Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.efervesciencia.org
Forfatter
Manuel Vicente
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
13. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Efer 678 (29-6-24): Ciencia á Feira: micorrizas e microenxertos 28.06.2024 56:05
(1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón. (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación "Ciencia á Feira" promovido por XuvenCiencia. Conversamos...
Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes 23.06.2024 1:21:15
[Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo. Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán. A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández. As sonificacións do investi...
Efer 676 (6-6-24): Aurora Grandal, pioneira no estudo da paleontoloxía en Galicia 22.06.2024 56:41
(2:26) O matemático do Bermés José Rodríguez é o noso gran primeiro científico. A Real Academia Galega das Ciencias dedícalle este ano 2023. Pero ao redor da súa figura se están a divulgar unha serie de mitos e esaxeracións. Carmen Villanueva vén de realizar a súa tese de doutoramento sobre José Rodríguez. (2:16) Eva Poveda preséntanos o cinefórum "Cine ConCiencia" organizado polo Instituto de Inv...
Mapas Lab: Dinosauros, mapas, ordenadores e evolución [Versión estendida] 16.06.2024 37:49
[Versión estendida] isitamos o "Mapas Lab" da Universidade deV Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de din...
Efer 675 (30-5-24): Os mapas da biodiversidade dos últimos 540 millóns de anos 16.06.2024 56:20
(1:57) O cheiro a piscina non é o que ti cres que é. Bibiana García Visos fálanos dos cheiros do verán. (13:37) Visitamos o "Mapas Lab" da Universidade de Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últim...
Fernando Valladares e Valentina Raffio debaten sobre a "eco-esperaza" 02.06.2024 31:41
Conversamos sobre "eco-esperanza" frente "eco-ansiedad" y negacionismo con Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN) e Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico") no Ciencia na Aldea. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https...
Póker de raíñas: @ConchiLillo, @farmagemma e @tvaldessolis 02.06.2024 15:19
A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 674 (23-5-24): Ciencia na aldea (versión estendida) 02.06.2024 1:25:26
A aldea de Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz pasou de ter catro habitantes a ser por tres días un epicentro da divulgación científica e ambiental coa celebración da terceira edición de "Ciencia na Aldea". Neste monográfico conversamos con Alberto Uría e Vanesa Paredes (Asociación Corripa), Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global n...
Efer 673 (16-5-24): Mellor de madeira desde a Galiciencia 26.05.2024 55:00
"Mellor de madeira" é o lema da edición de 2024 da feira cientifíca Galiciencia organizada por Tecnópole en San Cibrao das Viñas. Irmandamos a Galiciencia co Día da Ciencia na Rúa en A Coruña da man da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. (16:35) O botánico Bernabé Moya alerta sobre os problemas que sofren as árbores sobranceiras e denuncia a agresión ao tei...
Efer 672 (2-5-24): Deseño para a innovación 06.05.2024 59:51
Repasamos a historia do deseño galego (15:46) (35:42) ao tempo que asistimos ao VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial. Conversamos con Carmen Bouza (1:48), Javier Cañada e Irene Bazo (17:52) e Uqui Permuy (37:39). A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 671 (25-4-24): Copenhague no CINVIGO 27.04.2024 1:01:25
Desde a Porta do Sol de Vigo realizamos o programa cara o público no festival científico CINVIGO. Contamos coa presenza de Miguel Ángel Correa, Margarita Vázquez González, Trinidad Vázquez, Aroa Álvarez e Noel Queipo. Co pianista Juanjo Fernández e os actores Estíbaliz Espinosa e Manuel Fernández representamos sonoramente fragmentos da obra de teatro Copenhague. Que pasou no encontro entre Heisenb...
Efer 670 (18-4-24): Xornadas de Tecnoloxía de Galicia 19.04.2024 57:36
(1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa "Fábrica Intelixente" de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA. (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO. (39:06) Patricia Preito é comisaria...
Efer 669 (11-4-24): Viaxe arqueoastronómica ao Antigo Exipto 15.04.2024 55:10
(3:21) Lembramos a figura de Peter Higgs con José Edelstein (15:05) O investigador do Instituto Astrofísico de Canarias Juan Antonio Belmonte, ademais de dedicarse ao estudo de exoplanetas, é unha das máximas autoridades en arqueoastronomía, tamén coñecida coma astronomía cultural. En 2004 comezou a estudar a orientación astronómicas dos templos do Exipto Antigo na Misión Hispano-exipcia de arqueo...
Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica 07.04.2024 54:44
(5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman. (14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidator Grant de 2 millóns de euros. Martín...
Guia do Ceo Primavera 24 con @astroxabi 07.04.2024 19:55
Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colabora...
Efer 667 (28-3-24): Glicosa 06.04.2024 54:50
Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias (4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática. (37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica. (32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence...
Protonterapia avanzada con Yolanda Prezado [Versión estendida] 26.03.2024 28:30
[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Mate-glifos [Versión estendida] 26.03.2024 36:25
[Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carát...
Efer 666 (21-3-24): O número 666 26.03.2024 55:30
(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal f...
Efer 665 (14-3-24): Frass, residuos de insectos para fertilizar o campo 16.03.2024 54:56
(2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez. (13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co *International Centre of Insect Physiology and Ecology* de Kenia sobre o f...
Efer 664 (7-3-24): Ouro azul do Congo no teu coche con @xavieraldekoa 09.03.2024 55:20
(2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros. (11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península. (17:19) Darwin comezou sendo coleccionista. (18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos...
Economia ambiental con María Loureiro [versión estendida] 05.03.2024 46:36
[Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista...
Efer 663 (29-2-24): Canto baleirarías o peto para loitar contra o cambio climático? 02.03.2024 56:18
(2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas . (15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que...
Códices e tintas invisibles con Lucía Pereira [Versión estendida] 25.02.2024 51:32
[Versión estendida] Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do...
Misterioso envelenamento por arsénico 25.02.2024 15:22
Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.