AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

8. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

O novo filme de Alberto Gracia no BACIFI 25.04.2024

La Parra proxéctase na sección oficial do Festival de Cinema de Bos Aires e en maio no de JeonJu, a estrea no mercado asiático. Falamos co seu director, o ferrolán Alberto Gracia

A crónica deportiva 25-04-2024 25.04.2024

Presenta Paco Santos

O punk segue vivo! 24.04.2024

Morreu a música punk? Hai futuro? Son preguntas que responde Julen, vocalista do grupo The Eskarallas. Cunha forte pegada do punk da vella escola de Eskorbuto, Cicatriz ou La Polla Records, esta banda vén de presentar o seu primeiro disco, que xa están xirando, e no que non falta a retranca, a irreverencia e a crítica social.

Videoxogos inspirados en clásicos 24.04.2024

Con Luz Castro poñemos en primeiro plano os videoxogos, desta vez afondando naqueles que están inspirados en clásicos como Alicia no Pais das Marabillas, A Volta Ao Mundo ou Tintín.

Festa de finalistas dos Martín Códax 24.04.2024

Corenta e cinco bandas e artistas pasan á recta final dos XI Pemios Martin Códax da Música. Comeza o período de votacións para decidir os galardóns que se entregarán na Gala do 15 de maio en Pontevedra

A crónica deportiva 24-04-2024 24.04.2024

A vilagarciá Jéssica Bouzas elimina a Paula Badosa no Madrid Open. Williot Swedberg fala despóis da primeira titularidade no RC Celta. No RC Deportivo, José Ángel só pensa partido a partido, e no Pontevedra CF, Víctor Vázquez "Churre" di que hai que pensar no play off.

'Lobos nas illas' 23.04.2024

Dolores Vilavedra tráenos un clásico de Marilar Aleixandre: 'Lobos nas illas'. Esta obra foi publicada por Xerais en 1996 e foi reeditada e traducida ao castelán por Galaxia en 2022.

Un ruído provocado(r) arredor de Luísa Villalta 23.04.2024

Doce voces afondan na obra e na figura da escritora no volume Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta. Unha “non-biografía” coordinada por Mercedes Queixas e Montse Pena Presas

A crónica deportiva 23-04-2024 23.04.2024

Falamos co canteirán do Celta Ferrán Ferreiroa, que volve xogar despóis de máis dun ano de lesión. Día de loito no deporte galego. Morre José Ricardo Fernández, delegado do Celta antes da chegada de Gudelj e adestrador e xerente do CD Ourense, entroutros,. Falecemento tamén de Maite Méndez, adestradora e fundadora do Club Baloncesto Arxil de Pontevedra. No Deportivo, longas ringleiras virtuais par...

Sun Iou: amizade e amor á música 22.04.2024

“Agora” é o título do primeiro disco dunha nova formación chegada dende Teis: Sun Iou. O grupo mestura rock, música tradicional, punk e pop nun disco autoproducido e no que a amizade e o amor á música son o motor fundamental do proxecto.

"Color y vida" no Palacete das Mendoza 22.04.2024

Soco Vara de Rey explícanos as claves da súa exposición no Palacete das Mendoza de Pontevedra: "Color y vida".

Berta Cáccamo 22.04.2024

O Museo de Pontevedra acolle a mostra "Berta Cáccamo. Correspondencias dun arquivo", que busca manter viva a súa memoria e difundir a obra da pintora abstracta. Falamos co seu irmán e co comisario da mostra.

A crónica deportiva 22-04-2024 22.04.2024

Alfonso Rueda recibe o equipo tralo seu ascenso á máxima categoría a falta dunha xornada.. O Racing Club Ferrol recibirá ao CD Mirandés o luns vindeiro. O Ourense CF a un paso do ascenso directo . O Pontevedra CF prepárase para os play off polo ascenso.

Luísa Villalta reeditada 19.04.2024

As editorais Laiovento e Cuarto de inverno presentan as reedicións do ensaio 'O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral' e a novela 'As chaves do tempo'. Falamos da edición da obras de Luísa Villalta con Prudencio Viveiro e Andrea Jamardo.

'Dansa' de Galicia ata València 19.04.2024

Afonso Becerra tráenos un híbrido de festival, feira e festa: o Dansa València. Na súa 37ª edición este festival quixo estreitar lazos con Galicia cunha programación na que destaca Marcia Vázquez co seu 'Onde pousa a humanidade' ou Paula Quintas con 'Multiperspectivas#2'.

aRi[t]mar 19.04.2024

Chegan a Braga os premios aRi[t]mar da música e da poesía galego-portuguesas. Desenvolvidos no seu comezo pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, fan parte da Rede da GaliLusofonia.

A crónica deportiva 19-04-2024 Video 19.04.2024

Pontevedra CF e Ourense CF loitarán polo ascenso nun Pasarón case cheo. O Celta ultima a cita de mañá coa UD Las Palmas en Balaídos. Tapia segue de baixa e Claudio Giráldez deixa fóra da convocatoria a Damián, Dotor e Ristic. No Deportivo, Ximo Navarro e Yeremay non estarán mañá ante o Nastic. Repasamos tamén as citas do baloncesto galego.

Abril tamén é para a danza 18.04.2024

A programación do Teatro Rosalía Castro da Coruña mantén dende hai 22 anos unha atención continuada á danza. Falamos co director do Rosalía Castro, Paulo Rodríguez.

'+Cuñados' e 'Civil War' 18.04.2024

Moncho Lemos tráenos as estreas da semana: a secuela '+Cuñados', dirixida por Luis Avilés coa participación da TVG; e 'Civil War', do director Alex Garland.

Escavando a Alta Idade Media 18.04.2024

A escavación desenvolvida nas últimas semanas no monte de San Cibrán, entre as parroquias de A Picoña (Salceda de Caselas) e Guláns (Ponteareas), revela unha fortificación da Alta Idade Media. Atoparon tanto estruturas coma pezas que amosan unha cultura moi definida ata o de agora sen documentar.

A crónica deportiva 18-04-2024 18.04.2024

O RC Celta renova a Claudio Giráldez ata 2025 coma adestrador do 1º equipo. Con el, tamén todo o seu corpo técnico. No RC Deportivo Yeremay amplía contrato do 2026 ao 2030. No Racing Club Ferrol, previa de Cristóbal para a visita ao Vilarreal B.

Os Horizontes dos Estudos Galegos no Congreso da AIEG 17.04.2024

Comeza en Braga o XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos co título Horizontes de Estudos Galegos e/na Lusofonía.

A cor da memoria 17.04.2024

Luís Miguel Crespo dános as claves do programa da Real Filharmonía para esta semana: "A cor da memoria", dirixida por Baldur Brönnimann e Wu Wei ao sheng. Composta por "Ecos vermellos", "A cor amarela para sheng e orquestra" e "O paxaro de lume, suite (versión 1945)".

Elas son artistas 17.04.2024

Sétima edición do ciclo “Elas son artistas”. Na área metropolitana da Coruña, de abril a novembro e en diferentes espazos públicos e privados, como as salas de concertos Jazz Filloa, Garufa Club ou Mardi Gras. A artista e compositora balear Maika Makovski estará hoxe no Teatro Colón abrindo o ciclo.

A crónica deportiva 17-04-2024 17.04.2024

Marco Garcés, director deportivo do RC Celta, anuncia o nova organización deportiva do club, na que non existirá o Celta C. Avanza tamén que o adestrador do primeiro equipo, Claudio Giráldez ten unha oferta de renovación encol da mesa.  No Deportivo, Ximo Navarro non adestra co grupo, aínda que si ofan Lúcas Pérez e Balenziaga. Ainhoa Marín dí que están tranquilas e centradas ante o previsible asc...

Hør på podkasten Todos os podcast | A crónica deportiva i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.