AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

7. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

De perfumes, cheiros e recendos 18.09.2024

Con Raquel C.Pico achegámonos á memoria olfativa do século pasado

O metal submariño de Urko 18.09.2024

Urko é un trío compostelán de metal que reivindica desde o seu nome o mito do can do mar, e con el, a música subterránea.  Acaban de publicar o seu primeiro EP, 'Capítulo I: Retorno do abisal', que presentan en directo en Santiago o 28 de setembro. 

Cadros de BD 18.09.2024

Manel Cráneo explora a relación entre artes visuais, museos e a banda deseñada.

O anxo que nunca fun 18.09.2024

"Hai cousas moi sorprendentes para min mesmo" M. Outumuro revisa a influencia dos recordos da infancia na súa obra. O fotógrafo inaugura en Ourense a exposición "O anxo que nunca fun"

A crónica deportiva 18-09-2024 18.09.2024

Na Liga de Campións, PSG - Girona. Luís Enrique e Míchel, dous estilos moi parecidos. No Deportivo, Lucas Pérez asegura: "preocupación cero" polo mal arranque na liga. No Rácing, Moi Delgado será o substituto do mancado Brais Martínez de 6 a 8 semanas. Ana Peleteiro deixa Guadalajara e a Iván Pedroso para regresar a Ribeira e adestrar co seu home Benjamin Campaoré.

O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón 17.09.2024

O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón. Do coleccionismo ao museo Deica o 10 de novembro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Falamos con Erea Castro Alfonso, a comisaria desta exposición: “Era un adiantado na conservación de patrimonio galego”.

Os mortos que amei 17.09.2024

 Dolores Vilavedra comenta “Os mortos que amei”, de Iria Collazo . Unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós,

Comeza a temporada artística 17.09.2024

Mónica Maneiro repasa o comezo da temporada de exposicións en galerías e museos. 

A crónica deportiva 17-09-2024 17.09.2024

O Uni Ferrol viaxa a Italia coa ilusión do debut na EuroCup. Comeza a Liga de Campións co novo formato de liguiña. Hoxe Real Madrid - Stuttgart. Adestramento matinal no RC Deportivo con Yeremay á marxe. O Básquet Coruña inaugura hoxe o Coliseum cun amigable co Porto. Os galegos Martín Fernández e Santi Paz presentados no Club Ourense Baloncesto.

Nadie González 16.09.2024

Carlos Crespo preséntanos a Nadie González. Do primeiro disco desta viguesa, que fai hiphop “blandito”, escoitamos Coroa de flores e A Carrasquiña.

Xudef Klas e Suevia 16.09.2024

Patty Castro segue descubríndonos a historia e o presente do metal galego, hoxe cos clásicos Xudef Klas e as contemporáneas Suevia. 

Música Imaginaria 16.09.2024

"Descubrín outras sonoridades". Vibráfono e acordeón están na xénese de Música imaginaria Sae o novo proxecto de Baldo Martínez Sexteto. 

A crónica deportiva 16-09-2024 16.09.2024

Analizamos con Martín de la Puente a vitoria por 3 a 1 do Celta-Valladolid:"O apoio dos seareiros inflúe no rendemento dos futbolistas". O Racing suma un punto meritorio en Cádiz e perde por lesión o lateral Brais Martínez. O San Tirso da Coruña xogará fronte o Selaya cántabro a rolda previa da Copa do Rei no Campo do Monte. Último chanzo antes de recibir a un equipo da primeira división...

Ópera 13.09.2024

Alfonso Becerra debulla La Bohème, que arrancou a temporada de Ópera na Coruña

Noites na cidade vella 13.09.2024

Arranca na Coruña o III ciclo de concertos “Noites na cidade vella”

Chega aos cines 'Justicia Artificial' 13.09.2024

Conversamos con Santi Prego e Ledicia Sola, dous dos intérpretes galegos que participan no thriller 'Justicia Artificial', que explora os dilemas que suporía o uso da intelixencia artificial na xustiza. Dirixida e coescrita por Simón Casal, a longametraxe está participada pola produtora galega Abano e pola TVG. Estréase nas salas de cine este venres 13 de setembro e proxectarase na secci...

Lecturas para o novo curso 13.09.2024

Na semana do comezo do curso escolar Eva Mejuto propón lecturas para rapazada e docentes. 'Fóra de campo' é unha obra de teatro de Rosalía Fernández Rial  que pode ser lida e interpretada por adolescentes e explora que hai máis alá do mundo supostamente perfecto de Instagram. Da mesma autora, 'Mover ficha' achega propostas para as clases de lingua e literatura. A terceira propo...

A crónica deportiva 13-09-2024 13.09.2024

No Racing, Cristobal Parralo advirte sobre o potencial do Cádiz e fala da actuación de Álvaro Sanz. Última hora do Córdoba - Deportivo de hoxe ás 20:30h. Lesión de Javi Manquillo no Celta, rotura de fibras. Hoxe comeza o Torneo Encesta Rías de baloncesto en Pontevedra.

Celme de zanfona 12.09.2024

Os cegos cantores, portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media, son os protagonistas do IV Celme de Zanfona Unha colección de Pregos de cordel do Arquivo Castro Vicente permite ver de preto as cualidades formais, editoriais, literarias e relativas á estampa. Inclúe un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval que recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreq...

Dous thrillers de estrea 12.09.2024

Moncho Lemos tráenos hoxe dous thrillers: Justicia artificial, do coruñés Simón Casal e a estadounidense No hables con extraños, de James Watkins

Catro días de música nas Revenidas 12.09.2024

Visitamos o festival Revenidas, que ata este domingo acolle en Vilaxoán concertos de Fillas de Cassandra, Lendakaris Muertos, Rebeliom do Inframundo ou Vértebras. Nesta edición do festival despídese do público o proxecto Nación Quilombo de García MC e tamén a banda catalá La Pegatina, visitante habitual das Revenidas.  Imaxe de Christian Pérez

Verbena, política e melodía 12.09.2024

Hoxe Tito Lesende tráenos dúas estreas do país: 'Papá & Mamá', reviravolta de Ortiga ao clásico de Los Satélites, e 'Cantare', unha peza na que Hugo Guezeta une forzas coas rapeiras Nadie González e Temible Olivina. Ademais escoitamos a Jake Bugg, que participa no OUR Fest.

V Encontro profesional de Música Galiza-Portugal 12.09.2024

12 showcases de bandas de Galiza e Portugal no MUMI Comeza o  V Encontro profesional de Música Galiza-Portugal en Tui e Valença

Un mosteiro, un mar de historias 11.09.2024

 “Un mosteiro, un mar de historias” pon en valor o patrimonio do Real Mosteiro de Oia, o único da  Orde do Císter ubicado na costa atlántica. A mostra percorre 875 anos -dende o s. XII ata o s. XXI- desvelando por vez primeira episodios descoñecidos do monumento e da propia historia de Galicia. Na sede de Afundación en Vigo ata o 5 de outubro.

Os inicios da radio en Galicia 11.09.2024

Os inicios da radio en Galicia. Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, primeira estrela mediática galega e impulsor do Padroado Rosalía de Castro. Estvo en antena de 1933 a 1936

Hør på podkasten Todos os podcast | A crónica deportiva i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.