AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

7. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

A crónica deportiva 05-09-2024 05.09.2024

Damián Rodríguez fala trala renovación co RC Celta ata o 2028. Esgotados os 500 billetes para acompañar o RC Deportivo aos Cármenes. Presentado o arxentino Juan Gauto. No Racing Club Ferrol, Bebé xa adestra co grupo. O centrocampista Álvaro Sanz pide paciencia cos resultados. A SD Compostela presenta ao centrocampista Fer Cano e ao dianteiro estremeño Carlos Cinta.

O cura monicrequeiro 04.09.2024

Domingo Martínez de Presa, o cura monicrequeiro. Foi abade de San Miguel de Feás, en Xinzo da Limia. Deseñaba autómatas e escribiu un libro sobre eles en 1662. Falamos con Inacio Vilariño, que reproduciu un deses enxeños para o Museo ddas Marionetas de Lalín.

O primeiro libro en galego para aprender a ler 04.09.2024

Raquel C. Pico descóbrenos o primeiro manual para aprender a ler en galego. “Método de lectura”, publicado en 1932, de Josefa Iglesias Vilarelle. Unha mestra que exerceu en Mouronte (Pontevedra)

HerDanza en Santiago 04.09.2024

A oitava edición do festival HerDanza toma Santiago ata o 7 de setembro. Leodán Rodríguez e Isábel Sánchez debullan a programación do festival, que leva espectáculos de danza a espazos como a igrexa das Ánimas, a praza de San Martiño Pinario ou o Museo do Pobo Galego. 

Glosario da BD 04.09.2024

Manel Cráneo estrea a súa sección sobre banda deseñada aclarando algúns conceptos sobre esta arte que para el é tan vella como os debuxos nas paredes das cavernas. 

Os límites das fronteiras mentais 04.09.2024

Máis de 20 curtametraxes compiten nas seccións a concurso da novena edición do festival de curtametraxes de Verín

A crónica deportiva 04-09-2024 04.09.2024

O dianteiro marroquí Mohamed Bouldini presentado no RC Deportivo. No RC Celta, Carlos Domínguez sofre unha rotura fibrilar e Unai Núñez fala da sua cesión no Athletic Club. Álex Lizancos aséntase no lateral dereito do CD Lugo. Yelko Pino, do Pontevedra CF, analiza o inicio da temporada.

As primeiras da lista 03.09.2024

Son os artistas galegos con máis actuacións en concertos e festivais dunha escena bulideira sen precedentes. Coñecémolos un pouco mellor falando con eles. -Fillas de Cassandra é un dúo musical formado en 2022 por dúas coruñesas, María SOA e Sara Faro. A súa música baséase na tradición oral, o feminismo, a mitoloxía grega e a electrónica. -The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros...

O xogo de Escher 03.09.2024

«O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción, unha novela curta coa que Manuel Esteban se adentra na metafísica e nos propón xogarnos a vida cun computador en diferentes momentos da Historia

Arte e fantasía 03.09.2024

Mónica Maneiro comenta a exposicion 'A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía', que pode visitarse no Museo de Pontevedra ata o 29 de setembro

'La Boheme' regresa á Coruña 03.09.2024

A temporada lírica de Amigos da Ópera conmemora o centenario de Puccini.

A crónica deportiva 03-09-2024 03.09.2024

Dobre fichaxe no Racing Club Ferrol: Bebé e Róber Correa. Marco Garcés analiza o mercado de fichaxes. " A Iago Aspas ofrézolle 20 anos para que non me saque o posto" O Dépor trae un novo axudante para a dirección de fútbol, Antonio Méndez. Álex Galán presentado no Obradoiro.

Carlos Montero está de estrea 02.09.2024

Falamos co escritor, director e guionista de Celanova da súa última produción, Respira. A serie que emite Netflix dende o venres pasado posicionouse entre as máis vistas da plataforma. Carlos Montero asegura que o audiovisual galego está moi recoñecido no sector

Músicas emerxentes 02.09.2024

Tódolos luns habemos ter unha cita coas músicas emerxentes do noso país, coma Los Imperfectos, que acaban de sacar o seu primeiro tema

Pioneiros da Galiza Metálica 02.09.2024

A música e divulgadora Patty Castro descóbrenos na súa colaboración a historia e o presente da música metal en Galicia. Hoxe, os pioneiros lugueses Épsilon e mais un grupo actual, Brutal.  

A crónica deportiva 02-09-2024 02.09.2024

A viguesa Susana Rodríguez Gacio acada o ouro en París no paratríatlon olímpico. Fernando Soriano confirma que David Mella rexeitou xogar na Premier League por seguir no Deportivo. O Racing Club Ferrol busca reforzos, e Bebe, ex do Raio Vallecano, está na axenda.

Festiletras 30.08.2024

Arranca a 42 edición do Festiletras, unha das citas culturais máis salentables do calendario. Falamos con Uxía Varela do cumprido programa de actividades que acolle a aldea do Couto, en Ponteceso.

Mover montañas 30.08.2024

“Mover montañas”, de Alberto Velasco, danza reivindicativa con Afonso Becerra.

Internationale Tanzmesse de Düsseldorf, 30.08.2024

Representantes de cinco compañías coprodutoras e distribuidoras de danza galegas asisten á Internationale Tanzmesse de Düsseldorf, o maior encontro profesional do mundo en danza contemporánea. Falamos con una deles, Kirenia Martínez

Lecturas de verán e do verán 30.08.2024

Derradeira listaxe de lecturas recomendadas para o verán...de verán o do verán

A crónica deportiva 30-08-2024 30.08.2024

O céltico Oscar Mingueza regresa á selección- Hoxe pecha o mercado de fichaxes con posibles novidades nos equipos galegos La Vuelta di adeus a Galicia

#EAN14. 29.08.2024

Remata no Gaiás o XIV Encontro de Artistas Novos, #EAN14.  40 artistas emerxentes das artes plástias e audiovisuais expoñen e debaten durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos con otros axentes culturais. Coordinado unha edición máis por Rafael Doctor, Vituco Neira fala con el e con outras docentes e participantes.

Cine para rematar agosto 29.08.2024

Moncho Lemos tráenos dúas estreas de cine para a fin de semana.: -The Crow, de Rupert Sanders. Os namorados Eric Draven y Shelly Webster son asasinados brutalmente logo de atopárense e considerar que son almas xemelgas. - Volveréis, de Jonás Trueba. Tras 15 anos como parella, Ale y Alex deciden organizar unha festa para celebrar a súa separación, deixando pasmados aos seus achegados.

Wild Fest 29.08.2024

The Wild Fest celebra a súa sexta edición no parque forestal de Oia en Vigo. Deica o domingo música, audiovisual, obradoiros...todo co denominador común do amor pola natureza. Cóntanolo un dos organizadores, Juan de Castro.

Aínda quedan festivais 29.08.2024

Co verán na súa recta final aínda quedan festivais abondos. Repasamos as citas vindeiras máis salientables

Hør på podkasten Todos os podcast | A crónica deportiva i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.