Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

History GL ↓ 93 episoder

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com

Forfatter

Fóra de Mapa

Kategori

History

Podkastens nettsted

www.ivoox.com

Siste episode

30. sep 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

#37. O mirandés. A variante do asturleonés oficial en Portugal, seica. 31.12.2023

O mirandés é a forma local do asturleonés no territorio de Miranda do Douro, en Portugal. Hoxe en día está en grave de risco de desaparición, aínda que nos últimos anos o estado portugués aprobase medidas para protexelo, medidas que non sempre son executadas. Pola contra, o asturleonés goza de máis vitalidade en Asturias, onde hai unha campaña potente pra reclamar a oficialidade, mentres que nos t...

#36. Occitania: 1000 anos resistindo a hexemonía de París 19.12.2023

Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan amplo, existen polo tanto varias formas de sentirse parte da...

#Petisco lixeiro. O mesías que non foi 13.10.2023

Durante a milenaria historia da relixión xudía houbo varios individuos que se proclamaron mesías, seguramente o máis famoso foi Sabbatai Zevi, un xudeu sefardí de Esmirna que provocou un auténtico cisma nas comunidades xudías de media Europa e Oriente Medio. O Sabbatai non acabou ben de todo, porén, unha parte pequena dos seus seguidores continuou a louvalo como novo mesías até hoxe, estes forman...

#Petisco lixeiro. A cuestión lingüística grega 05.10.2023

A lingua grega lévase falando no territorio da Grecia actual desde hai milenios, porén o idioma evolucionou e foi cambiando debido ás influenzas dos pobos que pasaron polo país. Coa independencia de Grecia, o debate sobre que forma de grego usar causou un cisma nacional que chegou a provocar disturbios e pelexas con mortos entre os que defendían unha forma popular do grego e outra máis próxima ao...

#Petisco lixeiro. O conflito de Adjara 29.09.2023

Adjara é unha rexión autónoma de Xeorxia. Nela viven vario pobos, fundamentalmente adjaros que son unha sub-etnia xeorxiana que profesa a fe islámica. Como consecuencia, no período soviético foi un territorio autónomo e despois da independencia xeorxiana do 1991 mantivo ese autogoberno e mesmo estivo a piques de converterse no terceiro territorio separatista de Xeorxia no 2004.

#Petisco lixeiro. Unha ‘guerra esquecida’ na Europa actual 23.09.2023

En Europa hoxe hai algúns conflitos bélicos activos, outros están conxelados pero hai un que oficialmente aínda enfronta a dous estados do continente: Grecia e Albania. Conforme a lexislación grega aínda está en vigor un estado de guerra co seu veciño setentrional. Isto débese as consecuencias dunha traxedia vivida por unha sub-etnia albanesa: os cham.

#35. Microestados lonxevos: Couto Mixto, Cospaia, Poljica e Sark 03.06.2023

Ao longo da historia houbo unha chea de microestados en Europa pero a maioría deles duraron ben pouco e xurdiron como consecuencia de guerras ou revolucións. Porén, existen casos de microestados que tiveron unha vida bastante longa, entre eles un que é ben próximo a nós: o Couto Mixto, situado na raia seca.

#34. Chipre. Séculos de convivencia e 49 anos de división 10.04.2023

A illa de Chipre está nun punto estratéxico do Mediterráneo e isto facilitou que nela se asentasen múltiples pobos: armenios, venecianos, británicos... Hoxe, as dúas comunidades principais da illa, grecochipriotas e turcochipriotas, viven divididas desde hai case cinco décadas. Porén, a pesar do conflito sen resolver e o fracaso das negociacións pra reunificar a illa, existen accións e iniciativas...

#33. Baviera. Alén dos estereotipos das salchichas e o oktoberfest 25.02.2023

Baviera é un dos 16 länder da República Federal de Alemaña, ten unha identidade forte e diferenciada, un autogoberno potente e mesmo un movemento independentista con certa relevancia. Estas características baseanse nunha historia na que Baviera tivo un rol moi importante na política de Europa central como actor autónomo.

#32. Gales. Entre a adaptación e o inconformismo 07.02.2023

A identidade de Gales é complexa como a súa historia, chea de loitas por manter a súa autonomía pero tamén de períodos nos que o pobo se adaptou ao dominio foráneo. Hoxe a identidade galesa está ben viva, pero iso non quere dicir que a súa lingua goce da mellor saúde ou que o seu autogoberno sexa sempre respectado por Londres.

#31. Ucraína (III). Desde o final da Segunda Guerra Mundial até a actualidade 25.12.2022

A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta terceira parte falamos dos convulsos últimos 70 anos, nos que a nación ucraína logrou a súa in...

#30. Ucraína (II). Desde comezos do século XIX até o final da Segunda Guerra Mundial 17.12.2022

A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta segunda entrega centrámonos nos tráxicos 200 anos que van desde a conquista rusa de case todo...

#29. Ucraína (I). Do Rus de Kíiv ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca 08.12.2022

A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta primeira entrega comenzaremos no Rus de Kíiv para chegar ata finais do século XVIII coa conqui...

#28. O aragonés. Lingua de montañeses, poetas e reis 26.07.2022

O aragonés é hoxe un idioma en perigo, falado nos vales pirenaicos da comunidade autónoma de Aragón pero conta cunha limitada protección legal. Porén, hai séculos era o idioma de reis e trobadores. Neste idioma fixéronse tratados e cancioneiros pero coa chegada da dinastía Trastámara comezou a esmorecer. Hoxe existen unha chea de iniciativas cidadás para salvagardar o idioma e divulgalo, a pesar d...

#27. O Rif. A rexión indómita do Maghreb 28.06.2022

O Rif é unha rexión maghrebi historicamente marxinada. A difícil orografía e posición xeográfica dificultou a comunicación con territorios veciños e máis o seu desenvolvemento. Pero isto tamén facilitou o xurdimento dunha identidade local na que a lingua e cultura amazigh e a historia recente chea de rebelións e protestas xogan un rol fundamental.

#26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza 24.05.2022

O romanche é un idioma bastante pequeniño (é falado por un 0,5% da poboación suíza), algo descoñecido e limitado a áreas periféricas. Aínda así, é a cuarta lingua oficial de Suíza xunto co alemán, o francés e o italiano. Neste episodio repasamos a situación da lingua e a historia de Suíza pero centrámonos no Cantón dos Grisons, o cantón máis grande de Suíza e onde o romache é a lingua propia (fala...

#25. Flandres. Unha nación sen estado pero cunha case completa autonomía 02.05.2022

Flandres é unha nación sen estado, pero que foi capaz de defender durante toda a súa historia a súa autonomía, lingua e identidade. Hoxe Flandres e os flamencos gozan dunha importante autonomía e a lingua flamenca está completamente normalizada en Flandres, pero non sempre foi así. Durante séculos Flandres foi o territorio máis pobre e menos dinámico de Bélxica e a súa lingua vista como un dialect...

#24.2. O irlandés (II). Entrevista con Lucía Atencia e Andreas Vogel, residentes no Gaeltacht de Connemara 18.04.2022

Episodio extra, continuación do anterior no que falamos do irlandés. Nesta ocasión falamos con Lucía Atencia, unha galega afincada en Irlanda, profesora de primaria que imparte en irlandés e que ademais foi correctora da versión galega de A boca pobre, o libro de Flann O'Brien. E ademais, como xa bonus track, tivemos a posibilidade de falar coa súa parella, Andreas Vogel, un alemán que fala tamén...

#24. O irlandés. Un idioma con estado que resiste a pesar da hexemonía do inglés 08.04.2022

O irlandés é o idioma nacional e oficial na República de Irlanda e está protexido en Irlanda do Norte. A pesar de que é un idioma con estado de seu e de que foi quen de sobrevivir nos últimos séculos, segue en risco de morte. Neste episodio falamos de como o irlandés pasou de ser o idioma principal da illa a ser só falado por pouco máis dun 1% da poboación. Ademais tamén tratamos o impacto negativ...

#23. Os bosníacos. Un pobo con estado de seu pero xurdido hai só unhas décadas 21.03.2022

Os bosníacos son unha das tres nacións constitutivas de Bosnia e Hercegovina e o pobo máis numeroso do estado representando case o 50% da cidadanía. Aínda que esta identidade ten séculos de historia, oficialmente só xurde como tal nos anos 70. A nivel lingüístico e, en parte cultural, non se diferencian casi dos seus veciños serbios e croatas pero a súa identidade diferenciada fundamentase nunha s...

#22. Schleswig-Holstein. Un territorio europeo de fronteira entre Alemaña e Dinamarca 07.03.2022

Schleswig-Holstein é un territorio de fronteira cunha historia complexa e marcada polas reviravoltas dinásticas. Hoxe este territorio é parte fundamentalmente da República Federal Alemana, aínda que un anaco ficou dentro das fronteiras danesas. E en cadanseu lado desta, viven diversas minorías como a frisia, a alemana e a danesas, minorías que grazas á lexislación aplicada tanto por Dinamarca como...

#21. Moldavia. Un estado feble debido aos seus conflitos étnicos (Gagauzia e Transnistria) 21.02.2022

A República de Moldavia é un país cunha identidade complexa debido á súa diversidade étnica e a súa especial relación con Rumanía. Ademais é un estado feble por dous conflitos étnicos, o de Gagauzia -que parece estar solucionado polo momento- e o de Transnistria, que durante os últimos 30 anos teñen afectado o desenvolvemento económico e político de Moldavia.

#20. Nagorno Karabakh. Unha terra que enfronta dende hai décadas a armenios e azerís 07.02.2022

Nagorno Karabakh é unha rexión caucásica cunha gran relevancia histórica para o pobo armenio. Este foi o maioritario por séculos mais nel tamén vivían miles de azerís. Os dous pobos levan máis de 100 anos en disputa por esta rexión, mais desde a desaparición da URSS tanto Armenia como Azerbaijan combaten para dominar un territorio pouco máis grande que a comarca de Pontevedra, pero esencial pra co...

#19. Os corsos. Un pobo afeito a loitar pola súa identidade 24.01.2022

A peculiar illa de Córsega ten unha historia con mil reviravoltas e cuxa poboación tenta manter a súa cultura, identidade e lingua a pesar das políticas uniformizadoras da república francesa. Córsega ten unha identidade moi forte e mesmo os partidos nacionalistas corsos e separatistas levan anos a gobernar a illa. A lingua corsa, a pesar de non ser oficial, como é norma en Francia, goza de bastant...

#CapítuloEspecial. Músicas Fóra de Mapa. Pimba, levenslied, manele, discopolo, turbofolk... e outras músicas marxinadas 06.01.2022

Neste episodio especial, e moito menos serio, centrarémonos en músicas fóra do mapa, ou sexa, estilos moi populares en diferentes países pero sobre os que recaen estereotipos negativos e son rexeitados polas elites culturais. Falaremos da música pimba en Portugal, levenslied en Flandres e nos Países Baixos, turbofolk nos estados da ex-Iugoslavia, manele en Rumanía, chalga en Bulgaria, skilladika e...

Hør på podkasten Fóra de Mapa i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.