Laura Veiga

Pingando - Laura Veiga

Health GL ↓ 56 epizód

Ola! Son Laura Veiga, xornalista especializada na educación e divulgación sobre o ciclo menstrual. Aquí atoparás historias que descoñecías, mitos desmontados pola evidencia científica e moito máis! Podes seguirme en Instagram: https://instagram.com/pingando.gal?utm_medium=copy_link Tamén podes seguirme en Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC-Zth6S2QbSNzMsyj4MFAcA E en Twitter: https://twitter.com/PingandoG?s=09 Se ves que che gusta o contido e queres apoialo por 1€ ao mes ou formar parte dun clube de lectura entra aquí: https://www.patreon.com/join/pingandolauraveiga

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Laura Veiga

Kategória

Health

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2024. dec. 1.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

Episodio 2 con Carol Strate: como é menstruar dos 17 aos 27 anos 16.12.2021

Este episodio forma parte dunha miniserie coa xinecóloga Carol Strate, con quen exploraremos como é menstruar nas diferentes etapas da vida, dende a primeira menstruación até a última. Neste episodio veremos cales son os cambios máis comúns e as principais consultas xinecolóxicas. Para seguir de preto o traballo de Carol: https://www.instagram.com/alumbramujer/ Para non perderte nada: https://inst...

Ana Rodríguez - Como pode axudar a farmacia comunitaria no ciclo menstrual 02.12.2021

Neste episodio falamos con Ana Rodríguez, farmacéutica, membra da Sociedade Española de Farmacia Clínica, Familiar e Comunitaria e colaboradora en Radio Voz. Con ela aprenderemos todo o necesario sobre o consello farmacéutico e como este pode ser útil en distintas situacións relacionadas co ciclo menstrual. Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando.gal?utm_medium=copy_link E agora tam...

Episodio 1 con Carol Strate: como é menstruar durante a menarquia 18.11.2021

Este episodio forma parte dunha miniserie coa xinecóloga Carol Strate, con quen exploraremos como é menstruar nas diferentes etapas da vida, dende a primeira menstruación até a última. Neste episodio veremos cales son os cambios máis comúns e as principais consultas xinecolóxicas. Para seguir de preto o traballo de Carol: https://www.instagram.com/alumbramujer/ Para non perderte nada: https://inst...

Diana Luque – Pon unha matrona na túa vida 04.11.2021

Neste episodio falamos con Diana Luque, secretaria da Asociación Galega de Matronas. Con ela falaremos precisamente de como che pode axudar unha matrona ao longo de toda a túa vida, xa que é moi común pensar nelas só durante o embarazo e hai moito máis detrás. Se queres saber máis sobre chan pélvico, dor menstrual, anticonceptivos e educación sexual, escoita isto! Para seguir de preto as actividad...

Aranxa Vicens e Gabriela Frías – A hipersexualización das persoas racializadas 21.10.2021

Neste episodio falamos con Aranxa Vicens e Gabriela Frías, integrantes do colectivo Resistencia en Terra Allea. Con elas debullamos a situación das persoas racializadas e/ou migrantes, especialmente das mulleres e das nenas, en diferentes ámbitos como poden ser a vida cotiá ou as relacións interraciais de amizade/parella. Algúns dos obstáculos que deben enfrontar son a hipersexualización, a cosifi...

Lorena Souto – A representación da menstruación na literatura galega 07.10.2021

Neste episodio falamos con Lorena Souto, poeta, filóloga e mestra, arredor de como a literatura galega representou a menstruación, tanto no ámbito da poesía como no ámbito da narrativa, ao longo de diferentes décadas. Veredes que hai numerosas obras que se mencionan, aínda que é imposíbel ser exhaustivas, polo que se advertides algunha ausencia por favor compartídela para que o resto a teñamos pre...

Margarida Corral - A colectivización e os coidados na discriminación laboral 15.07.2021

Neste episodio falamos con Margarida Corral, técnica de igualdade da Confederación Intersindical Galega (CIG). Xunto a ela reflexionamos arredor do papel dos sindicatos nas relacións laborais actuais, os recoñecementos médicos e xinecolóxicos das empresas e dos diferentes tipos de discriminación que enfrontan as mulleres de clase obreira. Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando_gal?...

Nee Barros - A Identidade e (algunas) realidades trans 08.07.2021

Neste episodio falamos con Nee Barros, escritore e youtubeire. Xunto a elu reflexionamos arredor da importancia de ter referentes na nosa vida cotiá para construír a nosa identidade e de diversos aspectos relacionados coa literatura, a menstruación e algunhas das realidades das persoas trans. Tamén falamos das súas dúas obras: 9 poemas para um VÍRUS-19 e Identidade. Para non perderlle a pista a Ne...

María Reimóndez – Unha visión Bárbara, feminista e decolonial 01.07.2021

Neste episodio falamos con María Reimóndez, escritora, tradutora e activista. Con ela falamos da súa publicación máis recente: Bárbaras! Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes diverses (e non só). A través desta obra tamén exploramos diferentes aspectos como o papel da literatura na educación, a creación de redes feministas e o papel político e decolonial da tradución. Para ver o...

Gustavo Llovo - Apps de control de ciclo e ciberseguridade 24.06.2021

Neste episodio falamos con Gustavo Llovo, formador e perito informático. El explica o concepto de ciberseguridade, as políticas de privacidade e a importancia da anonimización dos datos. Aínda que non todo é malo, e tamén falamos dos beneficios do Big Data e a súa utilidade a distintos niveis como pode ser social ou sanitario. Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando_gal?igshid=1i68r...

Entrevista Sabela Landín – A realidade despois do Essure 17.06.2021

Neste episodio falamos con Sabela Landín, a presidenta da Asociación de Afectadas de Essure da Galiza. O Essure foi un dispositivo contraceptivo irreversíbel que se colocou a máis de 1.000 mulleres do país. Os seus efectos secundarios levaron a que se deixara de comercializar en 2018, pero hoxe en día as vítimas seguen sen ter un trato xusto e son abandonadas polo sistema sanitario e administrativ...

Entrevista Andrea Hipólito e Xiana Alende – Falemos de chan pélvico 10.06.2021

Neste episodio falamos con Andrea e Xiana, ambas fisioterapeutas de chan pélvico. Elas contarannos que é isto que está tan de moda hoxe en día, cales son as consecuencias de ter unha hipotonía ou unha hipertonía e xuntas afondaremos un pouco nas causas do descoñecemento destes músculos e nas posíbeis medidas de prevención. Para ver o seu traballo: https://ahsuelopelvico.com/ E para seguilas en ins...

Entrevista Éric @UnRapáTransquilo - Como nos afecta a socialización da menstruación 03.06.2021

Neste episodio falamos con Éric, músico e creador baixo o nome de Un Rapá Transquilo, que nos fala sobre facer pública a súa transición, a linguaxe inclusiva, a validación dos corpos e o cispassing e como podería variar a nosa relación coa menstruación se a nosa socialización tamén fose diferente. Todo isto adornado con moitas risas e chistes malos que non vos podedes perder. Para non perderlle a...

Entrevista Cristina Novoa – QuerENDO lembrar que é a endometriose 27.05.2021

Neste episodio falamos con Cristina Novoa, membra da asociación QuerENDO para a visibilización da endometriose e o acompañamento ás doentes. Con ela falamos das distintas loitas que teñen como asociación, tanto a nivel sanitario como a nivel administrativo, mais tamén do que implica vivir con endometriose a nivel persoal e como todo isto inflúe nas relacións de parella, amizade e familiares, así c...

Entrevista David Gómez – A contracepción e a saúde sexual na actualidade 21.05.2021

Neste episodio falamos con David Gómez, xinecólogo do Hospital Álvaro Cunqueiro e o vicepresidente da Sociedade Galega de Contracepción. Con el falamos do concepto de saúde sexual, como abordar a contracepción e a prevención de ITS dende unha perspectiva multidisciplinar e como a responsabilidade contraceptiva adoita caer nas mulleres, especialmente nas relacións heterosexuais. Para ver o traballo...

Entrevista coa Malvada Profe - A educación sexual na secundaria 13.05.2021

Neste episodio falamos coa Malvada Profe acerca das súas experiencias na ensinanza da secundaria e como percibe a educación sexual nestas idades. Por suposto, na conversa hai lugar tanto para as reflexións sobre que é o que falla como para as anécdotas máis divertidas. Para non perderlle a pista: https://twitter.com/MariaArtze?s=09 Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando_gal?igshid=...

Entrevista Compostela Non Monógama – Os coidados nas non monogamias 06.05.2021

Neste episodio falamos con Leti e Gabriel, integrantes e organizadores do colectivo Compostela Non Monógama, precisamente das non monogamias e como interseccionan este tipo de relacións co resto de loitas sociais como os coidados, o feminismo, a visibilidade LGBT e outros temas como as red flags ou bandeiras vermellas. Para ver o traballo de Compostela Non Monógama: https://www.instagram.com/nonmo...

Entrevista Carmela Cela - Químico vs natural, endometriose e nesgos de xénero 29.04.2021

Neste episodio falamos con Carmela Cela, investigadora predoutoral no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa e divulgadora en Ecos de Xigantes e Ciencia con Carmen e de xeito individual tamén ten canle propia de Youtube. Ela explícanos de onde vén a quimiofobia e por que non ten sentido, o posíbel papel dos disruptores endócrinos no desenvolvemento da endometriose e como afectan os nesgos de xé...

Entrevista Andrea Muras de @ciencia_miuda – Por que as bacterias molan? 22.04.2021

Neste episodio falamos con Andrea Muras, doutora en microbioloxía e divulgadora científica, sobre a importancia das bacterias nas nosas vidas, a ciencia que non se ve pero que está por todas partes e como a alimentación, o exercicio e o descanso afectan á nosa microbiota e esta ao noso ciclo menstrual. Para ver o traballo de Andrea: https://instagram.com/ciencia_miuda?igshid=1kn7cjbdo99qa Para non...

Entrevista Nuria Espasandín - O activismo dentro e fóra das redes 15.04.2021

Neste episodio falamos con Nuria Espasandín, activista polos dereitos humanos e dos animais non humanos. Ela cóntanos como é o traballo dunha persoa activista, a situación dos dereitos da muller e do colectivo LGBTI no mundo e en especial en Polonia, a súa experiencia no veganismo e no feminismo e un pouco sobre as súas viaxes e a súa vida nómade. Para ver o traballo de Nuria: https://youtube.com/...

Entrevista Raquel C. Pico – A historia da menstruación na Galiza 08.04.2021

Neste episodio falamos con Raquel C. Pico, xornalista freelance e autora de varios artigos de hemeroteca sobre a menstruación. Con ela, falamos dos motivos polos que a menstruación e o ciclo menstrual non forman parte dos libros de historia, o comercio por correo discreto, o sangrado libre no século XIX e a pobreza menstrual. Nota: No minuto 24 da entrevista comezamos a falar dun libro coma se fos...

Entrevista Iria Veiga, A Raíña Vermella – Perspectiva biopsicosocial e casualidades 01.04.2021

Neste episodio falamos con Iria Veiga, A Raíña Vermella, médica psiquiatra e divulgadora en medios de comunicación e en centros educativos. Con ela exploramos un pouquiño o campo da psquiatría así como diferentes temas relacionados coas mensaxes positivas, a busca de patróns e as casualidades e o enfoque biospicosocial das enfermidades. Para ver o traballo de Iria: https://espello.gal/ E para non...

Entrevista Ester de @proxecto_xerminando - Comprestelas, calzóns inclusivos e cultura de troca 25.03.2021

Neste episodio falamos con Ester, a persoa que está detrás do @proxecto_xerminando. A través dela podemos achegarnos a unha nova forma de crear compresas reutilizábeis e tamén a unha nova forma de levar unha vida máis ética e sostíbel. Tamén nos introduce na economía circular e na cultura da troca. Para ver o traballo de Ester: https://www.instagram.com/proxecto_xerminando/ Para non perderte nada:...

Entrevista Noemí García de @media laranxa e @galegoparaboomers 18.03.2021

Neste episodio falamos con Noemí García, filóloga, a persoa que está tras as receitas e larandicas de Media Laranxa e a profe que está detrás de Galego para Boomers. Ela nos explica o seu punto de vista sobre a normalización lingüística e a situación actual do galego así como os diferentes debates que intenta fomentar nas súas aulas. Sobre Noemí: https://www.instagram.com/noemi_jeans/ Para ver o t...

Entrevista Sandra Mateo - Dermatoloxía, psicoloxía e ciclo menstrual 11.03.2021

Neste episodio falamos con Sandra Mateo, dermatóloga con experiencia tanto na sanidade pública como na privada. Ela nos explica a importancia da pel e as características de determinadas patoloxías como o acne e a rosácea e como se relaciona todo isto co ciclo menstrual e as implicacións psicolóxicas. Para ver o traballo de Sandra: https://www.clinicadoctoramateo.es/ Para non perderte nada: https:/...

Hallgasd a(z) Pingando - Laura Veiga podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.