Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3683 epizód

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Radio Municipal de Tui

Kategória

News

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. nov. 17.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android 10 M+ letöltés · 4,7+ értékelés iOS hamarosan

Epizódok

Salceda celebra o domingo a Festa dos Callos 30.08.2016

Todo preparado en Salceda para celebrar este domingo a Festa dos Callos na que se prepararán 20 mil racións deste prato que se porán á venda ao prezo de 8€. Este evento gastronómico foi presentado esta mañá na Praza do Concello salcedense, o lugar onde se realizará este domingo.

Este venres Tui volve á Idade Media co Festival Arraianos 29.08.2016

Esta fin de semana a cidade de Tui volverá a Idade Medieval co Festival da Historia Arraiana que terá lugar entre o venres e o domingo. Esta mañá presentouse oficialmente este evento que espera converterse nunha das grandes citas do verán tudense. Un festival que combinará espectáculos, recreacións históricas e actividades de deporte.

Noticias 13.30h - Luns, 29 de agosto de 2016 29.08.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui

Noticias 13.30h - Venres, 26 de agosto de 2016 26.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste venres, 26de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui. - Mañá arrancan as Festas da Vixe da Rocha en Caldelas. - "Os Pingüíns de Madagascar pechan as xornadas de cinema de verán en Tui. - Charla - coloquio na Aula Uned de Tui sobre a memoria histórica - A Consellería de Educación renovará a cuberta do ximnasio do CPI Suárez Marquier do...

A Garda Civil incauta unha plantación de marihuana en Tomiño. 25.08.2016

No día de onte a Garda Civil incautou 13 plantas de marihuana no municipio de Tomiño, 4 de tamaño medio e 9 grandes, segundo indican fontes policiais. En concreto, as de tamaño medio estaban cultivadas en maceteiros namentres que as mais grandes atopábanse nun terreo graduado cun sistema de rega mediante goteo.

Noticias 13.30h - Xoves, 25 de agosto de 2016 25.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste xoves, 25 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30h - Mércores, 24 de agosto de 2016 24.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste mércores 24 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30h - Martes, 23 de agosto de 2016 23.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste martes 23 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.

#OPeche |Verán de récords no meteorolóxico 22.08.2016

En Tui a temperatura foi 3,3 graos superior a media dos últimos 35 anos. A temperatura máxima media quedou en 28,1 ºC. Xunto con Gondomar e Baiona atópase entre os concellos con anomalías máis altas da temperatura media. Tomiño, O Rosal e A Guarda están tamén entre os dez concellos con maiores subidas.

Noticias 13.30h - Luns, 22 de agosto de 2016 22.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste luns 22 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30h - Venres, 19 de agosto de 2016 19.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste venres 19 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.

Falamos con Óscar Carrera unhas horas antes da súa proba en Río 19.08.2016

Chegou o día. Hoxe, o tudense Óscar Carrera debutará nuns xogos olímpicos. A súa cita nos xogos de Río será como dicimos o venres ás 14:51 (14:59 Rolda 2) no k4-1000 metros. Farao xunto ao tamén galego Rodrigo Germade, a Javier Hernánz e a Iñigo Peña. Todo con 21ºC de temperatura estimada e unha humidade do 91%.

Noticias 13.30h - Xoves 18 de agosto de 2016 18.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste xoves 18 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.

Ent. Diego Pons - V Trofeo Eurocidade de Balonmán 18.08.2016

O próximo sábado 20 de agosto, a partir das 18.30 horas españolas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o V Trofeo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán. Participarán dous equipos de máxima categoría nacional feminina, o Mecalia Atlético Guardés e a Aula Cultural de Valladolid, así...

Noticias 13.30h - Mércores 17 de agosto de 2016 17.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste mércores 17 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.

Mañá mércores 17 de agosto estará prohibido aparcar na rúa Compostela 16.08.2016

Debido aos traballos de pintado de sinalización horizontal, mañá mércores dende as 8:00 da mañá non se poderá estacionar na rúa Compostela nin tampouco na rúa Casal Aboy dende o cruzamento coa rúa Compostela até a rúa Irmáns Maristas.

O helicóptero "Pesca 1" rescata a unha persoa que caeu mentres practicaba escalada en Gondomar 16.08.2016

O helicóptero Pesca 1 rescatou esta tarde unha persoa que caeu nunha zona de difícil acceso en Gondomar mentres se dispoñía a practicar escalada. A persoa ferida precipitouse sobre unhas pedras nas coñecidas como Verticais do Monte Galiñeiro.

Noticias 13.30h - Martes 16 de agosto de 2016 16.08.2016

A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste martes 16 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.

Preto de 11.500 persoas pasaron pola Oficina de Turismo de Tui en xullo 16.08.2016

A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou o pasado mes de xullo un total de 11.486 consultas por parte de turistas e peregrinos que se achegaron ata este punto situado na Praza de San Fernando. Das 11.486 persoas que pasaron por este punto de información 7.592 eran españois e 3.894 estranxeiros. Deste total 2.547 eran peregrinos que se achegaron ata a Oficina de Turismo a selar a súa credenc...

Noticias 13.30h - Venres, 12 de agosto de 2016 12.08.2016

A actualidade do día e todas as citas, moitas delas festivas, desta fin de semana en #Noticias1330h

Ent. Horacio Gil - alcalde de Arbo - Queimadas máis de 1.500 hectáreas 12.08.2016

Dende o luns arderon soamente na provincia de Pontevedra máis de 3.200 hectáreas, nos lumes que arrasan o patrimonio medioambiental galego. Estamos a vivir a peor vaga de incendios dos últimos anos e a peor situación arestora atópase en Arbo. Alí levan ardido mais de 1.500 hectáreas. Para que se fagan unha idea, o 35% do total da superficie de todo o concello de Arbo é agora mesmo, cinza. Esta que...

A Guarda vive os días grandes das Festas do Monte 12.08.2016

As Festas do Monte na Guarda, declaradas de interese turístico galego, chegan aos seus días grandes. Miles de persoas participarán mañá no Desfile dende a Alameda ata o Porto cos grupos folclóricos e sobre todo coas bandas mariñeiras. O domingo celébrase a subida ao Monte, dende primeira hora as bandas concentrase no porto e en distintos lugares do casco urbano para ir subindo ata o cumio do monte...

O tudense Frank Casañas compite mañá nos Xogos Olímpicos en lanzamento de disco 11.08.2016

Mañá ás 15,55 hora española o tudense Frank Casañas debuturá nos Xogos Olímpicos de Río en lanzamento de disco. Será coa proba clasificatoria formando parte do grupo B onde se enfrontará a atletas de Islandia, Hungría, Ucraína, Suiza, Irán, Polonia e Bélxica. Será o sétimo en competir co dorsal 2351. Hoxe en declaración á Radio Municipal de Tui explicaba que está desexando que chegue o momento par...

Noticias 13.30h - Xoves, 11 de agosto de 2016 11.08.2016

A actualidade informativa de Tui e do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui

Ent. José Ramón Magán - Cambio sentido rúa Bispo Salvado 11.08.2016

O vindeiro venres abriarse xa ao tráfico a rúa Bispo Salvado. Unha vez rematados os traballos de arranxo do firme reabrirase á circulación cun cambio de sentido pasando a ser de sentido único pasada a ponte sobre o río Tripes e até o cruce coa rúa Martínez Padín.

Hallgasd a(z) Informativos podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.