Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com
Forfatter
Efervesciencia
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
28. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Efer 569 (24-9-21): Especial G-Night en directo desde o Tinglado 25.09.2021 54:41
Programa especial en directo desde o Tinglado do Porto de Vigo dedicado á G-Night, a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia. Contamos con Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da Universidade de Vigo), Paula Tosar (Gradiant), Victoria Besada (IEO), Fernando de Peroy (SpaceLan Uvigo), Lucía Viñas (IEO), Esther Román (IEO), Luisa Martínez (CSIC-Galic...
Guía do Ceo de Verán 21 desde Trevinca 07.08.2021 35:12
[Versión estendida] Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán. Aquí tedes o...
Efer 568 (14-7-21): Begoña Vila: O sprint final do telescopio James Webb 07.08.2021 58:12
(2:01) Logo de máis de dúas décadas cada vez está mais próximo o lanzamento do telescopio espacial James Webb que esta chamado a substituír ó xa mítico telescopio espacial Hubble. Coñeceremos tódolos detalles do James Webb en conversa desde os Ángeles coa enxeñeira de sistemas da nasa Begoña Vila en compaña do noso Martin Pawley. (26:57) O robot social NETA V3A da a benvida aos visitantes da expos...
Efer 567 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC. 06.08.2021 58:57
A semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de tr...
Efer 566 (1-7-21): Monográfico: A consolidación da biotecnoloxía en Galicia 02.08.2021 1:01:10
Ao fío da presentación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxia en Galicia 2021-25 por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preparamos un monográfico para escoitar as diferentes voces do ecosistema de innovación galego. (2:55) Patria Fernández, directora da área de Servizos do GAIN, e Carme Pampin, Clúster Tecnóloxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) (30:17) Sonia Martínez A...
Efer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC 02.08.2021 57:21
(2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC). (15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión apro...
Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54 02.08.2021 57:10
(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serp...
Efer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas 02.08.2021 56:33
(2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña. (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José M...
Efer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol 01.08.2021 56:33
(4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo. (18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o siste...
Efer 561 (27-5-21): Grecia clásica: Deusas, mulleres, mitoloxía, menstruación 01.08.2021 57:10
(2:40) A xornalista Laura Veiga é a impulsora de pingando.gal. Vén de ser seleccionada para presentar o seu proxecto de divulgación sobre o ciclo menstrual en Ciencia en Redes 21. (17:56) Presentamos a Feira Científica Galiciencia coa técnica de Tecnópole Sabela Bouza e cos divulgadores Andrea Muras, @cienciamiuda, e David Ballesteros. (27:40) Susana Reboreda, decana e profesora titular da Faculta...
Efer 560 (20-5-21): Anatomía da batalla dos aerosois con José Luis Jiménez e Sonia Villapol @jljcolorado @svillapol 01.08.2021 56:06
(4:56) A axencia espacial chinesa chega a Marte. Nolo conta Javier Pedreira “Wicho” (17:23) Debullamos a “guerra do aerosois” que tivo lugar na comunidade científica á hora de encarar o esparexemento da Covid. Contamos coa testemuña en primeira liña de José Luis Jimenez, catedrático de Química e Ciencias Ambientais da Universidade de Colorado, con quen conversamos coa axuda da neurocientífica Soni...
Efer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade 01.08.2021 56:45
(0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom. (5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A C...
#MitosEvolución 2: A selección natural sempre actúa ao noso favor? 12.07.2021 13:00
"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na segunda colaboración Alba analiza a frase "A selección natural sempre actúa ao noso favor" coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.
#MitosEvolución 1: Descendemos dos monos? (convidado JM Bermúdez de Castro) 12.07.2021 10:41
"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación.
Unha eclipse de sol para ver na escola e no traballo [Guía do ceo] 09.06.2021 14:28
Na vindeira década teremos 6 eclipses de sol en Galicia, pero o do 10-6-21 será o único que coincida en horario escolar. Martín Pawley cóntanos todos os detalles. Folleto da Agrupación IO http://agrupacionio.com/gl/materiales-didacticos/
Efer 558 (6-5-21): César de la Fuente, ordenadores e bioenxeñería contra as superbaterias 31.05.2021 56:08
(0:01) Introdución da Avoa de Einstein con Juanjo Fernández ao piano (3:38) Aberta a nova edición do concurso de relatos de inspiración científica “Inspiraciencia”. Recuperamos o relato de José de la Sota gañador en 2015. https://inspiraciencia.es/gl/ (6:37) O biotecnólogo galego César de la Fuente con só 35 anos leva gañado unha chea de prestíxiochos premios ó longo da súa carreira. O último dele...
Efer 557 (29-4-21): A arqueoloxía pescuda as orixes dos estados fallidos do Corno de África 25.05.2021 58:40
(2:23) Na idade media o Corno de África era un lugar próspero. Actualmente é o paradigma dos estados fallidos, fame e piratería. Que pasou entremedias? O investigador do INCIPIT-CSIC, Jorge de Torres, gañou un prestixioso proxecto Starting Grant do ERC (Consello Europeo de Investigación) para aproximarse a esta pregunta. Deste xeito neste 5 anos o proxecto “StateHorn” analizara o territorio, os as...
As cebras "avatar" de Pelayo 13.05.2021 20:19
Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entende...
Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia 13.05.2021 55:50
(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais. (32:41) Pelay...
"Os obxectos masivos no interior das galaxias poderían ser estrelas de bosóns" Juan Calderón Bustillo [Versión estendi 11.05.2021 35:07
[Versión estendida] As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta obs...
Habitantes microscópicos dos nosos fogares con @debelbi [Ciencia para andar por casa] 10.05.2021 10:31
Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa.
Efer 555 (15-4-21): Son as ondas gravitacionais as chaves para entender a materia escura? 10.05.2021 58:52
(3:25) Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa. (14:10) As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixa...
Megaconstelacións, ceo nocturno e gobernanza espacial con Salvador Bará [Versión estendida] 06.05.2021 44:51
[Versión estendida] Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se est...
Identificar paxaros de oído ou con aplicación [Paxaros na cabeza] 06.05.2021 13:26
O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante.
Efer 554 (8-4-21): Acabou o lixo espacial cos ceos máis escuros do planeta? 06.05.2021 56:18
(2:50) O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante. (16:36) Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigado...
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.