Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.spreaker.com

Forfatter

Curso Podcast Usc

Kategori

Science

Podkastens nettsted

www.spreaker.com

Siste episode

28. sep 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Erwin Neher na Coruña 06.03.2017

Erwin Neher recibiu en 1991 o Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus achados sobre a función das canles iónicas nas células. Invitado pola fundación CORBI visitou recentemente A Coruña acompañado por Enric Banda, profesor de investigación do CSIC que ten ocupado importantes postos de política científica.

Reforzar a parede para loitar contra o taladro do millo 06.03.2017

Rosa Ana Malvar Pintos, profesora de investigación na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, cóntanos cal é papel da parede celular na pescuda de millos resistentes os diferentes tipos de perforadores. Esta é unha liña de investigación que desenvolve a Unidade Asociada “Agrobioloxía medioambiental, Calidade de solos e prantas” formada pola MBG-CSIC e a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

A guerra de patentes do CRISPR: primeiro asalto [con Lluís Montoliu] 05.03.2017

A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta unha guerra de patentes entorno a un negocio multimillonario entre a Universidade de California con Jennifer Doudna e Emmanuelle Carpentier (premio Princesa de Asturias de Investigación) e Instituto Broad do MIT...

Tartaglia ou o intrigante nacemento da álxebra [Entrevistas no Alén] 03.03.2017

Entrevista en exclusiva desde o Alén a Niccolo Fontana "Tartaglia", o Tatexo. Matemático renacentista, enxeñeiro militar e a autor prolífico. Coautor da formula da resolución das ecuación cúbicas e un home a quen lle tocou vivir unha vida intensa e chea de intrigas.

"Repensar o cribado do cancro de mama" con Manuel Vilches 03.03.2017

Nesta entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches e editor do blog de divulgación en en física médica "Desayuno con fotones" analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. As principais revistas de investigación en medicina teñen prestado unha atención importante a este problema. Agora cómpre que os investigadores o cuantifiquen, e que as autoridades sanitarias o tomen en c...

A túa carta astral en dous minutos [Postal Planetaria] 03.03.2017

Visitamos en segredo ao astrólogo Borjus para que nos faga a nosa carta astral. Infórmanos da posición exacta dos planetas sobre o fondo fixo de estrelas o día e a hora na que nacemos. Pero cando lle preguntamos sobre o noso futuro quedámonos coa palabra na boca... Esta é a web que utilizou Borjus http://www.heavens-above.com/skychart2.aspx?lat=0&lng=0&loc=Unspecified&alt=0&tz=UCT

A aplicación para conectar as enfermidades raras: My Leaf 28.02.2017

Carlos Martín Guevara de "Sombra Doble" preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Moi útil para os doentes, pero tamén para os sanitarios. Mediante técnicas de análise de datos a aplicación busca usuarios que teñan os mesmos síntomas aínda que estean sen diagnosticar.

A fascinante escritura visigótica con Ainoa Castro 27.02.2017

A escritura visigótica é o equivalente á tipografía Times New Roman medieval da Península Ibérica. En Galicia sobreviviu ata o século XIII como forma de resistencia e identidade cultural. A investigadora Marie Curie no King´s College de Londres Ainoa Castro é especialista en paleografía dixital. Castro contounos a fascinante historia desta escritura e todo o que os paleógrafos poden aprender pescu...

Efer 386 (26-2-17): Raras. Visigótica. Astral. 26.02.2017

Carlos Martín Guevara de Sombra Doble preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Descubrimos a escritura visigótica da man da paleógrafa do King´s College Ainoa Castro. Unha historia fascinante dunha caligrafía que foi signo e seña da nosa terra. Borjus fainos a nosa carta astral e sabemos da visita do nóbel Erwin Neher á Coruña.

Efer 385 (19-2-17): Cribado, Tartaglia e o perforador do millo 19.02.2017

Nunha entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. En "Entrevistas no alén" coñecemos a incrible vida de Niccolo Fontana "Tartaglia". A investigadora Rosa Ana Malvar (Unidade asociada MBG-CSIC UVigo “Agrobioloxía medioambiental”) cóntanos como loitar contra os perforadores do millo con variedades que incorporan unha parede celul...

Cantos cadros ten un taboleiro de xadrez? [A chave de cristal] 13.02.2017

A Chave de Cristal é un espazo onde os mais pequenos xogan o xadrez e a enredos de enxeño. Enredos que con Xosé Luis Veiga lanzan as ondas nesta nova sección. Coñeces o problema do cabalo de xadrez? Sabes cantos cadros ten un taboleiro de xadrez?

Peixes e nanotecnoloxía contra as lesións medulares 13.02.2017

O biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. Barreiro vén de lanzar un proxecto de microachegas na plataforma Precipita para conseguir fondos para mercar librerías de fármacos para a súa investigación. No Hospistal Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para fa...

Apocalipse nuclear [Ciencia e Cinema] 13.02.2017

A inicial imaxe amable da ciencia e os científicos nos inicios do cinema muta coa chegada da era nuclear. Con Martin Pawley.

Solución #ulowicho 13.02.2017

Desvelamos desde onde presentounos Wicho o seu "Los nativos digitales no existen"

Efer 384 (12-2-17): Lampreas, apocalipse nuclear e o problema do cabalo 12.02.2017

O biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. No Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para facer un by-pass electrónico da parte seccionada da medula. Na sección de Ciencia e Cinema o Martin Pawley analiza o tratamento do nuclear nas películas de medi...

Cocolitóforos con Débora Iglesias 11.02.2017

Os cocolitóforos son microalgas que forman parte do fitoplancto. Posúen no seu interior placas de calcita (carbonato cálcico) que facilitan a súa detección dende o espazo. Os cocolitóforos absorven dióxido de carbono (CO2) mediante a fotosíntese. Cando morren sedimentan no fondo dos océanos é os depositos de carbonato cálcico contribúen á liberación deste gas. O aumento das concentracións de dióxi...

Enerxía sustentable e desinfección solar con Ángeles López Agüera e Elvira Ares 11.02.2017

Desinfectar auga poñéndoas ao sol en botellas de plástico? Levar electricidade os puntos máis illados do planeta? Conversamos con Elvira Mazás do grupo de microorganismos patóxenos e con Ángeles Lópe Agüera do grupo de Aplicacóns Enerxéticas Sostibles da USC. Entrevista emitida o 24 de nadal de 2010

María Wonenburger 11.02.2017

Única entrevista audiovisual que concedeu a alxebrista María Wonenburger, nai matemática da teoría de Kac-Moody . Foi emitida o 14 de xullo de 2007 no programa 39 de Efervesciencia.

Consorcio de bacterias con Lynn Margulis 11.02.2017

Lynn Margulis é a primeira Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Moitas das súas ideas forman parte xa dos libros de texto. Aínda que tamén defende ideas polémicas sobre o neodarwinismo que están fóra do consenso científico. Margulis é a autora da teoría da endosimbiose. Partes da célula son, en realidade, bacterias que no proceso evolutivo se asociaron tan intimamente á célula que cheg...

É Curie un modelo axeitado na aula? con Mari Lires 11.02.2017

Mari Lires é investigadora en didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Vigo, e especialista en historia da ciencia, educación e xénero. Con ela conversamos sobre os modelos (e as ausencias) de científicas na aula. Entrevista emitida o 16-4-11 no programa Efervesciencia 166.

Atlas de entoación con Elisa Fernández Rei e Adela Martínez 11.02.2017

A filóloga Elisa Fernández Rei e a matemática Adela Martínez comparten despacho no Instituto da Lingua Galega da USC, e non so iso senón tamén liña de investigación sobre a entoación do galego. Entrevista emitida o 12-10-13 no Efervesciencia 257

As batallas da minería de datos con Izaskun Lacunza 11.02.2017

Izaskun Lacuna, directora executiva da Liga de Bibliotecas Europeas, cóntanos como o acceso por minería de datos a información científica na Unión Europea está limitada polas leis de copyright. Entrevista con Eva Rodríguez da Axencia SINC emitida o 1-2-14 no Efervesciencia 272.

Mates e volcáns con Rosa Sobradelo 11.02.2017

A Rosa Sobradelo sempre lle apaixonaron as matemáticas… e as ciencias da terra. Antes de conseguir o seu sono esta rianxeira fixo empresariais, estudou matemáticas en New York, traballou de bioestatística nun hospital, en Wall Street para JP Morgan Chase,… Ata que asentou en Londres onde é investigadora do Departamento de Ciencias da Terra no University College de Londres. Alí aplica os seus coñec...

Os mundos de Phill K. Dick con María Vázquez 11.02.2017

"Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan.

Cartografía da Vía Láctea con Minia Manteiga 11.02.2017

Conversamos coa astrofísica da Universidade da Coruña Minia Manteiga da misión da ESA Gaia. Esta entrevista pertence ao programa 365 emitido o 2-10-16. Gaia está a realizar a cartografía máis precisa ata o momento da nosa galaxia.

Hør på podkasten O que hai que escoitar i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.