Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3663 epizód

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Radio Municipal de Tui

Kategória

News

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. okt. 26.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Rolda pleno febreiro 14.02.2025

Hoxe, con Nico Montes, voceiro do Partido Popular, continuamos a rolda de conversas tras o pleno ordinario do pasado xoves 6 de febreiro.

Noticias 13.30 h | Xoves, 13 de febreiro de 2025 13.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Tui é un dos concellos onde a empresa REDE Aberta vai realizar o despregue da fibra en 652 unidades inmobiliarias. - Mañá abre o prazo de inscrición no Desfile Concurso de Entroido en Tui - A Banda de Música Popular de Tui, a Asociación Musical de San Pedro da Torre, Old Brigde Band e o Conservatorio Profesioanl de Música de Tui prota...

Noticias 13.30 h | Mércores, 12 de febreiro de 2025 12.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Tui forma parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital. En 2024 un centenar de persoas formáronse en dixitalización aplicada. - Con Carmen Núñez do BNG seguimos a rolda de conversas tras o pleno ordinario da pasada semana - A praza da Inmaculada transformarase esta fin semana coa campaña “Tui, meu amor” - Play-Doc abriu a...

Ent. Carmen Núñez, voceira BNG | Rolda pleno febreiro 12.02.2025

Hoxe continuamos a rolda de conversas tras o pleno ordinario do pasado xoves con Carmen Núñez, voceira do BNG.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc 12.02.2025

Play Doc celebrará a súa vixésima primeira edición do 7 ao 11 de maio en Tui. O Festival vén de abrir a convocatoria, que pechará o vindeiro 7 de abril, dirixida a películas de todas as duracións e temáticas, tanto de ficción como de non ficción, de calquera nacionalidade, que desexen participan nesta cita internacional. Ángel Sánchez, codirector do festival, daba conta desta cita na nosa sintonía...

Noticias 13.30 h | Martes, 11 de febreiro de 2025 11.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h -O alcalde de Tui reuniuse co director de Turismo de Galicia con motivo do 8º centenario da consagració da Catedral -Abrimos con José Palacín a rolda de conversas tras o pleno do pasado xoves en Tui -“Tui, meu amor” transformará esta fin de semana a praza da Inmaculada Play Doc abre a convocatoria para a súa 21ª edición que se celebrará...

Ent. José Palacín de c21 | Rolda pleno febreiro 11.02.2025

Hoxe martes abrimos con José Palacín, voceiro de Converxencia 21, unha nova rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui, tras o pleno ordinario celebrado o pasado xoves.

Noticias 13.30 h | Luns, 10 de febreiro de 2025 10.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O conductor dunha moto tivo que ser evacuado o sábado en helicoptero tras un accidente en Ribadelouro, e por outra parte un coche e unha moto resultaron calcinados tras un incendio nunha garaxe en Randufe - A Eurocidade Tui-VAlença cumpre hoxe 13 anos. O sábado celebrará o seu aniversario cun concerto - A Cámara de Comercio de Tui hom...

Noticias 13.30 h | Venres, 7 de febreiro de 2025 07.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Aprobadas as modificacións das ordenanzas do ICIO e da instalación de postos... nas festas no pleno de onte, mentres que non saiu adiante a desestimación das alegacións á ordenanza do control da zona azul mediante tráfico - Abel Losada, comprometeuse a trasladar a información do impacto labaza no Miño, ao Servizo de Patrimonio Natura...

Noticias 13.30 h | Xoves, 6 de febreiro de 2025 06.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Ás 20 h a corporación municipal celebra pleno ordinario - O subdelegado do goberno, Abel Losada, coñeceu hoxe ‘in situ’ a problemática das especies exóticas e dos áridos no Miño - Monólogo con Federico Pérez mañá no Teatro Municipal de Tui - O Trail do Aloia abre este sábado o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença - ...

Noticias 13.30 h | Mércores, 5 de febreiro de 2025 05.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h: - Ordenanzas fiscais e un expediente de modificación de créditos, entre os asuntos a tratar mañá no pleno da corporación municipal de Tui - Trece eventos conforman o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença presentado esta mañá - Novos cursos comezan a próxima semana na aula da UNED de Tui - O luns comeza a X Semana da Educación...

Noticias 13.30 h | Martes, 4 de febreiro de 2025 04.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario - O paro subiu en 63 persoas no Baixo Miño o pasado mes de xaneiro até as 2.675 persoas inscritas nas Oficinas de Emprego. - Hoxe, 4 de febreiro, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro - Monólogo de Federico Pérez este venres no Teatro Municipal de Tui - ...

Noticias 13.30 h | Luns, 3 de febreiro de 2025 03.02.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fai balance de 2024 e da conta dos retos para este 2025 pechando a rolda de conversas que iniciamos cos grupos políticos da corporación tudense - A tudense Raquel Areal primeira galega en formar parte da orquestra Filarmónica de Berlín - Daniel Rodríguez estreará en Tui o 21 deste mes o seu espectá...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Rolda pleno decembro, balance 2024 e retos 2025 03.02.2025

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal que iniciamos no mes de xaneiro. Con el abordamos a aprobación da modificación da ordenanza do lixo, o balance de 2024 e os retos que se plantexan para 2025.

Noticias 13.30 h | Venres, 31 de xaneiro de 2025 31.01.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Aprobada a modificación puntual do PXOM que permitirá rehabilitar o edificio da antiga alfándega - Gran cita teatral hoxe en Tui co Teatro Nacional São João - Claudia Montes de Altitude, recibe o premio Responsabilidade Social de AJE - O remo galego cítase mañá en Tui - Unha trintena de piragüistas do Kaiak Tudense compiten mañá no Ga...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui|Aprobación da modificación urbanística para rehabilitar a antiga Aduana en Tui 31.01.2025

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, publicada onte no Diario Oficial de Galicia, na que se aproba a modificación puntual número 3 do Plan Xeral de Ordenación, PXOM, de Tui. Destacou que coa aprobación deste trámite completouse o proceso para poder levar a cabo a rehabilitación da antiga alfándega tudense.

Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de xaneiro de 2025 30.01.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres ás 20 h a representación de “Fado Alexandrino” co Teatro Nacional São João - Dúas tudenses, Cristina Rodríguez de O Fuchique e Claudia Montes de Altitude, candidadas ao premio Iniciativa Empresarial de AJE que se entrega esta tarde - Preto de 250 deportistas participarán este sábado en Tui...

Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de xaneiro de 2025 29.01.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Día de loito oficial en Tui polo pasamento de Xosé Martínez Tato. Ás 18 h terá lugar o funeral na igrexa de San Francisco - O BNG presentará este venres no pleno provincial unha moción rexeitando os parques eólicos mariños de Pinzón e Roleira polas afeccións no sur da provincia - O Teatro Municipal acolle este venres ás 20 h “Fado Ale...

Noticias 13.30 h | Martes, 28 de xaneiro de 2025 28.01.2025

Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Onte faleceu Xosé Martínez Tato, concelleiro do BNG de Tui, persoa implicada e comprometida en moi diversos ámbitos. - O Concello de Tui declara mañá un Día de Loito Oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato - Un home de 32 anos, veciño de Mos, foi detido pola Garda Civil de Tui como presunto autor de dous roubos en Tui - A tomiñes...

Ent. José Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21 | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025

"Era unha especie de pedáneo universal, con entrega, honestidade e imparcialidade no servizo público". Así lembra José Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21, ao recentemente falecido Xosé Martínez Tato.

Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025

O voceiro do Partido Popular, Nico Montes, destacou na nosa sintonía o "compromiso que sempre mantivo Xosé Martínez Tato coa nosa cidade. Era unha persoa boa, xusta e que defendía sempre os seus valores con pasión e respecto". Mañá mércores será Día de Loito Oficial no Concello de Tui.

Ent. Carmen Núñez do BNG | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025

“Unha persoa necesaria, comprometida, sempre disposto a traballar polo ben común”. Así definía Carmen Núñez, voceira do BNG, a Xosé Martínez Tato. O concelleiro do BNG falecía onte á tarde. Era membro da corporación municipal dende 2013. Destacou polo seu compromiso, traballo e implicación en moi diversos ámbitos.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, avanzaba na nosa sintonía á a declaración mañá mércores dun Día de Loito Oficial polo pasamento do concelleiro do BNG Xosé Martínez Tato. Destacaba Enrique Cabaleiro a dimensión humana de Tato, o seu compromiso, e a súa implicación no ámbito social da cidade.

Noticias 13.30 h | Luns, 27 de xaneiro de 2025 27.01.2025

Estes son os principais titulares de hoxe: - Balance da presenza de Tui en FITUR - Árbores caídas, contedores movidos e o levantamento dunha chapa no tellado da E.I. Galiña Azul, entre as incidencias rexistradas en Tui pola borrasca Herminia - O Concello de Tui conmemorou hoxe acendendo seis candeas o Día Internacional en memoria das vítimas do holocausto - Hoxe celebrouse no P.N. Monte Aloia a tr...

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural | Incidencias pola borrasca Herminia 27.01.2025

Numerosas incidencias as deixadas esta fin de semana en Tui pol borrasca Herminia. Numerosas árbores caídas, contedores desprazados, anegamentos, e o levantamento dunha chapa do tellado da escola infantil Galiña Azul, foron parte desas incidencias. Así nolo contou o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez.

Hallgasd a(z) Informativos podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.