Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com
Forfatter
Radio Valladares
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
29. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Xoves 23/12/2021 23.12.2021 1:31:27
Se non lle escribístedes a carta os reis e queredes ser orixinais, preguntas a María Lado. Ven de impartir un obradoiro de escrita creativa no Museo do Mar neste outono. E para cantar as panxoliñas, a banda xuvenil 'King Kids', dende a Maison Escola de Música e Danza en Mos-Porriño.
Mércores 22/12/2021 22.12.2021 1:19:59
Primeiro día do inverno e primeiro día de vacacións para os cativos… e nós a ritmo de glues, o blues galego. Seguimos o soniquete da lotería co Cadelo Lunático. Se non toca… apuntádevos a San Silvestre de Pontevedra. Correndo quitades as penas e o frío e igual vos toca o lacón. Currádevos o disfraz!
Martes 21/12/2021 21.12.2021 1:29:19
Vos coleccionades, o que? Hoxe, 'diógenes' con elegancia. Cada un coa súa tolemia, nas tendas de videoxogos non dan abasto cos monecos Funko Pop. Para paseo con glamour, Allariz. Aí vai a voltiña polo patrimonio deste martes conversando con María, a concelleira de turismo.
Luns 20/12/2021 20.12.2021 1:30:56
Andan as Tanxugueiras polo medio na palabra do ano. En nada xa poderemos escoitar 'Terra', a canción para o festival de Benidorm. Falamos con elas e co seu mánager para ver como se manexa todo este boom dende unha productora pequeniña PlayPlan.
Venres 17/12/2021 17.12.2021 1:29:55
Mercadiños de nadal. Un paseo estupendo por eles no que coñecemos artesáns con luz propia : Las flores de Greta, dende Morgadáns estampando flores para o mundo. E outra de ocio navideño, Pequeártiko. Teatro para a familia, títeres, musicais, clowns... na sala Ártika.
Xoves 16/12/2021 16.12.2021 1:31:22
Imprimir en 3D, que pedimos os vigueses? Conversamos coa La Factoría 3D Violín e piano para acompañarnos de música. Irene Cebada e Brais González van estar tocando no auditorio de Valladares o domingo. E unha peli para rematar, El amor en su lugar.
Mércores 15/12/2021 15.12.2021 1:29:55
Falamos cos organizadores do Campionato Galego de Ciclo cross da finde pasada en Porto do Molle (Nigrán). E deixámonos invadir polo espíritu navideño. Hoxe coas panxoliñas. No concerto de nadal da Coral Casablanca imos escoitar unha moi especial, a que soñou Javier Gil un decembro de hai 20 anos e titulou así: 'Luces en el árbol'
Martes 14/12/2021 14.12.2021 1:31:07
Mentres percorremos o mosteiro de Poio (os dous claustros, a escaleira, a igrexa, o xigantesco canasto, os mosaicos... ) as dúas voces que vos acompañaron durante esta tempada imos falando a vida mesma. Por certo, tamén os rapaciños da escola infantil Monte Alba fixeron a súa camiñada ata o muiño da Senra.
Luns 13/12/2021 13.12.2021 1:30:34
Nin luces, nin árbol, nin belén. Para algunhas familias o nadal chega coas charrascas, as castañuelas e os cristos das rondallas. Conversamos con xente que vive esta tradición intensamente en Valladares. E tamén coas Lerchas, dúas comediantas da Estrada, que estiveron hai uns días neste auditorio. As findes súbense ós escearios e pola semana, andan coas palas: a da excavadora e mais a da panadería...
Venres 10/12/2021 10.12.2021 1:30:09
Entre outras cousiñas, esta maña de venres traemos un paseo polo Bosque da Lingua polos Montes de Couso e unha conversa con Paula Carballeira sobre os contos de medo.
Xoves 09/12/2021 09.12.2021 1:31:39
‘O nome da rosa’, un clásico de manta e sofá para amantes das novelas detectivescas e das historias ambientadas no medievo… Falamos da peli e fedellamos no oficio de atopar as verbas axeitadas para que non se perda detalle na trama, ambientación… con Maite Jiménez, a orfebre das palabras que fixo a traducción ó galego. Outra historia. O proxecto moi bonitiño no que anda metida Bicos de Papel e o x...
Martes 07/12/2021 03.12.2021 1:29:41
Tenras e bonitas. Tres historias no Esperta entre festivos: .a vida da matemática María Wonenburger .os contos da avoa de Cris De Caldas .e as 'vivécdotas' na música durante mais de 50 anos con José, o director emérito da banda de Valladares
Venres 03/12/2021 03.12.2021 1:30:51
Divertida e cómica. Conversamos coa actriz Diana Sieira. Cine, teatro, circo e agora, monólogos. Iso trae este domingo ata o auditorio de Valladares. Para esta ponte loooonga van algunhas ideas mais. Cousiñas como pasear. Charlamos con Juan, guía no Parque Arqueolóxico Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Xoves 02/12/2021 02.12.2021 1:29:54
O Campo das Laudas. Un camposanto simbólico e un aula ó aire libre. Na historia das persoaxes ás que se adican as lápidas recoñecemos de quen vimos sendo. Acompañados do Capitán Gosende, hoxe: do tempo da República ó verán do 36 en Cerdedo. E tamén cine, que é xoves. 'No' de Pablo Larraín, sobre a campaña publicitaria para chamar á xente ás urnas e derrocar a dictadura en Chile no 88.
Mércores 01/12/2021 01.12.2021 1:26:18
O Camiño de Santiago da para todos: -Dende Quiroga, Carlos Álvarez embarcouse hai unha década cos peregrinos VIP en Turigrino Viajes. -De Tui a Compostela, no camiño portugués media ducia de empresas, ademáis de correos e os taxis, lévanlles o equipaxe. -'A natureza no camiño'. Xogo de mesa para coñecer algúns animais e plantas ó longo da peregrinaxe. E os mércores, unha de deportes: fútbol gaélic...
Martes 30/11/2021 30.11.2021 1:29:49
Paseamos pola estación de buses de Vigo con Verdegaia e falamos do seu estado de abandono actual e das suxerencias para a nova estación intermodal. Na voltiña polo patrimonio, imos ata o Escorial galego, o colegio de Nuestra Señora de la Antigua. Aí en Monforte tamén percorremos a ponte vella e o Parador. Ademáis, coñecemos a lenda da coroa de lume.
Luns 29/11/2021 29.11.2021 1:31:13
Os que tendes cans, xa coñecedes de sobra este voso mundo. O resto dos mortales, imos descubrilo: Ramalladas. Un "hoteliño" para o can. Levan desde o ano 77 educándoos. Ímonos sorprender da sabiduría que aporta a experiencia. E como a nosa relación cos animais de compañía evoluciona, as clínicas veterinarias dun tempo, hoxe son hospitais. Achegámonos ata Vetland en Beade.
Venres 26/11/2021 25.11.2021 1:27:52
O xardín botánico da Fundación Sales. Moitos cativos o coñecen ben, van de excursión cos coles mirar o nenúfar. Imos de tour coa bióloga que nos recibe alí. E tamén viaxamos ata Finlandia para escoitar boa música. A que selecciona Lois Atanes no seu O Recanto do Corcovado.
Xoves 25/11/2021 25.11.2021 1:31:59
Coñecemos o "tesouro" da Colexiata, o órgano. Conversamos coa xente que lle arranxou as tripas Organería Acitores. A recomendación cinéfila: 'Ultima noche en el Soho'.
Mércores 24/11/2021 24.11.2021 1:31:03
Toc-toc, fanados! Recóllense dentes de leite. Onde? No Culturgal esta finde para o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana. Imos coñecer porque son un tesouro. Outro banco: o de xoguetes, para os cativos que non teñen. Cada niño un juguete. E unha app, con xogos tradicionais galegos. Ó chou. http://xogostradicionais.consellodacultura.gal/
Martes 23/11/2021 23.11.2021 1:29:02
Do tranvía e as estacións que percorrían Vigo-Baiona. Coruxo, Panxón e Ramallosa, ruperadas para usos sociais. Escoitamos a proposta dos veciños de San Miguel de Oia para a de Canido. Compañeros del metal, o naval está fatal. Diso conversamos con Xulio, da CIGA.
Luns 22/11/2021 22.11.2021 1:31:21
Comezamos a semana con música e retranca para levar as "desfeitas" da vida cotidiana. Escoitamos: "A rente" o novo disco do Amijo da peluquera, que ven sendo Marcos Escudero. Conversamos con Bruno Centelle de SOS Groba sobre os eólicos. Explicado moi sinxelo e coas nosas palabras.
Venres 19/11/2021 19.11.2021 1:32:01
Plan b para a finde… endorfinarse coa música. .C A L M A de Fernando Abreu Fernández .concerto de Santa Icía da banda de Valladares
Xoves 18/11/2021 17.11.2021 1:30:34
Seguindo a estela de onte con Paco Inclán, pasamos a mañá co veciño Amadeo. Mata o tempo de xubilado facendo esculturas. E sáenlle un tanto "gaudianas".
Mércores 17/11/2021 17.11.2021 1:31:16
Coñecemos esta iniciativa de Via Galega: 'Galiza, un pobo, unha selección' como "revulsivo" para o país…. que somos un pobo de artistas e deportistas. "Confesiones con olor a maíz. Un artista valenciano se sube a un hórreo de Valladares (Vigo), donde cita a los vecinos para colaborar en un proyecto artístico. Estuvo 12 horas subido a un hórreo con un libro: Viaje alrededor de mi habitación (1794),...
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.