Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Os retos da nova Lei sobre Cambio Climático no eido da Investigación 14.06.2017 10:01
O pasado 25 de maio, o Ministerio de Medio Ambiente convocou a debate os diferentes sectores da sociedade española para concretar os aspectos que debe de atender a futura Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética. Neste foro de debate participou a USC en concreto na mesa de Academia e Investigación. A profesora en produción vexetal da USC, Rosa Mosquera, explica para Radio Cerna que conclusi...
Razóns para opoñerse á nova Lei de protección dos animais de compañía 12.06.2017 10:03
En poucas semanas está previsto que se aprobe a nova Lei de Protección e Benestar dos Animais Domésticos proposta pola Xunta de Galiza. Porén, unhas 30 organizacións e protectoras de animais sen ánimo de lucro fan un chamado de urxencia para que se evite a aprobación da nova lei. Consideran que esta nova normativa só procura o lucro económico da problemática do abandono de cans e gatos, unha das p...
Boletín informativo ambiental 09/06/17 09.06.2017 10:02
Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental do país nesta semana mundial do Medio Ambiente!
Día do Medio Ambiente: Achegar as persoas á Natureza 05.06.2017 10:01
Hoxe é O Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano 2017, a ONU dedica esta conmemoración a reivindicar o achegamento físico das persoas á Natureza, conectar o ser humano co Natureza... Así quere reverter o progresivo afastamento que se está a dar entre nós e a Natureza, perdendo empatía coa contorna e mesmo a nosa propia identidade. Neste espazo de Radio Cerna abordaremos esta cuestión con algúns do...
Boletín informativo ambiental 02/06/17 05.06.2017 10:01
Escoita o boletín de noticias sobre o medio ambiente galego de Radio Cerna. Nel, facemos o resumo da actualidade ambiental da semana que se encamiña cara ao Día Mundial do Medio Ambiente.
Marcha contra celulosas e a eucaliptización en Pontevedra 31.05.2017 10:02
Colectivos e entidades ambientalistas de todo o país, encabezados por APDR, FEG, ADEGA e a plataforma "Cousa de Raíces" acudirán este sábado a Pontevedra para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. A xornada comezará cunha plantación simbólica de eucaliptos na Praza da Ferrería e acabará coa marcha cara ao Complexo de Lourizán desde as alamedas de Pontevedra a Marín. As reivindicacións versarán...
Comando Ghichas contra os herbicidas nas estradas! 29.05.2017 10:01
O colectivo de mulleres do Valmiñor Comando Ghichas xa conseguiu nos útlimos anos que os concellos de Gondomar e Nigrán se declarasen libres de glifosato, o herbicida máis usado en Europa e considerado potencial carcinóxeno pra a saúde humana pola OMS. Agora, Comando Ghichas lanza de novo unha campaña antiherbicidas que destina especialmente cara á Xunta de Galicia.
Boletín informativo ambiental 26/05/17 26.05.2017 8:17
Coñece e comparte este espazo coa actualidade ambiental galega e aqueles acontecementos do ámbito ecoloxista máis destacados dos últimos días.
Mobilización contra do campo de tiro da Laracha 24.05.2017 10:01
O Comité na defensa das Rías altas convoca unha mobilización o vindeiro domingo na Laracha para demandar a paralización da construción dun campo de tiro olímpico e ao prazo en Vilar da Fraga, unha das fragas máis importantes do concello e dos arredores da Coruña. Denuncian ademais o impacto da munición de chumbo que se utilizaría no campo de tiro ao prazo sobre o río Anllóns e a súa desembocadura...
CEMMA: 25 anos coidando dos mamíferos mariños galegos 22.05.2017 10:01
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) cumpre 25 anos. O seu papel ao longo deste tempo foi fundamental para a conservación e recuperación dos mamíferos marñios varados nas costas galegas. Repasamos co seu presidente, Xosé Martínez Cedeira, os logros conseguidos e tamén as metas que quedan por acadar nesta difícil e necesaria tarefa.
Boletín informativo ambiental 19/05/17 19.05.2017 10:03
Queres saber que novas ambientais destacaron en Galiza nesta semana? Escoita este espazo de Radio Cerna. Só tes que premer!
BETA + propón a investigación integral do territorio galego 18.05.2017 10:01
As tres universidades galegas, xunto co centro de investigacións agrarias de Mabegondo, veñen de crear unha agrupación estratéxica para a investigación do territorio galego chamada BETA +. A idea é dar resposta aos grandes retos de Galiza con respecto á transformación cara a bioeconomía, o aproveitamento dos recursos naturais, o medio rural, o emprego ou a relación dos galegos e galegas co territo...
Boletín informativo ambiental 12/05/17 12.05.2017 10:01
Rapasa con Radio Cerna a actualidade ambiental galega. Preme e escoita!
As primeiras microrreservas do litoral galego están en Fisterra 10.05.2017 10:01
Fisterra é o primeiro concello do litoral galego que se lanza á creación de 5 microrreservas de flora para conservar, recuperar e poñer en valor tres especies de plantas ameazadas. Membros da Universidade de Compostela e da entidade ecoloxista ADEGA encargaranse de levar a cabo este proxecto aberto á participación da veciñanza local e de voluntariado.
As mudanzas que están a sufrir os nosos mares por mor do Cambio Climático 08.05.2017 10:00
"Cambio climático no medio mariño español: impactos, vulnerabilidade e adaptación" é un estudo promovido polo Miniserio de Medio Ambiente que dá resume os impactos que están a sufrir os mares polo cambio climático. Este traballo vén a confirmar os peores pronósticos relativos á mudanza climática nos océanos. Neste espazo coñecemos co principal autor, Diego Kersting, as alteracións que o clima está...
Boletín informativo ambiental 05/04/17 05.05.2017 10:01
Escoita o espazo de Radio Cerna de hoxe e coñece en poucos minutos que novas destacaron esta semana da actualidade ambiental galega.
ADEGA consegue forzar á Xunta a protexer a Cova Eirós como BIC 03.05.2017 10:02
ADEGA consegue, a través dos tribunais, forzar á Xunta a iniciar o expediente para declarar a Cova Eirós de Triacastela, como Ben de Interese Cultural (BIC). O pasado 10 de abril, a Xunta iniciaba os trámites formais para conquerir esa categoría de protección para o xacemento galego máis importante, probablemente do Paleolítico e único en Galiza con arte rupestre. ADEGA considera que esta resoluci...
Boletín informativo ambiental 28/04/17 28.04.2017 10:01
Coñece cales foron as novas máis importantes desta semana sobre o medio ambiente e a ecoloxía en Galiza.
Estréase a primeira adega experimental da Universidade galega 26.04.2017 10:02
Nesta semana púxose a funcionar a primeira adega experimental de todas as universidades galegas no Campus Terra de Lugo. A Escola Politécnica Superior promove por primeira vez en Galiza un proxecto destas características para favorecer a investigación no sector vinícola galego, un sector que cada vez ten máis expectativas de futuro no noso territorio. Existen factores internos e tamén externos, co...
Os gandeiros de Ordes alegan contra as novas minas de Erimsa 24.04.2017 10:02
Unhas 200 explotacións agrogandeiras da comarca da Ordes séntense ameazadas polos novos proxectos mineiros que a empresa Erimsa prevé desenvolver na bisbarra. O Sindicato Labrego Galego advirte que están en xogo uns 400 postos de traballo directos e alerta do avanzado que está o proxecto "Xanceda" que afectaría a 781 Ha de terreo e a importantes granxas, incluso de carácter ecolóxico.
Boletín informativo ambiental 21/04/17 21.04.2017 10:00
Escoita o que nos deixou esta semana en materia de novas ambientais relacionadas co territorio galego.
Pola conservación de 56 ábores centenarias da Limia 19.04.2017 10:02
Poucos días despois do Día Mundial das Árbores constituíase en Xinzo a plataforma de Amigos e amigas das árbores da Limia. O detonante foi o anuncio dun proxecto de mellora da estrada OU531 ao seu paso pola localidade de Xinzo, polo cal se prevé a tala de 56 árbores centenarias. Abordamos este asunto neste espazo.
O desmantelamento da Educación Ambiental en Galiza a estudo! 17.04.2017 8:04
O grupo de investigación de pedagoxía social e de educación ambiental da USC vén de publicar as conclusións extraídas dun estudo realizado entre 2007 e 2013 sobre a situación do sector laboral e social da Educación Ambiental en Galiza. Falamos coa presidenta de Sociedade Galega de Educación Ambiental e membro deste equipo de investigación, María Barba, deste estudo que confirma que o sector é un d...
O eucalipto en Galiza a debate (II) 12.04.2017 10:02
Na xornada sobre o eucalipto organizada o pasado mes de marzo pola Deputación de Lugo, ecoloxistas e sindicatos agrarios tamén instaron a frear a expansión do eucalipto en Galiza, non só por razóns ambientais, tamén económicas, culturais e de seguridade. Paralelamente, nas directrices que a sociedade trasladou á Xunta durante o proceso de revisión do Plan Forestal de Galiza, recoméndase a administ...
O eucalipto en Galiza a debate (I) 10.04.2017 10:00
Radio Cerna trasladas algúns dos argumentos expostos na Xornada sobre o eucalipto nas Terras do Miño organizadas a finais do pasado mes pola Deputación provincial de Lugo. A estas xornadas, que xeraron grande expectación, acudiron membros da Universiadade, do sector forestal, ecoloxistas, gandeiros, comunidades de montes, investigadores, etc. para reflexionar sobre a situación do eucalipto no país...
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.