Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.spreaker.com
Forfatter
Curso Podcast Usc
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
28. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Efer 696 (30-1-25): Bioplásticos sostibles para textil, envases e calzado 10.03.2025 1:00:34
(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile. (18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da ind...
Guía do Ceo de Inverno 24: Eclipses 10.03.2025 10:57
Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
Efer 695 (23-1-25): Entender o TDAH 23.02.2025 59:26
(2:46) Hai relación entre a dor menstrual e a incomodidade co teu corpo? Usar o sostén fai que caian os peitos? A nosa sexóloga de cabeceira é Laura Veiga. (10:43) Rutas polos nosos dolmens con Maite Vente de Observer, Turismo Cientifico. (15:12) Solución de "Onde está Conchi Lillo?" (18:56) A día de hoxe o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade segue a ser incomprendido pola sociedad...
A trampa do amor con Luis Muiño [Versión estendida] 17.02.2025 59:15
Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
Efer 694 (9-1-25): Psicomitos 12.02.2025 56:40
[4:54] En "Cambio de fase" Daniel Pizarro reseña a banda deseñada Logicómix. [21:44] Fátima Garcia Doval vén de publicar "Psicomitos"
Efer 693 (2-1-25): Piano Bar Sesión 2 09.02.2025 55:42
Segunda parte da sesión Efer Piano Bar gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi.
Efer 692 (1-1-25): Piano Bar Sesión 1 (Versión estendida) 03.02.2025 1:08:11
[Versión estendida] Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, debúllanos o achado do ano da revista Sci...
Efer 691 (26-12-24): Desde o AstroGalicia, cazadores dos raios cósmicos máis enerxéticos 01.02.2025 55:53
Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa. (1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenko...
Efer 690 (25-12-24): Os nomes dos paxaros 22.01.2025 57:41
(1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño. (31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanit...
Efer 689 (12-12-24): Abre os ollos 20.01.2025 58:58
(3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho. (21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro "Abre os ollos"
Efer 688 (28-11-24): Arqueoloxía dos puticlubs 20.01.2025 57:39
(2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga. (16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto. (26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen un espello á nosa sociedade.
Pseudoterapias con Rosa Arroyo [Versión estendida] 19.01.2025 21:57
Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.
Efer 687 (21-11-24): As aventuras de Rodríguez e dous franceses [Radioteatro no Colón] 19.01.2025 58:02
Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "As aventuras de José Rodríguez e dous franceses" en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto. (44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum Fracture (José Luis Crespo) sobre o festi...
A ecuación do "imprevisible" movemento gatuno 09.12.2024 18:39
Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
Efer 686 (14-11-24): Enerxía nuclear con @operadornuclear 09.12.2024 56:06
(3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo Ga...
Enerxía nuclear con @operadornuclear [Versión estendida] 09.12.2024 45:59
[Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
O ordenador cuántico do CESGA desvela o "sabor" de frescor 22.11.2024 20:29
Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
Regalamos 100 entradas de balde ao "Coruña Comunica Ciencia" 10.11.2024 12:09
Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,... Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A Chispa Máxica”, música con Germán Díaz e g...
Onde está Briones? Gaña un exemplar asinado de "A bordo da túa curiosidade" 10.11.2024 1:42
Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa, no podcast e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.
Efer 685 (17-10-24): A bordo da túa curiosidade 10.11.2024 56:43
(3:25) Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00. (5:07) Susana Ladra debullamos o Nobel de física 2024 (16:01) Carlos Briones é poeta, escritor, divulgado...
Efer 684 (10-10-24): Nove anos de ondas gravitacionais, con Alicia Sintes 10.11.2024 1:01:55
(2:37) A astronomía de ondas gravitacionais só ten 9 anos, pero está abrindo unha nova fiestra ao coñecemento do universo. Conversamos con Alicia Sintes, da Universitat de les Illes Balears e membro da colaboración científica LIGO. (16:03) O proxecto de ciencia cidadá "Cycling with clean air" monitoriza, empregando traxectos en bicicleta de voluntarios, a calidade do aire. Unha medición en distint...
Efer 683 (3-10-24): O escorpión mariño de dous metros da Fonsagrada 15.10.2024 57:35
(2:39) Relatamos a fascinante historia de como uns nódulos, descubertos por casualidade entre a lousa durante a construción de pistas en Forcarei, espertaron a curiosidade dun médico e dun profesor de instituto. Case 20 anos despois, no marco das XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, reveláronse os resultados do estudo dos fósiles contidos nesas pedras. Juan Carlos Gutiérrez-Marco...
Efer 682 (19-9-24): Gripe aviar na Antártida e outas historias do Congreso Nacional de Viroloxía 25.09.2024 56:27
(0:20) Levamos décadas acurralando á polio. O método para erradicar da terra esta terrible enfermidade enfróntase a un perverso dilema. Pero ningunha opción é valida coas guerras actuais. (4:56) Infiltrámonos no XVII Congreso Nacional de Viroloxía que tivo lugar en Santiago a principios de mes. Alí coñecemos en conversa con Antonio Alcamí (CBM-CSIC) que a gripe aviar vai causar estragos na Antárti...
Historias do Ébola [Historias de virus] 24.09.2024 26:23
O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola e como acabou investigando esta doenza.l
"Adeus ao factor de impacto" con Isidro Aguillo [Versión estendida] 23.09.2024 48:20
[Versión estendida] A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isid...
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.