AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal
Forfatter
AGalegaAudio
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
1. okt 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
O teatro do porvir 24.10.2025 7:16
Afonso Becerra cóntanos como foi o VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025, que se celebrou o domingo pasado no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña En total puideron verse sete proxectos en proceso de creación, catro deles en galego e tres en portugués.
Podcast cultural 39. Cancións bonitas 24.10.2025 16:17
Germán Díaz e Benxamín Otero publican novo traballo en colaboración: ‘Outras trece cancións bonitas’.
A crónica deportiva 24-10-2025 24.10.2025 30:00
Lenda inmortal do celtismo. Iago Aspas fala despóis da emotiva homenaxe. O Deportivo non fichará reforzos logo das lesións de Ximo Navarro e Sergio Escudero. Fala Antonio Higalgo. Na 1RFEF, previa do Celta Fortuna - Racing Club Ferrol. Máis de 1100 seareiros verdes viaxarán a Balaídos. Escoitamos tamén a Rubén Domínguez do Pontevedra CF e a Iago Iglesias do CD Lugo.
Podcast cultural 38. A terra cansa e os dous de sempre. 23.10.2025 20:58
“É posible abandonar a arrogancia colonial occidental para escoitar as voces ignoradas doutros pobos?” É unha das preguntas coas que se presenta "Terra cansa", un dos concertos centrais do festival de creación musical contemporánea Vertixe 13. E Despois "Os dous de sempre" segundo Mofa e Befa.
Sonatas de outono 23.10.2025 44:54
Tito Lesende pica música propicia para a melancolía do outono con temas novos e mesmo algún inédito de Xan Pais, Luís Fercán e SPablo. E de sobremesas, o disco que saca a arxentina Paz Lenchantin e mailo concerto mañá na Capitol de Robert Finley
A crónica deportiva 23-10-2025 23.10.2025 29:58
Falamos con Miguel Alonso de Iago Aspas (os dous son de Moaña), de Claudio Giráldez (adestrouno no Pontevedra CF) e do Niza, (Alonso traballou 4 anos no Olimpic de Marsella). No Depor, fala José Gragera. Pleno de vitorias galegas na Copa de España de baloncesto
'A vinganza de Paquiño Jackson' 22.10.2025 8:13
Malores Villanueva comenta ‘A vinganza de Paquiño Jackson’, da ourensá Alba Guzmán, gañadora por dúas veces do Galicia Crea. A novela é unha verbena estrafalaria, un crime no medio dunha festa...e tamén zombies, vacas, o rural galego e mailo «Thriller» de Michael Jackson pairando sobre os protagonistas
Podcast cultural 37. De foto. 22.10.2025 19:24
O Festival de Fotografía Documental da Coruña achégase ás migracións na súa novena edición. Iván Nespereira presenta en Ffoco o fotolibro "Entidade singular ".
A penaltis 22-10-2025 22.10.2025 2:01:00
E tamén: Previa do Dépor-Valladolid. Santi Canedo, do Bergantiños . Manu Martínez, do Atlántida Matamá, máximo goleador das Primeiras Futgal.
A crónica deportiva 22-10-2025 22.10.2025 30:00
Claudio Giráldez "Iago Aspas vai xogar". A previa do Celta - Niza, con homenaxe preparada para Iago Aspas. No Depor, Sergio Escudero, rotura de fibras, baixa para un mes. Fala Diego Villares. Varias polémicas na xornada da Liga de Campións. Falan Tiago Rodríguez no Pontevedra CF e Kevin Presa no CD Lugo. O Club Ourense Baloncesto e o Basquet Coruña aceden á 8º da Copa de España de balonc...
Lidia India 21.10.2025 11:36
Hoxe nas “descubertas” de Carlos Crespo: Lidia India. A ferrolá defínese coma cantora galega que fusiona músicas vitais co folk atlántico e ritmos do mundo.
Podcast cultural 36. Os xoguetes rotos dos setenta e o imaxinario dos vinte. 21.10.2025 24:52
A compañía Barrosanta estrea no FITO "Xoguetes rotos", o seu novo traballo escénico, o segundo. E o Curtas Festival do Imaxinario abre nova edición en Vilagarcía.
‘Percepción e Incerteza’ 21.10.2025 34:31
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Percepción e Incerteza’, no CGACEstá comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, e consta de catro instalacións audiovisuais.
A penaltis 21-10-2025 21.10.2025 2:01:00
Borja Fernández, adestrador da UD Ourense + ex do Depor e do Valladolid . Álex Seijo, do Arousa. Pablo Mouriño, do Ordes, líder da Preferente.
A crónica deportiva 21-10-2025 21.10.2025 29:58
Última hora do Celta e do Deportivo. Comeza a 3ª xornada da Liga de Campións. Fútbol sala; partido espectacular do Noia en Palma. Derrota por 11 a 6. Hoxe Copa de España de baloncesto: Oviedo - Basquet Coruña e COB - Cartaxena.
Podcast cultural 35. Do teatro que foi e do que puido ser. 20.10.2025 23:05
O volume "Dar voz ao teatro galego" recupera a memoria do Premio Castelao de Teatro dos anos sesenta do século pasado. E ademais Palestina en Amal.
Teatro infantil e libros reversibles 20.10.2025 25:44
Andrea Jamardo trae‘O carteiro de Ximaraos , de Carlos Labraña, ilustrado por Luz Beloso. Premio Manuel María de Literatura Dramática 2024, a súa lectura está recomendada de 10 anos en diante. Na Biblioteca Dramática Galega de Edicións Xerais. ‘Fani e SuperDani: atraco na tenda de lambonadas’ é o último volume da serie de Ramón D. Veiga e Ignacio Hernández. Como son libros 'reversibles',...
A penaltis 20-10-2025 20.10.2025 2:01:00
E tamén: Dani Pedrosa, futbolista do Estradense . E Álex Graña, capitán e goleador do Choco con 20 anos.
A crónica deportiva 20-10-2025 20.10.2025 29:59
O Celta segue sen gañar -7 empates e 2 derrotas-, pero está fóra do descenso. O Depor remata 4º a 10ª xornada despois de 2 derrotas e 4 partidos sen gañar. Regresa a Liga de Campións. O Ourense CF segue sen gañar. O Noia FS visita a inexpugnable pista do Palma Futsal.
Teatro e circo teatral 17.10.2025 9:55
Afonso Becerra comenta ‘Do reino (e) dos amores proscritos’, que estreou onte en Ribeira con ALÓproduccións. Tamén o espectáculo de circo teatral ‘A serie clopen’ do Centro Dramático Galego
Podcast cultural 34. Nicasso 17.10.2025 18:57
O Centro Galego de Arte Contemporánea dedíca unha pequena exposición ó artista Carlos Pazos. O centro da mostra é a peza ‘Nicasso’, que pertence ó fondo do CGAC.
A crónica deportiva 17-10-2025 17.10.2025 30:00
Juan Carlos Andrés "vexo con peores sensacións á Real que ó Celta". Antonio Hidalgo na previa do partido en Santander. Todos dispoñibles, salvo Ximo Navarro. Rafael Louzán apremia ó Concello da Coruña a avanzar cara ó Mundial. Na 1RFEF falan Pablo López (Racing Club Ferrol), Rubén Domínguez (Pontevedra CF), Jesús Arribas (CD Arenteiro) e Iago Iglesias (CD Lugo).
Podcast cultural 33. De honras e homenaxes 16.10.2025 16:45
Falamos con Manuel Figueiras, socio de honra 2025 de Gálix. E dos 40 anos do volume de Paco Martín "Das cousas de Ramón Lamote"
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.