AGalegaAudio
Todos os podcast | Pensando en ti
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: agalegaaudio.gal
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Pensando en ti 19-08-2024 19.08.2024 4:56:57
Din os especialistas que establecer PRIORIDADES é imprescindible para acadar os obxectivos persoais, o benestar e en último termo, a felicidade. E ti, tés prioridades? Cales son? Mudaron según foi pasando a vida? En que te focalizas agora? Familia, amor, traballo, estudo? Esta semana facemos unha listaxe de locais con café, bo e barato.
Pensando en ti 16-08-2024 16.08.2024 4:57:00
Fin de semana con milleiros de celebracións. Vivencias, experiencias, historias de amor nas festas. Votamos pola nosa canción do verán! Dámosvos 3 opcións!
Pensando en ti 15-08-2024 15.08.2024 4:56:52
Celebramos Galicia en festa coa música de Arimagritte en directo. Hoxe queremos coñecer os vosos soños e desexos.
Pensando en ti 14-08-2024 14.08.2024 4:55:57
Achéganse os días con máis verbenas e falamos das comisións de festas. Último día para aportar ideas para a canción do verán. Seguimos cos locais de Galicia con petiscos de balde que pagan a pena.
Pensando en ti 13-08-2024 13.08.2024 4:56:55
Onde está a túa vivenda? Como accediches ao teu fogar? Buscas casa? Continuamos creando a nosa canción do verán. Na nosa procura de choios, seguimos cos locais de Galicia con petiscos de balde que pagan a pena.
Pensando en ti 12-08-2024 12.08.2024 4:56:55
Hoxe queremos saber como foi a vosa fin de semana. Se se vos fixo longa, curta, intensa, feliz ou horrible. Continuamos creando a nosa canción do verán. Buscamos locais de Galicia con petiscos de balde que pagan a pena.
Pensando en ti 09-08-2024 09.08.2024 4:56:57
Xogos populares? Cal era o teu preferido? A que xogas agora? Billarda, chave, mariola, ra? Xogos de mesa nas fins de semana? A que xoga agora a infancia?. Creamos a canción do verán. Seguimos coas racións de polbo máis baratas de Galicia.
Pensando en ti 08-08-2024 08.08.2024 4:56:55
Chorar de risa, chorar por dentro, chorar os sete mares. E ti choras? Cando? Con quen? De tristeza? De emoción? Moléstache a xente que pasa o día chorando? Quen non chora non mama? Facemos unha listaxe coas racións de polbo máis baratas de Galicia!
Pensando en ti 07-08-2024 07.08.2024 4:56:55
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas.
Pensando en ti 05-08-2024 05.08.2024 4:56:54
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas.
Pensando en ti 25-07-2024 25.07.2024 4:56:55
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas.
Pensando en ti 24-07-2024 24.07.2024 4:56:55
Os oíntes cóntannos como están pasando esta vaga de calor e os segredos para aguantar as altas temperaturas: mergullo na praia ou no río, abano, ventilador, pechados dentro da casa… Como se están sentido? Logran durmir con máis de 20 graos na rúa? Están desexando xa que volva a chuvia e as temperaturas máis baixas? A audiencia tamén comparte algún problema, unha preocupación, un momento de dúbida...
Pensando en ti 23-07-2024 23.07.2024 4:56:57
Os oíntes cóntannos se son persoas vergoñentas ou non, se son das persoas que se atreven con todo sen importarlle as críticas dos demais ou morren por timidez e vergoña. Os oíntes comparten con nos as situacións que lles causaron ese terrible sentimento de vergoña, que non farían nunca para evitar esa humillación ou que persoas tentan afastar para evitar ruborizarse.
Pensando en ti 22-07-2024 22.07.2024 4:56:55
Os oíntes cóntannos se están casados, se continúan casados ou están a piques de unirse en matrimonio á súa parella. Foi ou será o día máis feliz da súa vida? Os oíntes explícanos se casaron convencidos, cheos de amor ou foi máis un compromiso ou unha decisión impulsiva. Cómo foi ou como será ese día? Convidados, celebración, lúa de mel… Repetirían esa experiencia?
Pensando en ti 21-07-2024 21.07.2024 4:56:57
Os oíntes cóntannos se algunha vez correron un risco innecesario e só agora senten que puido ter graves consecuencias, como esas persoas que se expoñen a un accidente só para facerse un selfie. No Día Mundial dos Cans, a audiencia comparte con nos as anécdotas que viviron ou viven cada día con estes animais, que antes eran só compañía no rural e agora forman parte de moitas familias tamén nas cida...
Pensando en ti 20-07-2024 20.07.2024 4:56:57
Os oíntes comparten con nos as consecuencias que experimentaron por cancelacións ou atrasos en voos. Chegaron tarde a traballar ou a unha reunión de negocios por problemas no aeroporto ou na compañía aérea? Tiveron que cancelar unha cita ou adiar un compromiso familiar? A audiencia opina sobre a maxia negra, sobre rituais, sobre a maxia negra...
Pensando en ti 19-07-2024 19.07.2024 4:56:55
Os oíntes cóntannos os plans especiais que teñen para estes días: encontros familiares, unha cea con alguén que agardamos fascinados, a participación nunha proba deportiva, a verbena favorita, o reencontro cun amor de verán, a preparación das maletas para iniciar unha viaxe...
Pensando en ti 18-07-2024 18.07.2024 4:56:57
Os oíntes opinan sobre os animais, se lles gustan ou non, se pensan que ter unha mascota cura a soidade e nos fan sentir mellor. Cans, gatos, coellos, ratos… Os oíntes cóntannos se teñen mascotas que forman parte da súa familia, se esa compañía lles fixo sobreporse a malas situacións ou se os animais dos veciños os volven tolos cos seus ruidos ou os seus cheiros. E no rural… entenden que os visita...
Pensando en ti 17-07-2024 17.07.2024 4:56:55
Os oíntes cóntanos se cren na sorte, na boa ou mala sorte, se a buscan con rituais ou se pensan que hai que traballar e ser realistas. Tiveron algún golpe de sorte na vida? Coñecen xente a que persegue a mala sorte? Os oíntes coméntannos as manías que teñen relacionadas coa sorte, se levan algún amuleto para sentirse máis seguros e confiados ou se teñen algún obxecto na casa da que nunca se van de...
Pensando en ti 16-07-2024 16.07.2024 4:56:42
No día do Carme, os oíntes cóntannos as súas vivencias no mar, como eran ou son as mareas, historias de naufraxios, o mar como destino profesional, todo o que significa o mar nas súas vidas. Os oíntes comparten con nos como se vive ó lado do mar ou co mar: redeiras, peixeiras, veciños das localidades mariñeiras… Co mar de fondo nas súas vidas.
Pensando en ti 15-07-2024 15.07.2024 4:56:55
Os oíntes cóntannos como viviron o triunfo de España da Eurocopa, sos, en familia, en reunión con amigos ou se continúan celebrando esa cuarta copa de madrugada. Os oíntes coméntannos se seguiron a final de tenis en Wimbledon, se vibraron co triunfo de Alcaraz. Gústanlle os deportes en xeral e son seareiros dalgún equipo? A audiencia comparte as emocións que lles suscitan os deportes.
Pensando en ti 14-07-2024 14.07.2024 4:56:55
Os oíntes cóntannos se nalgún momento da vida o pasaron mal por murmuracións, se se sentiron vítimas por comentarios doutras persoas sobre a súa situación persoal, por algunha decisión que eles tomaron… Os oíntes comparten con nos as críticas ou as cubilladas polas que continúan sofrendo e que están influíndo na súa vida.
Pensando en ti 13-07-2024 13.07.2024 4:56:57
Os oíntes comparten con nos cambios importantes que sucederon na súa vida. Fálannos de proxectos que acometeron, cambios de traballo, de lugar de residencia, decisións familiares ou sentimentais... que provocaron un xiro na súa traxectoria vital.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici