Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Categorie

News

Website van de podcast

www.ivoox.com

Nieuwste aflevering

23 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Noticias 13.30 h | Mércores, 5 de novembro de 2025 05.11.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui saca a licitación 5 postos que están vacantes no Mercado de San Antonio - A veciñanza do conxunto histórico solicita que os accesos a esta zona da cidade estean sempre operativos e demanda ao concello que actúe ante os inmobles que consideran teñen risco de derrube - Esta fin de semana terá lugar a gran recollida de al...

Noticias 13.30 h | Martes, 4 de novembro de 2025 04.11.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Baixo Miño ten 2.401 desempregados, 1 menos que en setembro - Dende onte á tarde está xa restablecido o acceso á praza de Manuel Caramés - Este venres a aula CEMIT acolle dúas accións formativas organizadas por ACCEM Vigo - Empatía Teatro presenta este venres en Tui “Esas cousas marabillosas” no Teatro Municipal - Aberta a inscrición...

Noticias 13.30 h | Luns, 3 de novembro de 2025 03.11.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A obra de paso sobre o arroio Cotarel suporá un investimento de 1,5 millóns de euros financiados pola CHMS e polo Concello de Tui - A Garda Civil desarticulou unha banda itinerante especializada en furtos cometidos en centros comerciais con residencia entre Tui e Vigo - O Cineclub Tui homexanea a Diane Keaton proxectando mañá “Annie Hal...

Noticias 13.30 h | Venres, 31 de outubro de 2025 31.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Na fachada do Centro de Saúde de Tui está situada dende onte unha placa en recoñecemento ao doutor Alejo Diz Jurado - O Concello de Tui solicita a percepción da cidadanía para elaborar o IV Plan de Igualdade Municipal - A Plataforma en Defensa da Sandidade Pública de Tui solicita que se cubran as baixas por xubilación no Centro de Saúde...

Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de outubro de 2025 30.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta tarde ten lugar un acto de recoñecemento ao doutor Alejo Diz Jurado coa colocación dunha placa na entrada do Centro de Saúde de Tui - Hoxe Levada Libre proxexta o documental “Unha historia galega, retratos da represión na Galicia de 1936” - A concelleira do Conxunto Histórico e Patrimonio, Ana Núñez, responde as reivindicacións da...

Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de outubro de 2025 29.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - 85 elementos dos concellos do Baixo Miño forman parte do novo Catálogo de bens de valor cultural no litoral que está en exposición pública - A veciñanza do conxunto histórico de Tui transformou as rúas desta zona cunha decoración reivindicativa polo Samaín - Mañá ten lugar un acto de recoñecemento ao doutor Alejo Diz Jurado coa colocaci...

Noticias 13.30 h | Martes, 28 de outubro de 2025 28.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presentou hoxe en Tui o proxecto piloto de reclamación dixital - A veciñanza do conxunto histórico de Tui “decora” esta zona da cidade polo Samaín de forma reivindicativa - A Cámara de Comercio de Tui celebrou o seu plenario nas instalacións da ORPAGU, no polígono empresarial de Area...

Noticias 13.30 h | Luns, 27 de outubro de 2025 27.10.2025

Estas son as noticias deste luns, 27 de outubro de 2025 - Atopado un tramo da muralla medieval tudense nas catas arqueolóxicas da praza da Estrela - Nico Montes, voceiro do PP, fala dos cambios no seo do grupo municipal popular - A homenaxe a Darío Álvarez Blázquez abriu o sábado a programación do Mes da Memoria Democrática en Tui - Nun mes celebrarase o Mercado de Nadal de Tui para o que está abe...

Ent. Nico Montes, voceiro do PP - Renuncia de Pilar Gregores 27.10.2025

Tras a renuncia á acta de concelleira de Pilar Gregores, até o de agora membro do grupo municipal do Partido Popular e que previamente anunciar o pase a concelleira non adscrita, hoxe conversamos con Nico Montes, voceiro do grupo municipal do Partido Popular.

Noticias 13.30 h | Venres, 24 de outubro de 2025 24.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Pilar Gregores renuncia á acta de concelleira e o PP de Tui anuncia que Jorge Lima será o novo concelleiro - A praza Manuel Caramés, no Arrabal, permacerá cortada hoxe ao tráfico de vehículos e ao tránsito peonil - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou no III For Urbano de España - A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día d...

Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de outubro de 2025 23.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A rúa Augusto González Besada pasa a ser de dobre sentido debido ás obras - Sete proxectos galegos foron seleccionados para participar na cuarta edición de VENTURA que comeza o 3 de novembro - Conferencia do catedrático Lourenzo Fernández “Novidades históricas arredor de Castelao...” hoxe ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo Jo...

Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de outubro de 2025 22.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A Xunta de Galicia destina preto de 10 M€ ao Baixo Miño no proxecto de Orzamentos 2026 - A concelleira Pilar Gregores pasa a ser concelleira non adscrita deixando o grupo municipal do PP - Un veciño de Tui interceptado pola Gardia Civil por conducir sen carné - Unha persoa resultou ferida tras un accidente múltiple rexistrado onte na A-...

Noticias 13.30 h | Martes, 21 de outubro de 2025 21.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Comezaron as obras para mitigar o efecto illa de calor no aparcamento público no Parque Empresarial de fronte ao Outlet - O transporte público no Baixo Miño será obxecto dunha reestructuración por parte da Xunta - Tui busca a postal para felicitar o Nadal - Sete proxectos galegos foron seleccionados para participar na cuarta edición de...

Noticias 13.30 h | Luns, 20 de outubro de 2025 20.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A alianza entre Tui e Salvaterra permitirá investir 7 millóns de euros nestes municipios - O Concello de Tui incrementa as partidas destinadas ás ANPAs, ás asociacións culturais, ás formacións musicais, ás bandas de gaitas e aos deportistas - ORPAGU cumple tres anos en Tui expandindo a planta e innovando nos seus produtos e proxectos -...

Noticias 13.30 h | Venres, 17 de outubro de 2025 17.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A AECT Río Miño fai un chamamento aos gobernos de España e Portugal para que asuman a xestión do río Miño como unha prioridade conxunta no proximo cumio hispano-portugués - Hoxe abre o prazo para solicitar as becas a deportistas tudenses internacionais, ANPAs, as asociacións culturais, musicais e as bandas de gaitas - ORPAGU cumple tres...

Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de outubro de 2025 16.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui e o de Salvaterra foron beneficiarios de 4 millóns de euros de fondos europeos a través do Plan EDIL - A vindeira semana conclúe a proba piloto de eliminación da especie invasora Egeria densa na praia de Areeiros en Gurillarei - A veciñanza do conxunto histórico reuniuse o martes co alcalde de Tui para trasladarlle cue...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra - Fondos EDIL 16.10.2025

O Concello de Tui e o de Salvaterra foron beneficiarios de 4,3 millóns de euros de fondos europeos a través do Plan EDIL, que mobilizarán máis de 7 millóns de €. Ambos municipios conformaron unha Área Funcional para concorrer a esta convocatoria. Agora executarán distintos proxectos que teñen o río Miño coma nexo de unión. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a alcaldesa de Salvaterra, Marta Val...

Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de outubro de 2025 15.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O IES San Paio de Tui é dun dos 173 institutos de ensino secundario de Galicia que participa no proxecto YAM que busca previr a conduta suicida entre a poboación adolescente - O concelleiro non adscrito, José Palacín solicita a publicación do informe da Policía Local sobre a reordenación do tráfico no centro urbano tras a apertura da rú...

Noticias 13.30 h | Martes, 14 de outubro de 2025 14.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Aberto ao tráfico o novo tramo da r/Ourense - Transportes adxudica por 835 mil € os estudos do Eixo Atlántico entre O Porriño e Portugal - O PP propón unha Empresa de Servizos Enerxéticos para cambiar as luminarias nas parroquias e reclama a anulación do préstamo de 3,1 millóns de € - O delegado territorial da Xunta visita ás instalació...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Apertura rúa Ourense 14.10.2025

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro valoraba esta mañá as primeiras horas de funcionamento do novo tramo da rúa Ourense, logo de que onte á tarde abriuse ao tráfico. Explica as reordenación do tráfico en toda a contorna destacando que tanto a rúa Maristas coma o primeiro tramo da Avenida da Concordia pasan a ser de sentido único.

Noticias 13.30 h | Luns, 13 de outubro de 2025 13.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Completamos a rolda de conversas tralo pleno do mes de setembro co alcalde de Tui e voceiro do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro - Esta tarde abre ao tráfico o novo tramo da rúa Ourense cara a Avenida da Concordia -O PP de Tui solicita a anulación do préstamo de 3,1 millóns de euros para renovar o alumeado -O Concello de Tui comeza...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE | Rolda pleno setembro 13.10.2025

Con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE, pechamos hoxe a rolda de conversas cos representantes da corporación municipal de Tui tras o pleno do mes de setembro. Abordamos tamén outras cuestións coma a apertura da rúa Ourense, prevista para hoxe luns ou obras no conxunto histórico.

Noticias 13.30 h | Venres, 10 de outubro de 2025 10.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Está en marcha a proba piloto para eliminar a alga Egeria Densa na praia de Guillarei - A veciñanza do conxunto histórico reunirase o martes co alcalde de Tui - Onte celebrouse a primeira reunión de planificación da IV San Silvestre Solidaria Tudense - Catro camiñantes peregrinarán mañá dende Tui a Santiago sen paradas para homenaxear á...

Ent. Ramón Omil, Camiñante de Honra da Ultreia | Camiño de Santiago sen facer paradas 10.10.2025

Os Camiñantes de Honra da Ultreia, Jacobo Tellado, Ramón Omil e Bernardo Acevedo e a aventureira Raquel Carragal afrontarán mañá, sábado, 124 quilómetros de percorrido, ao tratar de peregrinar sen paradas dende a catedral de Tui ata a de Santiago de Compostela. A idea xurdiu coma unha homenaxe ás tres marchas vinculadas á ruta xacobea que comezan na provincia de Pontevedra; a Ultreia que une Tui c...

Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de outubro de 2025 09.10.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Proba piloto para o control da planta invasora Egeria densa na praia de Areeiros en Guillarei por parte da Xunta - Tui é un dos concellos beneficiados das axudas do Plan EDIL na provincia de Pontevedra - A Sección Sindical da CGT Correos Pontevedra denuncia a acumulación de milleiros de cartas sen repartir na Unidade de Distribución de...

Luister naar de podcast Informativos in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds