras superior aos 230 mil m3. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a outras novas de Tui e da comarca. Recollemos as citas do día coma a conferencia de Díaz Fierro sobre Rosendo Salvado ou o Día Mundial das Enfermidades Raras. En deportes hoxe falamos de tiro con arco...
Noticias 13.30 h | Mércores, 28 de febreiro de 2024 28.02.2024 21:31
A posta en servizo do acceso ao Parque Empresarial de Areas dende a A55 e a vía de altas presentacións é a noticia de portada en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta doutras novas de Tui e da comarca, as citas do día coa mesa redonda sobre Rosendo Salvado e o deporte.
Noticias 13.30 h | Martes, 27 de febreiro de 2024 27.02.2024 21:04
Remataron a obras de renovación da tarima da terraza do Centro de Especializado de Tecnificación Deportiva en Tui, co que o Concello continúa a súa aposta por manter as instalacións deportivas nas mellores condicións. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais recollemos outras novas con nome propio coma o tudense Adri Vila, gañador do Campionato Internacional de Baristas de F...
Noticias 13.30 h |Luns, 26 de febreiro de 2024 26.02.2024 24:00
O Plan de Dinamización da Área Rexurbe de Tui é un dos temas dos que falamos hoxe en Noticias 13.30 h. Repasamos outras novas de Tui e da comarca, as citas e a información deportiva.
Noticias 13.30 h |Venres, 23 de febreiro de 2024 23.02.2024 23:07
O Concello de Tui trasladou á Deputación de Pontevedra o proxecto para a construción dunha rotonda en Ribadelouro para evitar o paso de camións pola Magdalena. Está é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao paso e remate en Tui este domingo da volta ciclista O Gran Camiño. A citas nas que destacan a celebración do Día de Rosalía e o deporte completan este tempo de información.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds