AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

8. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

A crónica deportiva 02-07-2024 _to_mp3 02.07.2024

Mikel Oyarzabal fala da confianza que hai na selección de cara ó partido de cuartos con Alemaña. O canterián do Celta Lautaro de León firma no Andorra. O CD Lugo ficha a Raúl Hernández, extremo madrileño de 30 anos que procede do Fuenlabrada. O Basquet Coruña presenta a campaña de abonados "Coliseum ano I".

O segredo do ourive 01.07.2024

Falamos coa directora luguesa Olga Osorio da rodaxe da súa nova película en Elciego. El secreto del orfebre, con Mario Casas e Michelle Jenner, adapta a novela do mesmo título de Elia Barceló. -------------------------------------

Vilar de Donas 01.07.2024

A igrexa lucense de Vilar de Donas, en Palas de Rei, chega aos oitocentos anos. Coñecemos algunhas das moitas curiosidades desta xoia do Románico

Merza prepárase para o Galaico Brass Festival 01.07.2024

Luís Miguel Crespo avánzanos o programa da cuarta edición do Galaico Brass Festival, que acolle a parroquia dezá de Merza entre 7 e 12 de xullo. Un encontro arredor dos instrumentos de vento metal que inclúe concertos, formación e convivencia, coa presenza de músicos de orquestras internacionais. 

A crónica deportiva 01-07-2024 01.07.2024

Carlos Torrado regresa ao Arousa 6 anos despois.. Imos ata Alemaña para saudar a Jorge Paz, o noso celtista viaxeiro na Eurocopa. Javi Rey presentado coma novo adestrador da SD Ponferradina.

Deseño galego premiado 28.06.2024

A deseñadora Uqui Permui, alzouse co reputado Premio Europeo de Deseño, polas coloristas bolsas de sementes que creou para a empresa “Sementares”. Bolsas actractivas na aparencia externa e feitas con criterio sostible, xa que se fabrican a partir de fibras de tomate. A maiores, outros 3 estudios galegos recibiron galardóns por deseños de lámpadas de teito feitas con granito, libros bordados ou a w...

Danza para o Orgullo 28.06.2024

Dende Lyon, o noso experto en Artes Escénicas recoméndanos "Blondi", un espectáculo do bailarín e coreógrafo David Loira, co que reivindicar o Orgullo

A crónica deportiva 28-06-2024 28.06.2024

Falamos con Diego Diz, futbolista galego que xogou en Xeorxia, rival de España en oitavos. Ander Cantero está a pasar o recoñecemento médico co RC Deportivo. Miguel Loureiro, ex do Racing Club ferrol, CD Lugo e Pontevedra CF, homenaxeado hoxe polo Concello de Cerceda.

Principia en Cangas a Mostra de Teatro 27.06.2024

Inclusión e convivencia son os eixos da 41 edición da Mostra de Teatro de Cangas, que se celebra dende hoxe ata o 7 de xullo. O programa inclúe a última produción de Chévere: Helen Keller, a muller marabilla e 7 estreas absolutas. Falamos coa pregoeira, a actriz Patricia Vázquez, e coa directora artística, María Armesto.

Novidades na carteleira 27.06.2024

Hoxe falamos de dúas novidades na carteleira: *Casa en llamas, de Dani de la Orden. *Kind of kindness, de Yorgos Lanthimos

Teatro sobre rodas 27.06.2024

'De Vilatriste a Vilalegre' é o título da nova obra da compañía Teatro Ó Cubo, da que falamos con Sofía Espiñeira e Roberto Casal. Unha coprodución co Centro Dramático Galego que percorre o país nun escenario móbil, o camión “A utópica rodante”. O domingo 30 de xuño estará na Mostra de Teatro Cómico festivo de Cangas.

De Maricarme a Alice Cooper 27.06.2024

Tito Lesende comeza o repertorio deste xoves con Maricarme, o trío folk formado por Cibrán Seixo, Migui Carballido e Antía Amexeiras, que ademais participa con Sabela Caamaño na canción 'As vidas caladas' de Antía Muíño.

A crónica deportiva 27-06-2024 27.06.2024

O mellor pádel do mundo está en Pontevedra. Falamos con Fabrice Pastor, organizador do cerame. O RC Celta xogará o venres 16 de agosto, día de San Roque, o 1º partido da Liga co Dep. Alavés. Ás 19:00h en Balaídos. Nacho Fdez explica a súa decisión de deixar o Real Madrid e marchar á liga saudita.

Arranca o Resurrection Fest 26.06.2024

Comeza en Viveiro o RESU 2024, que vai pola súa edición número 19. A estrela desta xornada de apertura é Alice Cooper pioneiro do heavy-glam e historia viva do rock aos seus 76 anos. Falamos con Esteban Girón, director de comunicación do Resurrection Fest, consolidado coma referente mundial da música metal, punk, rock e hardcore

Supergrupos galegos 26.06.2024

Carlos Crespo fálanos de proxectos musicais conformados por artistas galegos que xa teñen os seus propios grupos.

María Ruido, premiada na Mostra de Cangas 26.06.2024

Conversamos coa artista visual e investigadora María Ruido, á que a Mostra de Cangas recoñece co premio 'Mulleres en Acción' pola súa "contra-narrativa feminista e de clase".  A Mostra proxecta este mércores o seu último filme, 'Las reglas del juego' e expón as súas primeiras creacións na mostra '4 Performances'.

No verán, Café con Ardora 26.06.2024

Durante este verán compartiremos 'Cafés con Ardora' con Estíbaliz Espinosa. Conversas sobre cultura e ciencia nas que comparten protagonismo, ao mesmo nivel, a literatura e a astronomía, a física e a música, a arte e a neurociencia. Neste primeiro café estival falamos do fenómeno da ardora e de bioluminescencias, con  música de Kozmic Muffin e textos de Kobayashi Issa e Clarice Lispector...

A crónica deportiva 26-06-2024 26.06.2024

Álvaro García Diéguez dixa a presidencia do RC Deportivo. A galega Támara Echegoyen será abandeirada de España nos XX.OO. de París. O BM Cangas é o club da Liga ASOBAL con máis seareiros de media no seu pavillón. Con exactamente 2.127, supera ao Ademar de León.

Aquis Querquennis 25.06.2024

Falamos co arqueólogo do Grupo Larouco, Santiago Ferrer, das perspectivas de cara á campaña de escavacións deste verán no Aquis Querquennis, en Baños de Bande.

Dona Teresa de Zúñiga 25.06.2024

Principia a serie de mulleres na Historia que, cada martes e durante a tempada de verán, nos vai achegar o historiador Miguel García Fernández

'Alén', memoria do rural que esmorece 25.06.2024

Conversamos co fotógrafo Vicente Fraga, gañador da XVIII edición Premio Luís Ksado coa serie 'Alén'. Estas doce imaxes forman parte dun proxecto máis amplo, 'Adeus', co que documenta desde 2021 o esmorecemento da cultura rural tradicional. 

A riqueza da nosa toponimia 25.06.2024

Vicente Feijoo, filólogo especialista en Toponimia, fálanos este verán da enorme riqueza que constitúen os nomes galegos de lugar.  Un patrimonio excepcional no ámbito europeo pola súa densidade, variedade e antigüidade, que intentan preservar en Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa á que xa contribuíron unhas 6.000 persoas. 

A crónica deportiva 25-06-2024 25.06.2024

Rubén Albés chega ao Sporting de Xixón. O adestrador lucense de Folgoso do Courel, Manolo González, logra o éxito do ascenso do RCD Español. O técnico zaragozano Raúl Jardiel dirixirá ao CD Arenteiro. Ilusión no Burela FSF na previa do partido polo título co Futsi.

De tesouros vellos e novos 24.06.2024

Soledad Felloza fálanos de patrimonio, lendas e tradicións. Hoxe, os tesouros de Castrolandín

Romanticismo musical no ClasClás 24.06.2024

Luís Miguel Crespo debulla o programa da sétima edición do Festival ClasClás de Vilagarcía. Ata o 29 de agosto o certame ofrece, baixo o título 'Andante',  concertos que poñen o foco na música romántica, nos grandes quintetos de piano e cordas ou a música checa.

Hør på podkasten Todos os podcast | A crónica deportiva i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.