Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Cerna

Kategori

Science

Podkastens nettsted

www.ivoox.com

Siste episode

8. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Mulleres que defenden os pobos e a terra. A homenaxe a Bertha Cáceres 09.03.2016

No Día Mundial da Muller, varios colectivos ecoloxistas, como ADEGA e Amigos de la Tierra, resaltaron a figura de Bertha Cáceres, activista hondureña asasinada recentemente por defender a súa etnica indíxena, os lencas, e as terras das que viven dos intereses das grandes multinacionais. Esta é unha homenaxe a Bertha Cáceres e a todas aquelas mulleres que, pese as dificultades, loitas pola Natureza...

Os discursos do Prestige: Nunca Máis fronte a prensa tradicional 07.03.2016

O Prestige foi tamén unha loita de discursos, axendas e mensaxes. A xornalista Teresa Barberena analiza a través da súa tese doutoral as distancias existentes entre o discurso sobre a catástrofe dos medios de comunicación tradicionais e, por outro lado, as mensaxes do movemento social e colectivo Nunca Máis, constituído en referente de protesta. A investigadora explica para Radio Cerna as conclusi...

Boletín informativo ambiental 04/03/16 04.03.2016

Radio Cerna ofréceche a actualidade ambiental galega resumida en 10 minutos. Escóitaa!

O Norte de Italia, referente europeo na compostaxe 02.03.2016

O Norte de Italia é unha das áreas da UE que na última década máis impulso colleu para a reconversión do seu antigo sistema de xestión de residuos cara a compostaxe. Actualmente acolle mais de 200 plantas de compostaxe. Quixemos coñecer como se produciu esta evolución da man de Riccardo Morganti, especialista na recollida selectiva da materia orgánica e traballador da consultora ambiental italiana...

Plan Compost Revitaliza: o programa provincial de compostaxe de Pontevedra 29.02.2016

A Deputación provincial de Pontevedra instalará en marzo e abril os primeiros composteiros domiciliarios e as primeiras áreas de compostaxe comunitaria na provincia. Tamén está a desenvolver o curso de Mestres composteiros, que serán os técnicos titulados encargados de manexar estas áreas de compostaxe. Nos vindeiros anos, a idea é crear entre 6 e 10 plantas comarcais de compostaxe que atendan tod...

Boletín informativo ambiental 26/02/16 26.02.2016

Repasa con nós a actualidade ambiental da última semana no noso país.

A batalla polo mar entre a pesca tradicional e a acuicultura industrial 24.02.2016

A oposición do sector do Mar á nova lei de acuicultura vai máis alá do descontento por un desafortunado texto lexislativo, que agora semella que vén de ser retirado, aínda que aínda non existe resolución oficial e por escrito. Os mariñeiros, armadores, bateeiros, mariscadores e mariscadoras temen que esta lei sexa a súa sentenza de morte, a súa condena a unha desaparición silenciosa. Trátase dunha...

A nova lei de acuicultura: a oposición medioambiental 22.02.2016

Os argumentos de oposición á nova lei de acuicultura promovida polo goberno da Xunta son extensos e variados, comezando polos ambientais. Na marcha reivindicativa do vindeiro sábado en Santiago de Compostela participarán tamén movementos ecoloxistas como ADEGA ou a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa que explican neste programa Cerna cales son as razóns ambientais da oposición a esta nova nor...

Boletín informativo ambiental 19/02/16 19.02.2016

Preme para escoitar cales foron as novas ambientais máis destacadas dos últimos días en Galiza!

Lugo tamén é para as bicicletas 17.02.2016

O concello de Lugo recupera un proxecto de promoción de bicicletas elaborado polo enxeñeiro Jesús Martínez Piñeira e presentado hai un ano no consistorio, para desenvolver na cidade nos vindeiros anos. O proxecto prevé a creación de 65 quilómetros de itinerarios para ciclistas que conecten a perifería co centro da cidade. Neste espazo de Radio Cerna coñecemos o proxecto da man do seu autor.

Que son os servizos ecosistémicos forestais e como están distribuídos? 15.02.2016

Unha tese doutoral realizada na Universidade de Oviedo e na Universidade de Santiago de Compostela analiza os tipos de servizos ecosistémicos que ofrecen os ecosistemas forestais do norte da Península Ibérica e como están distribuídos no territorio. Tamén aborda as diferenzas sobre os servizos achegados por unha plantación forestal e por un bosque natural. Neste espazo coñecemos os resultados da i...

Boletín informativo ambiental 12/02/16 12.02.2016

Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental galega! Preme e escóitanos.

Os ecoloxistas propoñen 5 medidas para frear a expansión do eucalipto en Galiza 10.02.2016

O 52% dos eucaliptais de todo o Estado están en Galiza, onde ocupa medio millón de hectáreas. A expansión do monocultivo do eucalipto é cada vez máis preocupante polos seus impactos negativos no conxunto do medio natural, pero tamén no eido social, cultural e económico. Por iso máis de 20 colectivos ecoloxistas galegos lanzan a campaña "Stop eucalipto, avante carballo", a través da que propoñen á...

Informe anual de Proxecto Ríos 2015 08.02.2016

En xeral, os ríos galegos analizados no programa de voluntariado ambiental Proxecto Ríos presentan un bo estado e ningún rexistra un mal estado de saúde. Sen embargo, aumentan os ríos coas marxes en mal estado de conservación. Se queres coñecer máis detalles do Informe anual de Proxecto Ríos, preme e escóitanos!

Boletín informativo ambiental 05/02/16 05.02.2016

Neste boletín informativo semanal contámosche as novas máis destacadas no eido ambiental galego dos últimos días.

Carme Da Silva: "O Congreso, se quere, xa pode frear a prórroga de Ence" 03.02.2016

No espazo de hoxe entrevistamos a tenente alcalde do Concello de Pontevedra pola prórroga que o Ministerio de Medio Ambiente vén de outorgar á pasteira de ENCE para a súa permanencia na ría por outros 60 anos. Carme da Silva insta ao Congreso a tomar medidas.

Reacción social á prórroga de ENCE 01.02.2016

O anuncio da prórroga de ENCE caeu como unha xarra de auga fría entre os colectivos, entidades e institucións contrarias á súa permanencia na ría máis alá de 2018 e que conforman o movemento "Ence fóra da ría para sempre". Aínda así consideran que aínda se pode facer algo para frear o que cualifican a "sentenza de morte" da ría pontevedresa. Falamos coas asociacións ADEGA, APDR e Salvemos Ponteved...

Boletín informativo ambiental 29/01/16 29.01.2016

Escoita este espazo de Radio Cerna para coñecer as novas ambientais máis destacadas desta última semana: prórroga de Ence, lei acuicultura, nova sentenza do Prestige...

Investigación inédita sobre o comportamento xeomorfolóxico dos ríos galegos 27.01.2016

Xesús Horacio García, un xeógrafo lucense, vén de gañar o I Premio Manuel de Terán pola súa tese sobre a xeomorfoloxía dos ríos galegos. É a primeira tese que se realiza sobre xeomorfoloxía fluvial en Galiza. A erosión, arrastre, sedimentos ou transporte dos ríos galegos analizados permiten predicir o comportamento dos ríos ante posibles actuacións ou intervencións humanas, por iso, o investigador...

Datos sobre a superficie forestal galega: Proxecto Landra 25.01.2016

O Proxecto Landra intenta promover iniciativas que busquen o equilibrio entre a industria e o patrimonio forestal galego. O primeiro paso foi recompilar os datos sobre o inventario da superficie con especies autóctonas e exóticas, e os datos son alarmantes. O segundo é poñer a andar un laboratorio vivinte no que se experimenten xeitos de produción sostibles e tamén rendibles. Escoitamos ao seu pro...

Boletín informativo ambiental 22/01/16 22.01.2016

Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental galega. Preme e escoita!

A nova reserva ornitolóxica de SEO no Grove 20.01.2016

É a reserva ornitolóxica de SEO/Birdlife máis grande de todo o Estado e a primeira que abarca medio mariño. Tamén é a primeira destas características en Galiza. Trátase dun proxecto de custodia ambiental que se desenvolverá nos vindeiros anos nunha zona de especiais valores ambientais a través de actividades didácticas, de investigación ou de turismo sostible, entre outras. O representante de SEO...

Premios Osíxeno e Dioxina 2015 18.01.2016

ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina de 2015, destinados a signifcar as mellores e as peores actuacións ambientais do pasado ano, nas categorías individual e colectiva. Nesta 15ª edición dos galardóns ambientais tamén escolle o Premio Osíxeno de Honra.

Boletín informativo ambiental 15/01/16 15.01.2016

No programa de hoxe repasamos a actualidade ambiental da semana de Galiza e facemos repaso tamén do ano 2015 desde a perspectiva do colectivo ecoloxista ADEGA.

Deficiencias da nova planificación hidrolóxica estatal 13.01.2016

O goberno de Mariano Rajoy aproba en Consello de Ministros os novos plans hidrolóxicos que rexerán o futuro das bacías hidrográficas de competencia estatal. Estes plans afectan á bacía do Miño-Sil e Limia en Galiza. Sen embargo, o borrador presentado para ser consultado á cidadanía non convence a ningún dos colectivos que forman parte dos Consellos da Auga das demarcacións que afectan a Galiza. A...

Hør på podkasten Podcast Radio Cerna i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.