Manuel Vicente

Efervesciencia

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.efervesciencia.org

Forfatter

Manuel Vicente

Kategori

Science

Podkastens nettsted

www.efervesciencia.org

Siste episode

13. sep 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Efer 714 (5-6-25): Noite Efervescente en Ponteceso 06.06.2025

[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos...

Efer 713 (29-5-25): Ignicia 23.05.2025

[Versión estendida] Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e terapúetica transacioal do Institu...

Efer 712 (22-5-25): Lumes desde o MARCO 23.05.2025

Desde o panóptico do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Marco, celebramos o día internacional dos museos da man do Proxecto LUMES nunha confluencia de ciencia e arte, entre a academia e o publico, e entre o norte de Portugal e Galicia. (4:05) Fran Aboy é o responsable do LUMES. (10:24) A UNESCO nomeou a Braga como Cidade Creativa da Artes Audiovisuais. Contamos con Sara Borges, coordinadora do...

Cansat no IES de Teis 20.05.2025

[Fragmento] Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, Repúblic...

Efer 711 (15-5-25): 20 anos de Galiciencia 19.05.2025

Celebramos desde Tecnópole en San Cibrao das Viñas o 20 aniversario da feira científica Galiciencia. Contamos con Javier Taibo, Margarita Ravelo, Tino Álvarez, Ana Piñeiro Sotelo, Vicente Mohedano, Cristina Mangana, Patricia Barciela, David Ballesteros, Carlos Nieto, Noemía Ortega, Adolf Cortel e Javier García Martínez.  (15:20) Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do de...

Efer 710 (1-5-25): Ciencia na Aldea, onde o mundo se chama Pena da Nogueira 18.05.2025

[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e os organizadores e promotores do Festival de Herbas Espontáneas de...

Rankine, o enxeñeiro poeta [Entrevistas no Alén] 18.05.2025

Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colabora...

Luis Liz Marzán, a revoución dos nanoparafusos [Versión estendida] 17.05.2025

[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplic...

Efer 709 (24-4-25): A revolución dos nanoparafusos con Luis Liz Marzán 16.05.2025

(3:27) Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.(11:20) Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Ma...

Efer 708 (18-4-25): Doar e validar voces para que as IAs entendan todas as entoacións do galego 15.05.2025

(2:04) Doha Elrhoul e Manuel Romero Gómez son investigadores do grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI). Romero é o director da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña. Veñen de publicar un traballo que propón un método eficiente para que os metaneiros produzan in situ hidróxeno verde. Par...

Efer 707 (17-4-25): SciCom Pt desde Madeira 14.05.2025

Achegámonos ao congreso da Rede Portuguesa de Comunicación da Ciencia SciCom Pt que se celebrou na Illa de Madeira. Conversamos con Ana Santos Carvalho, Sara Bettencourt (2:15), Pedro Russo e Mario Montenegro (12:38) e coñecemos entre outras iniciativas, a Conferencia Internacional de Teatro Científico de Coimbra. (38:48) O noso paxareiro, Nacho Munilla, cóntanos o recente achado de parasitismo in...

Efer 706 (10-4-25): O radon espreita nos centros de traballo 13.05.2025

(2:13) A nosa sexóloga e xornalista Laura Veiga explícanos se é posible adiantar a regra. (14:45) A exposición "Menssana" achega a saúde mental aos adolescentes. Conversamos con Patricia Barciela, directora da Domus dos Museos Científicos Coruñeses. (30:20) Efeméride do 10 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (31:52) Lucía Martín é investigadora en Epidemioloxía e Saúde Pú...

Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida] 12.05.2025

[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Repa...

Fenda na materia escura con Antón Baleato Lizarcos [Versión estendida] 11.05.2025

[Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizar...

Efer 705 (4-4-25): Dereito a reparar, transición xusta e postrecrecemento 10.05.2025

(5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento. (23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez (24:45) Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Ponte...

Efer 704 (27-3-25): Origamis de ADN 09.05.2025

(2:00) Enoloxía e turismo científico con Maite Vence (6:29) Solución a onde está Moncho Núñez (8:27) Visitamos o CIMUS para coñecer as investigacións de Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius do CIQUS onde desenvolve ferramentas bio-nano, como por exemplo os origamis de ADN, para desenvolver terapias controladas externamente mediante luz ou campos magnéticos. (40:35) Efeméride do Calendario da Hi...

Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura 06.05.2025

(00:00:00) Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura (00:00:24) O erro de Einstein (00:06:11) Biofluorescencia das aves do paraixo [Paxaros na cabeza] (00:20:54) Efeméride do 20 de marzo (00:23:08) O posible devalo da enerxía escura con Antón Baleato Lizarcos 0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a...

Como se moven as pedras costeiras con Alejandro Gómez Pazo [Versión estendida] 06.05.2025

[Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. TaméndDramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @...

Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea 05.05.2025

(00:00:00) Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea (00:00:21) Einstein pasou por Galicia (00:04:39) Abadoados na ISS? [Wicherías] (00:13:37) Alejandro Gómez Pazo (00:24:24) Pedra, Area, Balea [Relato] (00:39:47) Efeméride 13 de marzo (00:40:58) Unha fracción de segundo [Cambio de Fase] (0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos. (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astrona...

Efer 701 (6-3-25): O Calendario da Historia da Ciencia 04.05.2025

(2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto. (4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa "Bitácora do Beagle" como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias. (18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro "O Calendario da Historia da Ciencia" (41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta a sexóloga e xornalista Laura Veiga. A nosa...

fer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros 21.04.2025

(00:00:00) fer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros (00:02:04) Ensaio clínico vacina tuberculose (00:17:10) Solución onde está Luis Muiño (00:19:20) Sons e fondos costeiros (2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo...

Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas 19.04.2025

(00:00:00) Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas (00:00:25) Os ratos fan a RCP (00:05:33) A primeira visita a xinecoloxía [Pingando] (00:17:15) Febre do ouro das sambesugas con Damián Copena (00:39:57) Deep me [Cambio de fase] (0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP. (5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga...

Efer 698 (13-2-24): A trampa do amor con Luis Muiño 26.03.2025

(2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas. (15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san" A nosa web oficial www.efervesciencia.o...

Efer 697 (6-2-25): Radiografía do populismo científico en España 16.03.2025

(2:23) Estíbaliz Espinosa explora a ciencia e a poesía dos asteroides, dende o asteroide Bennu e as súas mostras de aminoácidos ata o asteroide 2024 YR4 e o protocolo de seguridade planetaria da ONU. (19:43) Maite Vence tráenos rutas Observer para ver paxaros. (25:50) Celia Diaz, socióloga do Grupo Trans Soc da Universidade Complutense de Madrid, debúllanos o primeiro informe sobre confianza na ci...

Efer 696 (30-1-25): Bioplásticos sostibles para textil, envases e calzado 10.03.2025

(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile. (18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da ind...

Hør på podkasten Efervesciencia i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.