AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal
Forfatter
AGalegaAudio
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
29. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Cen anos dos grandes voos da aviación española 22.04.2026 11:42
Canda Moncho Lemos falamos co tenente coronel Marcelino Sempere Doménech, que esta tarde dá unha conferencia en Santiago sobre o centenario dos grandes voos da aviación española, nos que salientan os efectuados polo pioneiro galego Joaquín Loriga e a Escuadrilla Elcano.
A crónica deportiva 22-04-2026 22.04.2026 29:58
Última hora do Barça - Celta de hoxe. No Dépor, Yeremay di que non pensa en operar a lesión de pube. Imanol Idiakez chega ao Cadiz. Lesión grave de Víctor Pastrana no CD Lugo.
Portosanto 21.04.2026 10:01
Carlos Crespo tráenos a Portosanto, un grupo novo formado por Anaís, Andrés, Nuno (tamén Grande Amore), Simón e Xoel, é dicir, os mesmos integrantes da desaparecida banda Oh! Ayatollah. Mañá publican o álbum ‘Ten que haber un sitio para nós’ con Ernie Records. O sábado estarán en Pontevedra, no festival Galegote.
'Pero no pintar' 21.04.2026 8:36
Mónica Maneiro analiza a mostra 'Pero no pintar' do artista ferrolán Juan López. A exposición pode visitarse na galería Nordés da Coruña ata o 2 de maio.
A penaltis 21-04-2026 21.04.2026 2:00:56
Que sensación deixa o triunfo do Deportivo ante o Mirandés?. Con Álvaro Santos, do Peñafiel, Carlos Alonso, do Coruxo e Pablo Iglesias, pichichi do Chantada, que vén de ascender a Preferente.
A crónica deportiva 21-04-2026 21.04.2026 29:58
Previa do Barça - Celta. As voces do Dépor 3 - Mirandés 1. Presentado Jordan Walker no Breogán.
'Virxinia e Castelao', 'Fauna' e 'A miña sombra' 20.04.2026 11:06
Andrea Jamardo tráenos ‘Virxinia e Castelao’, de Diego Bará, na colección Miudiños de Edicións do Cumio. Trátase dun álbum ilustrado que achega aos lectores máis novos á vida de Virxinia Pereira e Daniel Rodríguez Castelao, dúas figuras fundamentais da historia e da cultura galegas. Tamén a banda deseñada ‘Fauna’, de Iago Fernández e Damián Gómez, na colección Galopín de Antela Editorial. Un futur...
A crónica deportiva 20-04-2026 20.04.2026 29:58
O Deportivo precisa dos 3 puntos no partido contra o Mirandés para seguir en postos de ascenso directo. Javi Torres cóntanos como se presenta o encontro. Víctor López explica cales son os postos que dan acceso a competicións europeas tralo título de Copa obtido pola Real Sociedad. Presenbtamos o Tizona Burgos - Obradoiro.
Diario cultural fin de semana 18-04-2026 18.04.2026 56:55
Conversamos con Ugía Pedreira sobre o seu docudisco "Basal", un achegamento ao universo creativo da artista no que adquire protagonismo a relación coa súa filla, que ten parálise cerebral, e o patrimonio sonoro e físico da súa Mariña natal. Pedro Reboleiro fálanos de "Sen patrón", malabares e humor da man da compañía Pista 4. Escoitamos "Un saber", o disco no que o tr...
Expreso de medianoite 3-10-2010 17.04.2026 1:48:46
Unha viaxe con Diego Ameixeiras para falar da súa nova novela, "Asasinato no Consello Nacional". A Orde de Malta en Galicia. Conversa con Fernando Abreu, do Cuarteto Caramuxo, sobre o seu novo disco "Tiruriru". Parada teatral no Festival de Galicreques e outras propostas escénicas.
Expreso de medianoite 2-10-2010 17.04.2026 1:50:48
Viaxe pola cinema con Enrique Nicanor, coordinador do Festival de Cine de Ourense. Tamén as estreas de carteleira e todas as citas de ocio e cultura. Última parada do tren para camiñar pola terra de Costa de Marfil.
Expreso de medianoite 26-09-2010 17.04.2026 1:48:54
Conversa co director Juan Pinzás, que vén de estrear a súa nova película "As imaxes perdidas". Bota a andar en Galicia o novo selo discográfico "Matapadre" cun traballo do Colectivo Oruga. Parada na tese sobre a autoría feminina das Cantigas de Amigo. Percorrido polo mundo das artes escénicas coa nova proposta de Carlos Blanco, "Orden e progreso". Debate sobre a decis...
Expreso de medianoite 25-09-2010 17.04.2026 1:49:24
Primeira parada no Festival de cine de autor de Lugo. Sarabela Teatro representa en Ourense "O incerto señor don Hamblet", de Álvaro Cunqueiro. Percorrido do Expreso pola terra de Chile.
Andando a Terra 25-07-2010 17.04.2026 1:47:48
Arxentina, a quinta provincia galega.
Andando a Terra 18-07-2010 17.04.2026 1:53:27
Andando a Terra descubre Albania e a súa historia Na segunda hora o camiño pasa por Australia, o país das segundas oportunidades.
Club Cultura 17-07-2010 17.04.2026 1:54:23
A Galicia mariñeira celebra as festas do Carme. Paradas na Mostra Internacional de teatro de Ribadavia e no Certame de Graffiti de Lugo. O camiño portugués pasa polo certame "Cultura quente" de Caldas. Achegamos una revisión da variada oferta do festival "Via Stellae", que multiplica concertos por todo o país, e tamén do "Pontejazz", a cita co blues e o jazz de Pontev...
‘Minor inter partes’ 17.04.2026 10:52
Afonso Becerra comenta ‘Minor inter partes’, de Teatro Ensalle, con dirección de Pedro Fresneda e Juan Navarro. Trátase dunha proposta innovadora da que o público fai parte de xeito natural. Tamén nos propón o Primavera en Danza de Carballo.
A crónica deportiva 17-04-2026 17.04.2026 29:58
Esspecial Gran Camiño
'Landa' e 'La mujer más rica del mundo' 16.04.2026 8:28
Moncho Lemos recomenda o documental ‘Landa’, dirixido por Gracia Querejeta e Miguel Olid, e a película ‘La mujer más rica del mundo’, de Thierry Klifa. A fita está inspirada en Liliane Bettencourt, a herdeira de L'Oréal e protagonista na súa senectude dun dos escándalos máis célebres de Francia.
A penaltis 16-04-2026 16.04.2026 2:00:56
Novidades no Deportido. O post do Celta-Friburgo, con Raúl Blanco, canterán celeste do Alcorcón e curmán de Iago Aspas, Migui Fernández, da U.D. Ourense e Cheri, do Ribadumia.
A crónica deportiva 16-04-2026 16.04.2026 29:56
Última hora do Celta - Friburgo dende Balaídos con mensaxe de Vlado Gudelj. Fran Alonso non continuará no Deportivo feminino o ano vindeiro. Previa do Obra - COB. Situación de carreira no Gran Camiño.
'As humidades' 15.04.2026 13:14
Malores Villanueva comenta ‘As Humidades’, a estrea literaria de Alba Tomé, finalista do premio Illa Nova de Narrativa 2025.
Tapa d'Orella 14.04.2026 15:58
Carlos Crespo tráenos a Tapa D’Orella, o novo proxecto musical de Willow GHZ e Pappaquino, que mestura música urbana, electrónica e unha estética moi ligada á cultura dixital do noso país. O dúo vén de publicar o seu segundo sinxelo, ‘Punto de Mira’.
'A natureza das cousas. CHEMA MADOZ' 14.04.2026 8:50
Mónica Maneiro comenta a exposición fotográfica 'A natureza das cousas. CHEMA MADOZ', comisariada por Oliva María Rubio na sede de Afundación en Santiago de Compostela. Ata o 29 de agosto.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.