Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.spreaker.com
Forfatter
Curso Podcast Usc
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
28. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
A illa de (Javier) Cacho na Antártida 21.07.2020 17:01
O escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (versión estendida).
Un TRASGO na Antartida con Juan Antonio Garzón 21.07.2020 15:34
Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (Versión estendida)
Un home do tempo na Antártida con Xavier Fonseca 21.07.2020 19:36
O home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (Versión estendida)
Efer 521 (2-7-20): Monográfico: ciencia e exploración polar 13.07.2020 57:05
(1:51) O home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (15:47) O escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (26:58) Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (36:06) Javier Peláez @Irreductible fainos pasar “500 anos de frío” no Ártico www.efervesciencia.org
Efer 520 (25-6-20): Anatomía do escándalo do LANCET e a hidroxicloroquina 25.06.2020 56:04
(2:40) Alberto García Besteiro xunto cos seus compañeiros Carlos Chacour e Joe Brew destapou o escándalo do “LANCET Gate”. O supostamente artigo “definitivo” que desbotaba o uso da hidroxicloroquina contra a Covid tivo que ser retractado desta importante revista medica. A base de datos do estudo semella ter sido inventada. Alberto García-Basteiro é investigador de ISGlobal e do Centro de Investiga...
Efer 519 (17-6-20): Avalancha de publicacións sobre a COVID: problema ou cambio de modelo? con Juan Ignacio Pérez 17.06.2020 55:47
(2:40) Como separar o gran da palla na avalancha de publicación científicas da COVID? Pode o bosque de preprints ocultarnos os traballos relevantes? Como deben comunicar os expertos a evidencias dispoñibles aos xestores políticos? Temos o privilexio de escoitar as reflexións sobre estes temas de Juan Ignacio Pérez, director da cátedra de Cultura Científica da Universidade do Pais Vasco (27:23) “DN...
Efer 518 (10-6-20): Faladoiro oceánico desde o Centro de Investigacións Mariñas 11.06.2020 1:03:41
[Versión estendida] Celebramos o Día Mundial do Océanos desde a illa de Toralla na ría de Vigo convidados polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Desde o ECIMAT conversamos sobre a economía azul e sostenibilidade dos océanos con Belén Rubio (vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo), Fran Ramil (zoólogo mariño do grupo de Bioloxía Ambiental), Moncho Gómez Ge...
Efer 517 (4-6-20): A visión global da COVID de Margarita del Val 10.06.2020 59:56
(2:43) A investigadora científica do Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” -CSIC Margarita del Val é un dos científicos que ten unha visión mais global da pandemia da Covid. Conversamos coa inmunóloga e viróloga que coordina a Plataforma de Saúde Global, que axunta os esforzos de loita contra a pandemia por parte do CSIC. (26:20) Logo de 9 anos a NASA foi quen de poñer astronautas no espazo...
A árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón. 30.05.2020 41:27
Vesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516. O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-CO...
Historias da peste negra con Esteban Fernández e Eduardo Rolland 30.05.2020 14:43
Fragmento do EFER 516 Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. www.efervesciencia.org
Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores 30.05.2020 56:00
(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O...
No confinamento cun gramo de marihuana facíanse máis porros " con Manuel Isorna 24.05.2020 10:13
Fragmento do programa EFER 515. O psicólogo Manuel Isorna participa nunha investigación en curso para determinar o padrón de consumo de substancias legais e ilegais no confinamento. Con el tamén falamos da importancia da actividade física nestes días. www.efervesciencia.org
Modelos matemáticos e COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez. 24.05.2020 15:22
Fragmento do programa EFER 515. Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID? con Saúl Ares e Anxo Sánchez. www.efervesciencia.org
Test virais e control de calidade con Manuel Lolo de AMS LABS 24.05.2020 17:01
Fragmento do programa EFER 515. Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB. www.efervesciencia.org
Efer 515 (21-5-20): Os modelos matemáticos da COVID non son máxicos 21.05.2020 55:42
(2:38) Afectou o confinamento ao consumo de drogas legais e ilegais? Conversamos co psicólogo Manuel Isorna. (12:49) Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez. (28:45) Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB. (45:24) Chamada sorpresa da Avoa aos estreleiros Irene Baspiño e Martin Pawley.
"Teoría do PCPE ou persoa con presa esperando" [Relato de Ciencia que Conta] 19.05.2020 6:51
Recuperamos da nosa radioteca o relato gañador do Ciencia que Conta 2010 na categoría de Bacharelato orixinal de Breixo Álvarez na voz de César Goldi
8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid da man do GAIN 15.05.2020 10:25
Fragmento do programa EFER 514 A Axencia Galega de Innovación, GAIN, ven de apoiar 8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid como resultado dunha convocatoria de emerxencia. Nolo conta a directora do Gain, Patricia Argerey.
Os artífices da nova vacina da tuberculose estudan se produce inmunidade contra o coronavirus 15.05.2020 30:55
Fragmento do programa EFER 514. Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universid...
Efer 514 (14-5-20): O papel da nova vacina da tuberculose contra a COVID en estudo 14.05.2020 55:59
(5:19) Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implem...
Libro para cuñados premium "14 maneras de destruir la humanidad" con @Daniel_Arbos 08.05.2020 14:26
Publican en febreiro de 2020 un libro ciencia-humor sobre catástrofes globais para “cuñados premium” (Avoa dixit) e acertan cunha pandemia global causada por un virus respiratorio provinte dun animal. O libro é “14 maneras de destruir la humanidad” (Next Door Publishers) e falamos cun dos seu autores, o divulgador Daniel Arbós.
“Enjuanes púxome o sombreiro seleccionador e acabei con Margarita Salas”. Anatomía dun test. Unha noite con Luis Blanco. 08.05.2020 1:00:25
Versión completa da entrevista a Luis Blanco emitida en el programa Efer 513. O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico...
Efer 513 (7-5-20): Test disruptivo do coronavirus: a investigación de urxencia que xurdiu hai 3 décadas 07.05.2020 55:58
(2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda f...
Cazadores de exoplanetas con Zaira Modroño Berdiñas 04.05.2020 19:04
A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier Queloz. Fragmento de Efer491 emitido o 30-10-19.
Crebeiros sen fronteiras 03.05.2020 15:27
Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). Fragmento de Efer 490 (23-10-19)
"Podes ter pasado a COVID-19, e non ter xerado anticorpos" África González [Versión completa] 02.05.2020 43:02
Versión completa da entrevista á África González do programa EFER512. https://www.spreaker.com/user/9238794/efer-512-30-4-20-inmunoloxia-e-covid-19 África González é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Con ela debullamos o que se sabe e as preguntas abertas que temos enriba da mesa sobre a COVID-19.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.