AGalegaAudio

Diario cultural | Mañá

Society GL ↓ 429 episodi

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Autore

AGalegaAudio

Categoria

Society

Sito del podcast

agalegaaudio.gal

Ultimo episodio

27 giu 2025

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Diario cultural 20-12-2024 20.12.2024

Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos Esta tarde, no salón multiusos do consistorio haberá unha xornada dedicada a esta alfaia do noso patrimonio castrexo e tamén se procederá a entregar unha arracada de honra á familia do seu descubridor Afonso Becerra lévanos ao circo de pista, de rúa, de pallasos...

Diario cultural 19-12-2024 19.12.2024

“Buscamos o abrazo das culturas” Arranca en Ourense o Festival Internacional Rebulir, que chega a súa edición número dezanove e, o seu directorAlexandre Sotelino, dános tódalas claves. O FIR 2024 é un espazo de convivencia intercultural con vocación pedagóxica que se fai latente nas múltiples actividades socioeducativas que integran o programa. Entre os premiados deste ano, a Asociación de Gaiteir...

Diario cultural 18-12-2024 18.12.2024

Unha investigación da USC reconstrúe virtualmente o coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado no século XVII . Falamos con Francisco Prado-Vilar, investigador principal. Con Raquel C. Pico repasamos as curiosidades máis interesantes de cantas trouxo a este espazo semanal.

Diario cultural 17-12-2024 17.12.2024

Ata o día 11 de xaneiro pode visitarse en Vigo ‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’ do fotógrafo Blas González. Dolores Vilavedra comenta a novela 'Os corpos fráxiles', de Sofía Ruvira

Diario cultural 16-12-2024 16.12.2024

 ‘Prisciliano e a Gallaecia’, un documental de Aser Álvarez producido por Arraianos Producións. Carlos Crespo trae hoxe á palestra a Zavala,

Diario cultural 12-12-2024 12.12.2024

Tras conseguir premios en diversos festivais, por fin chega ás salas de cine "La Parra", a terceira longametrxe do ferrolán Alberto Gracia. Conversamos da película co director e Moncho Lemos fálanos doutras cintas que se verán nos cines este Nadal.

Diario cultural 11-12-2024 11.12.2024

Convidamos á gañadora do premio Artesanía de Galicia 2024, Julia de la Cal a comentar o seu traballo e avaliar a situación que atravesa o sector artesanal no país. A nosa colaboradora Raquel C, Pico fálanos dos memes.

Diario cultural 10-12-2024 10.12.2024

Pontevedra acolle do 10 ao 15 de decembro a novena edición do Festival Internacional de Cinema. O director artístico do certame, Suso Novás, fálanos dun evento no que se proxectan 39 longametraxes e que este ano se desenvolve baixo o lema "Defender aos que arriscan". Ademáis, a profesora Dolores Vilavedra preséntanos a obra literaria en galego de Francisca Herrera.

Diario cultural 09-12-2024 09.12.2024

A nigranesa Raquel Fernández fálanos de "I'm Obelix", o libro co que gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil outorgado pola editorial Xerais. A obra retrata a realidade do acoso escolar desde a perspectiva dun adolescente diagnosticado con trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH). Ademáis, Carlos Crespo traenos o primeiro disco en galego de G. Face.

Diario cultural 06-12-2024 06.12.2024

Magín Blanco visítanos para falar da cuarta entrega do seu espectáculo infantil "A nena e o grilo. O camiño das cores". Afonso Becerra achégase á última proposta da compañía Ay Cariño!

Diario cultural 05-12-2024 05.12.2024

Amar o mar é o primeiro albúm de Belem Tajes. É un disco pero tamén un proxecto artístico que abraza a natureza. Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana,‘Emilia Pérez’ e ‘Here’ (Aquí)

Diario cultural 04-12-2024 04.12.2024

A Real Academia Galega e a delegación coruñesa do Colexio de Arquitectos de Galicia homenaxean esta tarde a Andrés Fernández-Albalat Lois co gallo do centenario do seu nacemento. Raquel C. Pico fálanos hoxe de comidas e sobremesas típicas do Nadal

Diario cultural 03-12-2024 03.12.2024

A vida do tudense frei Rosendo Salvado, misioneiro bieito do século XIX, chega á televisión nunha docuserie da TVG dirixida por Valentín Carrera. Dolores Vilavedra comenta a obra gañadora do premio Repsol de narrativa breve 'Pirotecnia'  , de Alberto Ramos

Diario cultural 02-12-2024 02.12.2024

Falamos do fenómeno de banda deseñada ‘Heartstopper’, de Alice Oseman, que Xerais está a publicar en galego . E Carlos Crespo tráenos a 9Louro

Diario cultural 29-11-2024 29.11.2024

 O bravú festexa o seu 30 aniversario ás 21:00 horas no Culturgal, cun documental e o concerto da Banda Xangai e as pontevedresas Rager. Xurxo Souto, líder dos Diplomáticos de Monte Alto e referente indiscutible deste movemento, protagoniza o filme producido por Nós Televisión. Afonso Becerra debulla o número último de Erregueté, a revista das artes escénicas en Galicia @erreguete.gal

Diario cultural 28-11-2024 28.11.2024

Esta tarde proxéctase no Museo do Pobo Galego unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico ribeirense Andrés Teira Brión para a Universidade de Oxford. Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana ‘Pídeme lo que quieras’ e Vaiana 2

Diario cultural 27-11-2024 27.11.2024

Falamos coa autora e escoitamos a obra, a derradeira das tres premiadas nesta edición de 'Escoitamos teatro.' Céspede artificial sitúanos no xardín dunha familia acomodada a onde van chegando varios gatos.

Diario cultural 26-11-2024 26.11.2024

‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado. Falamos con ela e escoitamos a peza. A fisterrá Marta Lado, autora e actriz galardoada nos Mestre Mateo e os María Casares, preséntanos a historia dun guionista que se fai pasar por cura para inspirarse nas confesións dos fregueses. A súa parella decide poñelo a proba... Texto e dirección: Marta Lado. Interpretación: Marta Ríos e Jorge Varandela. Adaptació...

Diario cultural 25-11-2024 25.11.2024

‘Petricor’, de Lidia Fraga. Falamos coa autora e escoitamos a obra, unha das tres gañadoras do certame deste ano

Diario cultural 22-11-2024 22.11.2024

A partir do luns imos emitir as obras gañadoras da cuarta edición do concurso de teatro radiofónico 'Escoitamos teatro’, que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega.  Trátase de ‘Petricor’, de Lidia Fraga; ‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado; e ‘Céspede artificial’, de AveLina Pérez. Falamos co compositor rianxeiro Antón Alcalde, gañador da 35.ª edición do Premio Jóvene...

Diario cultural 21-11-2024 21.11.2024

“Mentres haxa desigualdade seguirá habendo violencia” En vésperas do 25-N, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega debate sobre os novos relatos da violencia machista. 'Prefiro condenarme' e 'Raqa' con Moncho Lemos

Diario cultural 20-11-2024 20.11.2024

A Compañía de Treatro Valacar estrea a obra “Pervertimento”. Pedro Rubín, director e Ana Docampo, actriz. Colaboraciónd e Raquel C. Pico

Diario cultural 19-11-2024 19.11.2024

Chus Nogueira e Xose María Álvare Cáccamo, sobre o Simposio Luisa Villalta Colaboración de Loli Vilavedra

Diario cultural 18-11-2024 18.11.2024

Entrevista con Alberto Lobelle, director de "Pico Sacro", que se estrea en Cineuropa Colaboración de Carlos Crespo

Diario cultural 15-11-2024 15.11.2024

Esta tarde no Pazo do Hórreo van recoñecer a Castelao coma primeiro presidente de Galiza. Asemade inaugúrase unha exposición na Fundación Penzol e na USC acaba de arrancar a cátedra que leva o seu nome. Da man do profesor e académico Henrique Monteagudo percorremos os tres escenarios. Afonso Becerra comenta ‘As gardiás’, de Teatro de Ningures. A obra reflexiona sobre a vellez, a independencia e os...

Ascolta il podcast Diario cultural | Mañá su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici