Mohawk
RETALLOS PARA O PENSAMENTO
Sobre os humanos actuais e passados. Sobre a nossa sociedade e o seu desenvolvimento sostíbel...assi como calquer outro tema que convide á dialogar e debater...
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
GALIZA, un balance no 2011 28.03.2014 1:27:03
Palestra do economista e político galego Joam Lopes Facal, organizada polo Facho o 01-12-2011, sobre a situación socioeconómica da Galiza no 2011
A ORIXE das POLÍTICAS SOCIAIS EN ESPAÑA e NA GALIZA (1908-1963) 24.03.2014 1:05:01
Conferencia da profesora Margarita Vilar Rodríguez no 2010 sobre as orixes das políticas sociais en España entre 1908 e 1963
PRECARIZACIÓN LABORAL e POLÍTICAS NEOLIBERAIS 17.03.2014 1:12:39
Conferencia de Xosé Manuel Carril, organizada polo Facho a finais do 2010, sobre a políticas neoliberais e o seu impacto nas condicións laborais dos empregados
Sobre o DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN por Carlos Taibo 13.12.2013 33:28
Palestra do Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, en 2006 sobre o dereito de autodeterminación dos pobos. Moi interesante e de atualidade.
PRESTIGE e NUNCA MÁIS. Debate sobre a sentenza 2013 26.11.2013 1:20:55
Debate en Irmandade.tv sobre a catástrofe do Prestige con Xaquín Rubido e Rafa Vilar da plataforma Nunca Máis, e con Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial e Beti Vázquez do Sermos Galiza. Abórdase o que supuxo o movemento social de Nunca Máis para a sociedade galega e a onda mobilizadora que percorreu o País. Tamén, como non, reflexionase sobre as consecuencias da recente sentenza da Aud...
FEIRACO modelo cooperativo de innovación 23.11.2013 49:38
Palestra de Ismael Martinez Lede, Director de I+D de FEIRACO, no Ateneo de Santiago, en outubro do 2013. FEIRACO é unha empresa leiteira en réxime de cooperativa fundada en 1968 que recentemente recibiu o primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa, e o distintivo de Igualdade na Empresa pola súa política de responsabilidade social, e foi distinguida como «empresa socialmente responsable.
SANIDADE PÚBLICA e ECONOMÍA 22.11.2013 1:02:42
Palestra do economista Xaquín A.Corbacho no Ateneo de Santiago, en outubro do 2013, sobre a Crise, as privatizacións e o deterioro da Sanidade Pública
CLIMA e EVOLUCIÓN HUMANA por María Martinón 04.11.2013 1:50:40
Ponencia da investigadora galega María Martinón no 2012 sobre a influencia do clima na evolución humana. María Martinón Torres é responsábel da Liña de Investigación sobre Antropoloxía Dental en Homínidos no Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) e membro da equipa de Atapuerca
OS HOMÍNIDOS de ATAPUERCA por María Martinón 03.11.2013 1:06:46
A investigadora galega María Martinón Torres, deu en xullo de 2013 esta interesante conferencia sobre os homínidos que moraron na serra burgalesa de Atapuerca.
EVOLUCIÓN HUMANA e DENTICIÓN por María Martinón 31.10.2013 51:03
Conferencia da Paleoantropóloga galega María Martinón organizada pola Fundación Carlos Casares. María Martinón Torres é licenciada en Medicina e Cirurxía e doutora en Antropoloxía pola USC. Responsable do Grupo de Investigación de Antropoloxía Dental do CENIEH de Burgos e membro do proxecto de excavacións de Atapuerca.
O NACIONALISMO GALEGO perante a CRISE 2013 09.08.2013 1:24:11
Mesa redonda en xullo do 2013 sobre o Nacionalismo Galego e a crise na que estamos inmersos con Xavier Vence, Xosé Manuel Beiras, Rafael Cuiña, Carlos Morais, etc...
MODELOS REPUBLICANOS e FEDERAIS 02.07.2013 1:23:04
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente, Fernando Martínez López, da Universidade de Almería, fala dos modelos republicanos federales nacidos da revolución liberal do XIX.
A SOLUCIÓN LIBERAL 3 de 3 – MESA REDONDA e DEBATE 02.07.2013 55:33
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santi ago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que os ponentes e o moderador, Xosé Ramón Veiga, estabelecen esta mesa redonda sobre as modificacións liberais que reestruturaron a España contemporánea.
A SOLUCIÓN LIBERAL 2 de 3 – MODERADOS, PROGRESISTAS e DEMÓCRATAS 02.07.2013 39:37
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santi ago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que a ponente Mª Cruz Romeo, da Universidade de Valencia, expón as diferentes tendencias políticas predominantes no parlamentarismo do XIX: Moderados, Progresistas e Demócratas.
A SOLUCIÓN LIBERAL 1 de 3 – A DIVISIÓN PROVINCIAL DE JAVIER DE BURGOS. 02.07.2013 55:06
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santi ago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente Manuel Estrada, da Universidade de Cantabria, fala da nova planta liberal que estabelece unha estrutura administrativa e territorial que aínda se mantén na actualidade: concellos, deputacións, e a famosa división provinc...
CONTESTACIÓN AO CENTRALISMO LIBERAL 3 de 3 – MESA REDONDA e DEBATE 02.07.2013 1:13:42
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que os ponentes, e o moderador, Xusto Beramendi, establecen un debate en relación aos movimentos descentralizadores no estado liberal do XIX.
CONTESTACIÓN AO CENTRALISMO LIBERAL 2 de 3 – O PROVINCIALISMO COMO PROBLEMA 01.07.2013 28:27
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente, Ferrán Archiles, da Universidade de Valencia, fala do movimiento provincialista como reacción ao centralismo liberal do XIX
CONTESTACIÓN AO CENTRALISMO LIBERAL 1 de 3 – A EXCEPCIÓN FORAL VASCA 01.07.2013 53:27
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que a ponente, Coro Rubio, da Universidade do País Vasco, expón a particular situación dos foros en Euskadi face ao centralismo imperante no XIX.
AS CORTES DE CÁDIZ 3 de 3 – MESA REDONDA e DEBATE 30.06.2013 1:11:02
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponentes e o Moderador, Ramón Villares, debaten sobre as Cortes de Cádiz, e a tensión do modelo liberal e o absolutista no século XIX.
AS CORTES DE CÁDIZ 2 de 3 – O MODELO ABSOLUTISTA do XIX 30.06.2013 54:08
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente Jean-Philipe Luis, da Universidade Blais Pascal, falou sobre o modelo absolutista no XIX.
AS CORTES DE CÁDIZ 1 de 3 – O MODELO CONSTITUCIONAL instaurado no XIX 28.06.2013 51:19
En xullo do 2012 houbo un Congreso na Coruña, organizado pola Fundación Juana de Vega e a Universidade Santiago, sobre o "Poder e o territorio na España do XIX", na que o ponente Javier Pérez Núñes, da Universidade Autónoma de Madrid, falou do modelo constitucional que se instaura, trala Guerra da Independencia, nas Cortes de Cádiz.
ALIMENTOS TRANSXÉNICOS: OPORTUNIDADES e PERIGOS 22.06.2013 1:08:50
Conferencia de Jorge Barros, catedrático de química, no Ateneo de Santiago sobre os alimentos transxénicos, as súas potencialidades e perigos
SOBERANIA ALIMENTAR e FEMINISMO 20.06.2013 1:40:50
Conferencia en Ourense dentro do ciclo "Criando Alternativas" sobre soberania alimentar. A soberania alimentar é un concepto que foi introducido con maior relevancia en 1996 pola Vía Campesina en Roma, con motivo do Cumio Mundial da Alimentación da FAO. Isto implica a protección do mercado doméstico contra os produtos excedentarios que se venden máis baratos no mercado internacional, e contra a pr...
A MENTIRA do A.V.E. 04.06.2013 13:42
Extracto dunha palestra do Carlos Taibo na que deixa en evidéncia os pretendidos benefícios do A.V.E., en detrimento dos trens de proximidade
DECRECEMENTO e MUDANZA SOCIAL 04.06.2013 1:02:11
Palestra de Manoel Santos, coñecido ativista ecologista e membro da rede Galiza Nom Se Vende, sobre o decrecemento e a necesaria mudanza social que isto comportaria.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.