AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

1. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

"Quinografía" e "The last showgirl" 19.06.2025

Comentamos o documental sobre a vida e obra de Joaquín Salvador Lavado, Quino, o creador de Mafalda. A cinta dirixida por Mariano Donoso e Federico Cardone parte dunha entrevista inédita con Quno para afondar na vida e o pensamento do home que cambiou a maneir de entender a banda deseñada. Ademais asomámonos a "The last showgirl", unha película que nos descubre as dotes actorais de Pamel...

A playlist do Resurrection Fest 19.06.2025

Tito Lesende pica hoxe música dalgunhas das bandas que pasarán pola vixésima edición do Resurrection Fest. Dos clásicos Judas Priest, cabezas de cartel do mércores aos estadounidenses Slipknot, que tocarán o sábado, ou aos ucraínos Jinjer, unha das bandas que demostra a crecente presenza das mulleres no metal. Da colleita galega, os vigueses Aphonnic e os muradáns Archivo Adxunto.

A crónica deportiva 19-06-2025 19.06.2025
A crónica deportiva 18-06-2025 18.06.2025

Antiviolencia propón o peche de Balaídos por tres meses e unha multa de 350 mil€ por incidencias no Celta - Rayo Vallecano. Analizámolo con Víctor López e escotamos ao redondelán Miguel Rodríguez. Renova Manu Fernández. No Dépor, Kevin Cabado fala do feminino. No Lugo, presentados o director deportivo Javi Recio e mailo director xeral Adrián Roidríguez

Toponimízate arranca a súa oitava edición 17.06.2025

“Todo o mundo pode colaborar na recuperación da microtoponimia” “Pedimos que se conserven os nomes antigos dos lugares cando se urbanice ou parcele” Este venres arranca en Sandiás unha nova edición de Toponimízate. Conversamos con Vicente Feijoo, coordinador da plataforma Galicia Nomeada, desta nova campaña e tamén da talasonimia, xa que os nomes do mar están en risco grave de desaparecer.

Epistolario entre Neira Vilas e Alonso Montero 17.06.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Correspondencia 1965-2014’, un epistolario que recolle as cartas que cruzaron durante medio século Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero

Festival Atlántica 17.06.2025

 XIII edición do Festival Atlántica de narración oral, a partir do 28 de xuño no Panteón de Galegos Ilustres Conversamos con Soledad Felloza, directora artística do festival, e con Manuel Gago, coautor do 'Mapa de seres máxicos do Reino de Galicia'

'Cuestións de vida ou morte' Video 17.06.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición retrospectiva 'Cuestións de vida ou morte' da costarriqueña Priscilla Monge. No CGAC

A crónica deportiva 17-06-2025 17.06.2025

Actualidade deportiva

Rumia 16.06.2025

Carlos Crespo descóbrenos a Rumia, gañadora do Martín Códax na categoría de electrónica. Con raíces galegas e portuguesas, estudou música en Alemaña.

O verán tamén é tempo de clásica 16.06.2025

Despedimos a Pablo S. Quinteiro a piques de rematar a temporada avanzando as citas vindeiras coa música clásica

A crónica deportiva 16-06-2025 16.06.2025

Fer López marchará á Premier League por uns 25 millóns de euros que ao Celta lle valerán para cadrar as contas Yoel Lago fala da súa renovación. Repasamos os partidos de ascenso da fin de semana. O Céltiga e o Xuventude Cambados ascenden a Terceira RFEF. Hoxe segundo partido da final polo título do Liceo en Barcelona.

Centro de Estudos Galegos en Asia 13.06.2025

“Polo de agora centrámonos en dar a coñecer a cultura galega” Conversamos co profesor e sociolingüista Anik Nandi, director do primeiro Centro de Estudos Galegos en Asia, na cidade india de Hyderabad 

Trïade 13.06.2025

Afonso Becerra comenta ‘Trïade’,a produción máis nova de Colectivo Glovo, que busca render culto ás ancestras partindo da vida, a morte e mailo renacemento 

Fotógrafas ante o canon 13.06.2025

“A forza máis produtiva do planeta son as mulleres” Falamos con Andrea Costas Lago, unha das relatoras das xornadas ‘Pensamento visual e fotografía’, organizadas polo Consello da Cultura Galega no MARCO de Vigo

Lecturas musicais para todas as idades 13.06.2025

Eva Mejuto trae hoxe catro propostas de lectura para contar e cantar: Agora vou cantar eu, O Pilindrín, Cancioneiro galego serodio e Oceanoe

A crónica deportiva 13-06-2025 13.06.2025

Actualidade deportiva

O Forno da Amara 12.06.2025

“O máis gratificante é recuperar a memoria dos barrios e crear comunidade” O Forno da Amara é un proxecto de participación cidadá que busca tender pontes entre o CGAC e os habitantes máis veteranos da súa contorna, de xeito que poidan compartir as fotografías dos seus álbums familiares e xerar un arquivo da transformación da cidade que rematará cunha exposición no museo. Conversamos coa súa codire...

'Votemos' e ‘One to One: John & Yoko’ 12.06.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: 'Votemos’, de Santiago Requejo. A medio camiño entre a comedia e o drama, baséase nunha curta do director e na súa propia obra de teatro arredor dunha xunta de veciños. ‘One to One: John & Yoko’, de Kevin Macdonald e Sam Rice-Edwards. Cine documental con arquivos inéditos daquel concerto de Lenon que lle dá nome.

O cartel do Son do Camiño 12.06.2025

Tito Lesende pica dende o Son do Camiño música de grupos que actúan no festival : de Bryan Adams, a Bad Gyal e The Rapants.

A crónica deportiva 12-06-2025 12.06.2025
A maquillaxe 11.06.2025

Raquel C. Pico trae a maquillaxe ao seu gabinete de curiosidades. Sabiades que non se popularizou ata os anos vinte?

A Pedreira, premio Martín Códax de canción de autora 11.06.2025

'Basal' non é un disco máis na carreira de Ugia Pedreira. Recoñecido cun Martín Códax na categoría de canción de autora, foi tamén candidato nos premios MIN e nos galardóns da Academia da Música de España.  O proxecto, que terá novas ramificacións proximamente, segue viaxando polos escenarios: o sábado 14 de xuño, na Casa da Cultura de Bertamiráns, o 27 de xuño no Fisterra Experience e o...

A crónica deportiva 11-06-2025 11.06.2025

A presentación de Antonio Hidalgo como adestrador do Deportivo e as explicacións de Fernando Soriano. Con Javi Torres. Primeiras declaracións de Ionut Radu, o novo porteiro romanés do Celta. Eduardo Villar deixa a presidencia do Club Ourense Baloncesto e anuncia a súa intención de crear un equipo feminino.

"Obras públicas" 10.06.2025

Comentamos o libro "Obras públicas", unha selección de textos breves do escritor e ensaista Marcos Lorenzo sobre asuntos variados como a noción de liberdade, Deus, a ciencia ou a memoria. Está publicado por Libros Lorref,

Hør på podkasten Todos os podcast | A crónica deportiva i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.