Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.spreaker.com
Szerző
Curso Podcast Usc
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 28.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Signos astronómicos para xordos [Guía do Ceo] 07.02.2018 24:10
Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018. Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos tanto para xordos como oíntes a tradución española do "Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Si...
"As patentes non son secretas" con Montserrat Camiña 07.02.2018 20:41
Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación?
Ciencia ao parlamento 07.02.2018 8:13
Andreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido. https://www.cienciaenelparlamento.org/ @Cienciamento
As redes sociais axudan a reforzar as linguas minoritarias? 22.01.2018 10:10
O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes. Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.
Se fumas cánnabis o día anterior, dá positivo o test de tráfico? Conversa con Manuel López-Rivadulla 22.01.2018 28:33
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense.
Cazado un rarísimo raio azul no sol en Loiba 22.01.2018 10:20
A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal que nos explica como chegou a capturar este fenómeno tan estraño.
Efer 422 (21-1-18): Os test de drogas ao volante 21.01.2018 57:09
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense. A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo...
Iluminación artificial contra os colonizadores da pedra 19.01.2018 31:08
As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao D...
O vaso de viño diario saudable é un mito [Deborah García Bello] 19.01.2018 8:01
Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Tes máis información aquí http://dimetilsulfuro.es/2017/09/26/una-copita-de-vino-es-buena-para-el-corazon-claro-que-si-guapi/
O deseñador da portada de Science máis importante do ano 19.01.2018 7:59
A portada do número de Science dedicado ao achado do ano 2017 - as ondas gravitacionais - é do deseñador e ilustrador Álvaro Valiño.
O cheiro a choiva [Moléculas en Galego] 19.01.2018 2:13
En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de "Moléculas en Galego" Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.
Novos materiais que permiten refrixerar con sólidos 19.01.2018 17:53
Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen u...
Láser para fabricar prototipos de vasos sanguíneos 19.01.2018 6:47
A física da USC María Aymerich desenvolve dispositivos microfluídicos que simulan vasos sanguíneos mediante ablación láser para o estudo de enfermidades coronarias e tumorais Este traballo mereceu o premio de investigación 2017 para menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.
O evasivo refuxo dos osos pardos na idade de xeo [Axencia SINC] 19.01.2018 8:40
Con Eva Rodríguez da Axencia SINC conversamos coa investigadora da Universidade da Coruña Ana García Vázquez sobre a presenza do oso pardo na península ibérica os últimos 10.000 anos. A súa investigación xenética e de fósiles determina que o refuxio climático dos osos nas épocas frías non estaba na península en contra do que se cría. Haberá que ollar para Francia? Aquí tedes a nova de SINC http://...
É o glifosato seguro? con Deborah García Bello 19.01.2018 8:36
A evidencia científica di que o uso do glifosato é seguro. Entón, de onde vén o amplo rexeitamento desde os grupos ecoloxistas a este herbicida que é o mais utilizado no mundo? Nolo conta Deborah Garcia Bello. Mais información aquí https://culturacientifica.com/2017/10/19/prohibir-los-herbicidas-glifosato-anteponer-la-ideologia-la-evidencia-cientifica/
Quen determinou que 38ºC é febre? [Ciencia para andar por casa] 19.01.2018 7:29
Bibiana García Visos na súa sección "Ciencia para andar por casa" cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC, e ata 37,7 febrícula. A cousa remóntase a mediados do século XIX, cando o médico alemán Carl Wunderlich comezou a realizar os seus estudos de...
Efer 421 (14-1-18): Refrixerantes sólidos contra o efecto invernadoiro 18.01.2018 58:26
Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen u...
Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello 10.01.2018 57:25
As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao D...
Efer 419 (31-12-17): Necesitamos ver para facer astronomía? 31.12.2017 56:28
Esta última entrega efervecente do ano vai ser a mais paradoxal da décima tempada de Efervesciencia. Durante medio programa imos contarvos como recuperar o gozo de ollar pro ceo a ollo espido cun caderno e un lapis nas mans e na outra metade habemos convencervos de que podemos prescindir dos nosos ollos pra facer e divulgar astronomía. Os protagonistas destas historias son Leonor Ana https://www.a...
Efer 418 (24-12-17): A ciencia avanza que é unha barbaridade 2017 27.12.2017 56:30
Especial coa mellor ciencia do ano 2017 segundo a escolma de Science comentada polos colaboradores efervescentes Deborah García Bello, Borja Tosar, Rosa Pedrido, Bibiana García Visos e Irene Baspino. Para comentar o achado do ano, xunto José Edelstein incluímos unha entrevista a Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de d...
Eran asasinos os médicos que non querían lavar as man? [Circo de Bacterias] 27.12.2017 14:28
Ao fío da obra "Semmelweis" de Louis-Ferdinand Celin o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira cóntanos os claroscuros do descubrimento da asepsia médica. Cales foron os motivos que levaron a comunidade médica a non aceptar as contundentes probas de Semmelweis da necesidade de lavar as mans antes de atender ás parturientas?
Alicia Sintes comenta o descubrimento do ano 2017 [Versión estendida] 24.12.2017 31:22
NOTA 27-12-17: Engadidos os dous minutos finais que lle faltaban ao audio. Para a revista Science o descubrimento mais importante do ano 2017 é a fusión de dúas estrelas de neutróns feita pola colaboración LIGO-Virgo e que foi seguida por 70 observatorios en todo o espectro electromagnético. Comentamos as implicacións de este achado con con José Edelstein e Alicia Sintes, investigadora da Universi...
Efer 417 (17-12-17): Facebook, a pista que desenmascarou unha fraude científica 18.12.2017 42:24
Unha foto de Oona Lönnstedt colgada en Facebook mentres brindaba con champaña en Copenhagen cando supostamente estaba nunha illa perdida no Báltico foi o principio do fin da carreira científica desta investigadora sueca. Un xesto tan sinxelo como lavar as mans pode salvar vidas. E non foi doado convencer á comunidade médica. Cóntanolo Esteban Fernández Moreira. Tamén coñecemos aos participantes no...
Efer 416 (10-12-17): Cannabis e ciencia. Versión estendida. 10.12.2017 1:11:40
Monográfico dedicado ao I Congreso Internacional de Cánnabis: Saúde, educación e lei que tivo lugar en Catoira en novembro de 2017. Versión estendida para a rede. Interveñen Víctor Villanueva (Universidade de Zaragoza e Universidade Internacional de Valencia), Miguelangel Rodríguez (FAD), Sandra Golpe (grupo PsiCon da Universidade de Santiago), Gregor Burkhat (Observatorio Europeo das Drogas w Tox...
Efer 416 (10-12-17): Cannabis e ciencia 10.12.2017 43:58
Monográfico dedicado ao I Congreso Internacional de Cánnabis: Saúde, educación e lei que tivo lugar en Catoira en novembro de 2017. Versión emitida na Radio Galega o 10-12-17. Interveñen Víctor Villanueva (Universidade de Zaragoza e Universidade Internacional de Valencia), Miguelangel Rodríguez (FAD), Sandra Golpe (grupo PsiCon da Universidade de Santiago), Gregor Burkhat (Observatorio Europeo das...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.